10 a 12 anos

Unha proposta didáctica para Educación Secundaria e Ciclo Superior de Educación Primaria
Quiero saber más
Esta unidade didáctica está centrada no desenvolvemento sustentábel e no consumo responsábel pola relevancia social e ambiental das consecuencias do modelo de consumo estabelecido ao nivel global, en concreto no relativo a produtos alimentarios. É necesario estabelecer mecanismos de reflexión sobre este modelo co alumnado: Que comemos? De onde proveñen os alimentos? Cal é o custo enerxético e a pegada ecolóxica que se xeran ao consumir os produtos? Como se xestiona o excedente de produción que resulta en desperdicio alimentario? De que maneira podemos actuar para minimizar os riscos ambientais e sociais?. A través do desenvolvemento do pensamento crítico, preténdese que o alumnado analice as causas e consecuencias dun consumo...
Quiero saber más
Este material didáctico pretende tornar visíbel o mundo dos coidados, reflexionar sobre as causas do noso descoido e do descoido da nosa Terra para aprender a nos coidarmos, coidarmos o noso ambiente próximo e as nosas relacións, e coidarmos do noso planeta. Proponse comezar cun diagnóstico como punto de partida, para despois deseñar un plan de acción, a partir do libro O Principiño de Antoine de Saint-Exupéry, adaptado á realidade do centro ou da aula, que favoreza a sensibilización, a reflexión, o coñecemento, o diálogo e o compromiso, e, ao mesmo tempo, propoña estratexias concretas para actuar no ambiente en que estea a ser desenvolvido. É un material flexíbel e...
Quiero saber más
Co presente material didáctico, queremos fornecer un recurso práctico para a aula que ofreza ao profesorado de Primaria unha proposta para fomentar a reflexión en torno do dereito fundamental de acceso á AUGA. Para iso, son propostas diferentes actividades segundo o grupo de idade – 6 a 9 anos e 9 a 12 anos – para se axustar mellor ao contexto de cada aula. Pártese da proposta de 6 a 9 anos e van sendo dadas recomendacións adicionais para realizala con alumnado de 9 a 12 anos. A proposta didáctica é dividida en 3 sesións, con varias actividades cada unha. Desta forma, segundo se avanza, o alumnado pode coñecer as...
Quiero saber más
A mudanza climática é unha ameaza global que xa está a afectar millóns de persoas en todo o mundo. Este recurso educativo céntrase nas consecuencias que a mudanza climático ten para as persoas: na forma en que as comunidades están a verse afectadas e en como resisten, responden e se adaptan a eses desafíos. A secuencia de recursos e actividades procura profundar na temática, en primeiro lugar, para terminar pasando á acción real. Estas son las sesións do recurso: SESIÓN 1: O desafío climático SESIÓN 2: Quen é o responsábel? SESIÓN 3: Impactos da mudanza climática SESIÓN 4: Historias sobre a mudanza climática SESIÓN 5: Adaptarse á mudanza climática SESIÓN...
Quiero saber más
test recursos en gallego
Quiero saber más
Esta experiencia recoge las distintas iniciativas de educación para la paz que, cada año, desde el curso 2012-2013 han llevado a cabo el grupo de la Red de educadores y educadoras para una ciudadanía global de Oxfam Intermon en Tarragona. En ellas se plantean varias actividades dirigidas a los centros educativos y pensadas para que participen las distintas franjas de edad Durante el primer trimestre, los centros participantes trabajan en el aula temáticas de no-violencia, paz y resolución pacífica de conflictos, y culminan el proyecto con la preparación de un acto conjunto de celebración del Día Escolar de la No Violencia y la Paz (DENIP) y de otras actividades participativas...
Quiero saber más
Moverse polo mundo é un dereito de todas as persoas e un fenómeno humano que existe desde o inicio dos tempos. Cada día e desde sempre, millares de persoas deciden emprender unha viaxe buscando coñecer mundo, un bo traballo, novas oportunidades... E outras moitas fano fuxindo de conflitos ou causas que poñen en serio perigo a súa vida e a dos seus seres queridos. Coa proposta Dereitos sen fronteiras, pretendemos ofrecer ferramentas para abordar as causas da migración forzosa e os factores que afectan as persoas en tránsito, e esixir un maior compromiso cos dereitos humanos e coa seguridade das persoas, co desenvolvemento sustentábel e coa prevención de conflitos violentos, para...
Quiero saber más
Esta xincana pretende achegar o alumnado ao funcionamento do comercio e da economía mundial, así como a alternativa do comercio xusto e do consumo responsíbel. Os nenos e nenas fan parte dunha axencia de detectives, que se dedica a facer investigacións de diferentes tipos. Mais un día chégalles unha carta na que unha ONG lles pide unha investigación un pouco peculiar: investigar sobre unha serie de artigos cotiás. En equipos de catro terán que facer un percorrido por diferentes probas e coñecer diversos testemuños que lles permitirán obter o éxito nas súas investigacións. A duración prevista é dunha hora e media máis media hora de posta en común.
Quiero saber más
Este material ten como obxectivo abordar o actual sistema de comercio internacional, para mostrar as inxustizas que este xera. Para nos achegarmos ao tema, proponse nunha primeira sección reflexionar sobre o nivel de consumo propio, relacionándoo coa cobertura de necesidades e desexos, e tomando conciencia do papel que niso xoga a publicidade. A partir de aquí, identifícase o sentido actual do comercio como un medio de acumulación de riqueza, en vez de ser un mecanismo para cubrir necesidades. Despois, e a través dunhas viñetas, repasarase a historia do comercio desde as súas orixes. As seguintes actividades propoñen casos concretos e reais, centrados en torno do azucre e dos medicamentos, a...
Quiero saber más