QUEN SOMOS

Kaidara é un portal de recursos Kaidara é un portal de recursos Educación para a Cidadanía Global. Inclúe experiencias na aula de diferentes educadoras e educadores, coleccións publicadas, como Global Express ou Kaleidoscopio, unidades didácticas e libros e artigos de análise e apoio para educar para a Cidadanía Global. Todos os materiais son gratuítos e están traducidos a 4 idiomas polo menos.

Con máis de 20 anos de traxectoria, a Rede de educadoras e educadores para unha Ciudadania Global traballa para crear e compartir estes recursos educativos. É unha rede de educadoras e educadores comprometidas coa xustiza social e convencidas do poder transformador dos centros educativos, organizada en comisións e grupos territoriais de traballo en todo o Estado e impulsa proxectos de acción e formación do profesorado, co obxectivo de difundir e promover a Educación para a Cidadanía Global.

Somos un equipo de persoas que apoiamos e traballamos coa Rede de Profesorado, impulsamos propostas innovadoras para a aula, e organizamos recursos educativos para impulsar o marco teórico da Educación para a Cidadanía Global.