Trátase dunha gimcana sobre o problema da pobreza no mundo. A actividade está calculada entre 1 h 30 min e 2 h e recoméndase que o grupo non sexa superior aos 30 mozos e mozas. A través dos personaxes de Leo e o seus amigos, esta actividade pretende descubrir, de maneira lúdica e vivencial, as principais carencias que describen unha situación de pobreza absoluta. Igualmente, ten como obxectivo tomar conciencia da existencia desta realidade no mundo e mostrar unha actitude crítica a ese respecto. Por último, quere facer reflexionar tamén sobre o noso propio modelo económico e produtivo e sobre os estilos de vida propios, para conseguir fomentar actitudes de...
Quiero saber más
A partir da actividade “O tren do café”, este monográfico ofrece unha visión do percorrido que o café segue desde a súa colleita até que chega á nosa casa e permite tomar conciencia da porcentaxe con que fica cada un dos axentes que interveñen na súa comercialización, onde as persoas produtoras son as que saen peor paradas. A través do testemuño de Tatu, unha pequena produtora de Tanzania, ábrese a reflexión sobre a situación en que viven os pequenos produtores e produtoras de todo o mundo e de cáles son as necesidades básicas para vivir con dignidade. Igualmente, o material permite descubrir o comercio xusto como unha alternativa que asegura...
Quiero saber más
Trátase dun obradoiro de consumo responsíbel. O seu obxectivo principal é que os mozos e mozas tomen conciencia do seu papel como consumidores e desenvolvan posicións e propostas de consumo alternativo. A educación para o consumo responsíbel pretende contribuír para transformar as persoas en cidadáns e cidadés globais, máis conscientes, participativos, críticos, responsíbeis e solidarios, suxeitos políticos dunha sociedade con maior xustiza social e cun equilibrio ambiental. O obradoiro é estruturado en catro etapas. A primeira consiste nunha actividade de motivación e exploración, cuxo obxectivo é que os alumnos e as alumnas expresen o seus sentimentos e coñecementos sobre o tema, e coñezan os obxectivos e finalidades da actividade. A...
Quiero saber más
O obxectivo desta actividade é decidir entre todos e todas accións cotiás de aforro e bo uso da auga, e realizar un mural manifesto coas conclusións. Está pensada para ser levada a cabo nunha sesión. A actividade pretende favorecer condutas de consumo sustentíbel e fomentar valores de corresponsabilidade, a través dunha metodoloxía participativa. Recoméndase establecer momentos nos días seguintes á realización desta actividade para avaliar os compromisos adquiridos e o seu grao de cumprimento.
Quiero saber más
Este material traballa a distribución e a dispoñibilidade de auga no mundo. Para iso, proponse a realización dun experimento na aula que servirá para tomar conciencia da distribución da auga á escala mundial. A continuación, traballarase o consumo da auga, por continentes e por sectores e proporase o cálculo persoal sobre o consumo de auga para favorecer condutas de consumo sustentíbel e fomentar valores de corresponsabilidade.
Quiero saber más
Esta actividade traballa o tema da auga a partir da vida e a acción da Premio Nobel da Paz Wangari Maathai. En primeiro lugar, propón ao alumnado xogar a ser investigadores, a través do uso das novas tecnoloxías, para chegar a descubrir quén foi esta Premio Nobel da Paz e por qué lle foi concedido este galardón. Finalmente, proponse, en pequenos grupos, a realización dun póster informativo e a redacción individual dunha carta explicando todo o aprendido sobre Wangari Maathai e a súa loita por defender o medio ambiente, a democracia, os dereitos humanos, e os dereitos das mulleres en particular.
Quiero saber más
Este caderno presenta a Sofía, unha nena de Mozambique, que nos achega á situación que vive o seu país e ás consecuencias que ten para a poboación civil o uso das armas, máis especificamente das minas antipersoa. A biografía e as fotografías de Sofía achegarannos aos seus sonos e á súa realidade e permitirán ao alumnado coñecer a situación do seu país. Este material pretende valorizar a paz e a xustiza social como dereitos fundamentais de todos os seres humanos. A partir dun xogo de rol, e de outros exemplos simulados, os nenos e nenas achegaranse ás distintas formas e actitudes na hora de afrontar un conflito. E xogarán a...
Quiero saber más
A partir da análise dun cómic de El Jueves, esta actividade trata de entender cómo funciona o comercio e o que implica a globalización. Tras a análise e a clasificación dos personaxes, proponse a elaboración conxunta dun mapa conceptual que axude a clarificar e relacionar conceptos. Recoméndase dedicar como mínimo unha hora á súa realización.
Quiero saber más
Esta unidade didáctica parte dunha lectura en común dun texto do novelista ruso León Tolstoi. O texto pretende facer reaccionar ao alumnado sobre a construción das defensas innecesarias que a miúdo conducen a unha situación de conflito tamén innecesaria e absurda. A partir da lectura, incítase á reflexión en torno da actuación dos diferentes personaxes e a procura conxunta dunha solución para a paz. O material pretende facer tomar conciencia ao alumnado de que a paz se basea na confianza entre as persoas.
Quiero saber más
Esta unidade pretende traballar a xestión de conflitos e a súa análise a través de situacións próximas do alumnado. A primeira actividade formula un dilema moral a través dun caso imaxinario de conflito na aula. A partir do diálogo e debate xerado por este caso, son analizadas diferentes estratexias de xestión e transformación do conflito. Finalmente, proponse a realización dun mural coas conclusións extraídas. Esta unidade ten como obxectivo básico o fomento da empatía, o diálogo e a escoita activa, ademais de aprender a diferenciar a violencia do conflito.
Quiero saber más
