Conectando mundos, transformamos a nosa escola

Buscador de recursos

Conectando mundos, transformamos a nosa escola

Autoría: Carmen Mª Rodríguez Muñoz
Data: 2010
Temática: ,
Tipoloxía de recurso: Experiencia educativa
Público destinatario: 10 a 12 anos, Educadores e educadores
Idioma: Castelán, Portugués
Descrición:

No ámbito da proposta Conectando mundos, esta experiencia presántanos un proxecto de centro desenvolvido en todos os niveis educativos que se imparten no mesmo. Neste proxecto implicáronse tanto o profesorado e o alumnado como os pais e as nais, algunhas persoas externas e a persoa responsábel de Guadalinfo (rede social andaluza de dinamizacón social e de impulso á innovación municipal).

Trátase dunha experiencia cuxo obxectivo é, por un lado, traballar nos distintos niveis o diálogo intercultural, o traballo cooperativo e o traballo coas TIC, e, por outro, profundar nos temas relacionados coas migracións, abordando as súas causas e consecuencias, analizando a relación entre os procesos migracións e os seus contextos e fomentar accións e condutas individuais e colectivas transformadoras.

Observacións:
Esta experiencia foi presentada no IV Seminario de Educación para unha Cidadanía Global realizado en El Escorial (Madrid), de 30 de outubro a 1 de novembro de 2010, cuxa memoria está dispoñíbel en Kaidara.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre nuestras actividades y propuestas educativas, déjanos tus datos: