Moitas veces, o profesorado pensamos que somos os que temos que resolver todos os conflitos que se dan nas nosas aulas. É moi importante tomar en serio os conflitos que vivimos día a día e non solucionalos de calquera forma co fin de poder continuar a impartir a nosa materia. Esta experiencia presenta unha metodoloxía mediante a cal os alumnos e alumnas aprenden a reflexionar sobre un problema concreto, a entender outros puntos de vista e a mediar ata encontrar unha solución xusta e pactada. Ponse en práctica cando hai algún conflito e pode facerse entre alumnos, entre alumnado e profesorado, entre alumnos e pais ou entre o profesorado.
Quiero saber más
O consumo responsábel é un dos instrumentos máis útiles que ten o cidadán medio do Norte para poder contribuír para unha situación máis xusta no mundo. Traballar o consumo responsábel na aula permite achegar de maneira dialogada a alumnado e profesorado, contribuéndo para fomentar o espírito crítico e solidario. Este documento é froito da suma de diferentes experiencias docentes do grupo de profesores e profesoras da Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global de Valencia e Murcia. Nel, reúnense diversas propostas encamiñadas a educar e concienciar o profesorado e os alumnos e alumnas sobre a importancia dun consumo racional e consciente que nos leve a reformular o modelo...
Quiero saber más
Esta práctica consiste nun traballo sobre coeducación no Centro de Primaria de Gines (Sevilla) realizado a partir da lectura e comentario de numerosos contos. Os libros, de contido coeducativo ou de educación para a convivencia e interculturalidade, foron distribuídos en tres gabetas (un por Ciclo) e foron programadas actividades para traballar con eles. Igualmente impregnan o conxunto de actividades que, en torno da Animación á lectura, se organizan no centro, ao longo de todo o curso e durante a Feira do Libro. Trátase dun proxecto conxunto do AMPA e do profesorado. Aproveitando o enorme potencial educativo dos contos, este proxecto quere poñer en cuestión os roles de xénero estereotipados en...
Quiero saber más
Este monográfico reflexiona sobre o concepto de traballo. Dá a coñecer algúns dos dereitos laborais recoñecidos internacionalmente. E analizar o cumprimento dos dereitos laborais no noso país, a partir do máis prÓximo. Para iso, propÓn ao alumnado realizar enquisas aos membros da sÚa familia. Igualmente, este material pon sobre a mesa que todas as persoas temos unhas necesidades bÁsicas que necesitamos satisfacer para vivir unha vida digna. E fai sentir as vivencias, a travÉs dun xogo, as relaciÓns de poder que existen nas relaciÓns laborais propiciadas polo actual sistema de comercio internacional. As actividades van encamiñadas a sensibilizarse cos traballadores e traballadoras do Sur que padecen situacións de inxustiza. E identificar as...
Quiero saber más
A partir dun desafío proposto ao alumnado de 7.º en que eran convidados a preguntarse cales crían que eran os problemas que afectan a sociedade actual, os alumnos e alumnas identificaron a problemática da discriminación como a que desexaban traballar ao longo do año lectivo, na área de Proxecto. De acordo cos seus intereses e sensibilidade, desenvolveron proxectos que tiñan como obxectivo combater o racismo, a xenofobia, a discriminación da persoa de etnia xitana, a violencia domèstica e a discriminación da persoa con minusvalía que, no seu conxunto, contribuíron para que o alumnado se apropiase do significado da expresión "Xuntos na diversidade”, lema escollido para o proxecto. Esta práctica educativa foi...
Quiero saber más
Esta é unha experiencia con alumnado de 4.º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) que ten como obxectivo que os alumnos e alumnas identifiquen situacións reais vinculadas coa inmigración e sexan capaces de analizalas de forma crítica. Despois da participación en Conectando mundos_Soños de andoriña, unha proposta didáctica telemática en que o alumnado traballou as causas e as consecuencias da inmigración, conxuntamente con outros grupos da súa mesma idade de distintos países do mundo, na aula de Informática decidiron realizar un vídeo para recoller as situacións identificadas. Todo o proceso foi deseñado os alumnos e alumnas, sendo distribuídas as tarefas de gravación, guión,… Finalmente, foron buscados distintos espazos para mostrar o resultado...
Quiero saber más
Esta experiencia desenvólvese no ámbito do DENIP (Día Escolar da Non-violencia e da Paz). Trátase dun proxecto de centro para traballar, no cadro desta celebración, a temática da convivencia, co obxectivo de fomentar a educación en e para a concordia, participar na vida activa da escola,é dar cohesión ao grupo, desenvolver competencias persoais, como a reflexión e a capacidade de análise de conflitos, e avaliar a diferenza como elemento enriquecedor. Nun primeiro momento, en reunión de aula, foron seleccionados os temas. Posteriormente, foi elaborado un mapa mural cos conflitos do mundo e foron identificados de forma individual cun cidadán ou cidadá dalgún destes países. Este exercicio foi complementado con varias actividades,...
Quiero saber más
Esta experiencia nace como parte do traballo da VII edición de Conectando mundos, concretamente na fase final, en que o alumnado quere dar a coñecer o traballo que fixeron e as conclusións a que chegaron coa colaboración do profesor de Plástica, decidiuse realizar un concurso de carteis publicitarios que sintetizaran o traballo realizado polos alumnos e alumnas na plataforma sobre migracións. O cartel vencedor pretendía tornar explícitas as diferentes actitudes mostradas para coas persoas inmigrantes (medo, burla, ira,…). O obxectivo era mellorar a súa acollida por parte dos habitantes da vila, así como provocar a reflexión acerca de que unha boa convivencia necesita dun esforzo mutuo por parte, tanto dos inmigrantes,...
Quiero saber más
No ámbito da proposta Conectando mundos, esta experiencia presántanos un proxecto de centro desenvolvido en todos os niveis educativos que se imparten no mesmo. Neste proxecto implicáronse tanto o profesorado e o alumnado como os pais e as nais, algunhas persoas externas e a persoa responsábel de Guadalinfo (rede social andaluza de dinamizacón social e de impulso á innovación municipal). Trátase dunha experiencia cuxo obxectivo é, por un lado, traballar nos distintos niveis o diálogo intercultural, o traballo cooperativo e o traballo coas TIC, e, por outro, profundar nos temas relacionados coas migracións, abordando as súas causas e consecuencias, analizando a relación entre os procesos migracións e os seus contextos e...
Quiero saber más
A partir da visualización dunha historia, o obxectivo deste material é que o alumnado tome un primeiro contacto coa problemática da pobreza e mergulle nela a través dalgunhas das súas principais temáticas. Por iso, introdécese o concepto de necesidades básicas, as causas da pobreza e todas as súas dimensións, a capacidade de empatía para afrontar formas de superar os obstáculos, a corresponsabilidade, o pensamento crítico e as accións para a mudanza, etc. Tamén se pretenden identificar diferentes tipos de pobreza e reflexionar acerca das súas consecuencias na vida das persoas. O vídeo permite relacionar a pobreza coa falta de acceso aos servizos de saúde e reflexionar acerca do papel da...
Quiero saber más
