O monográfico comeza coa reflexión individual e colectiva que temos cada persoa sobre a diferenza de sexos. A continuación, propón reflexionar sobre a distribución desigual de homes e mulleres nas tarefas domésticas e na diferenza de salarios por un mesmo traballo. As seguintes actividades introducen o alumnado nun contexto como o africano onde as mulleres sofren a marxinación, a pesar de levaren o peso da economía en moitos casos. O monográfico suxire o traballo en grupos para propor solucións que poderían ser levados a cabo tanto desde os gobernos, como desde as empresas, as familias e a propia escola, para fomentar a igualdade de oportunidades. E propón a realización dunha noticia...
Quiero saber más
Este monográfico pretende que o alumnado coñeza en que medida son vulnerados os Dereitos Humanos máis elementais a nivel mundial, a falta de aplicación , como son o dereito á alimentación, á saúde e á educación. As actividades propostas pretenden ofrecer pistas sobre as causas que impiden a millóns de persoas teren unha vida digna, debido á imposibilidade de acceder a estesdereitos á vez que ofrece elementos para reflexionar sobre a necesidade de mudar as actuais estruturas económicas que xeran pobreza e exclusión social e ofrece ferramentas para a participación individual e colectiva. Esta proposta formúlase para traballar en catro sesións de aula.
Quiero saber más
