10 a 12 anos

Este material aborda o actual sistema de comercio internacional, a partir do propio contexto dos alumnos e alumnas. Nesta liña, traballarase o concepto de comercio e mercado a partir da experiencia cotiá, utilizando técnicas vivenciais adaptadas á idade. A través da lectura dun cómic, as actividades propostas van dirixidas a analizar o tema do comercio, centrado, sobre todo, en produtos téxtiles. Igualmente, introdécese o tema dos dereitos laborais, a partir do exemplo das maquilas no Salvador. Para traballar todos estes temas, ofrécese unha gran variedade de actividades, como o traballo con mapas, un xogo simbólico en torno dun mercado, análises de imaxes e testemuños, sopas de letras, etc. Todas elas...
Quiero saber más
Este material ofrece un percorrido ao longo de catro historias de nenos e nenas de España, Estados Unidos, Burkina Faso e México, en que o alumnado deberá relacionar e investigar diferentes temas asociados a cada país. A partir dos índices de escolarización, acceso á saúde, acceso á auga, PIB, esperanza de vida, etc. este material pretende abordar as diferenzas entre os diferentes países. A partir de aquí, o eixe central do caderno é un xogo de taboleiro, que se realiza en grupos e cos catro personaxes como protagonistas. O obxectivo principal é reflexionar sobre as causas da pobreza e cómo afecta esta situación ás persoas. Igualmente, preténdese vincular o concepto...
Quiero saber más
A partir da anàlise de dous colectivos enfrontados, próximos do alumnado, o material analiza os elementos que determinan a cultura da violencia e ofrece alternativas. Igualmente, dá a coñecer diferentes tipos de armas, como as minas antipersoa. A través dun concurso, pretende que o alumnado se informe sobre o comercio de armas e tome conciencia das súas consecuencias. Finalmente, presenta experiencias 'de construción de paz' e recoñece a non-violencia como alternativa real é guerra.
Quiero saber más
Esta proposta ten como obxectivo traballar en torno da equidade de xéneros a través da construción da propia identidade de forma saudábel, quebrando estereotipos e aceptando a diversidade. A través de distintas actividades e metodoloxías, preténdese identificar e recoñecer as desigualdades que, por causas de xénero, ocorren no ambiente próximo, así como noutros contextos máis globais, e promover actitudes e accións que poñan en valor a diferenza e a riqueza de compartir e construír unha vida desde a igualdade. Para esta etapa, o fío condutor da proposta é a historia de Malala e de seu pai, Ziauddin. As actividades propostas buscan unha aproximación vivencial para favorecer o autocoñecemento e identificar as desigualdades...
Quiero saber más
Conectando mundos é unha proposta educativa telemática que combina a actividade na aula e o traballo en rede entre alumnado de 6 a 17 anos (ESO e Bacharelato) de diferentes realidades xeográficas, culturais e sociais, e en que participan centros de todo o mundo. Está traducida para oito linguas. Esta iniciativa, que neste ano celebra a súa 13.ª edición, é levada a cabo por unha comisión da Rede de educadores e educadoras de Oxfam Intermón que cada curso escolar traballa cinco propostas didácticas para distintos niveis a partir dun tema escollido relacionado coa cidadanía global.
Quiero saber más
Preténdese desenvolver no alumnado estratexias para pór en marcha proxectos cooperativos e de emprendemento, facultándoo para a súa posterior integración social de xeito máis eficaz e satisfactorio, aproveitando as competencias básicas que integran o currículo cunha abordaxe globalizadora e integrada nas distintas áreas. Son promovidas condutas e actitudes de colaboración, coordinación, superación de conflitos e asunción de problemas e responsabilidades a través da adquisición de hábitos de comportamento autónomo, o desenvolvemento da capacidade de negociación, de asumir compromisos, de se involucrar en espazos de participación e do descubrimento do sistema cooperativo como ferramenta para a mellora da economía de mulleres, homes e familias de moitos países.
Quiero saber más
Esta experiencia parte do conto “O príncipe feliz” para reflexionar sobre os estereotipos e a necesidade de abrir as olladas e a nosa empatía perante as situacións de inxustiza social. A partir do traballo previo á asistencia á obra de teatro, e da lectura dunha adaptación do conto “O príncipe feliz”, reflexionouse co alumnado sobre a mensaxe da historia e o paralelismo coa realidade na aula e na sociedade. Deste debate xurdiron distintos tipos de muros que separan a persoas e a sociedade (muros persoais, muros sociais, muros estruturais). Estas conclusións serviron para profundar posteriormente no tema dos fluxos migratorios: as causas económicas e as situacións “de inxustiza” que viven...
Quiero saber más
O feito de dar valor á AVALIACIÓN, entendida como o acto de escoitar o alumnado, e á aplicación dos seus resultados á práctica educativa, mobilizounos para, entre todos, iniciar unha busca en constante evolución da COMPETENCIA PERSOAL. “Non somos facedores senón buscadores de boas prácticas” “Os nosos verbos conxúganse en xerundio ao ser un proceso posto en marcha” Pretendemos reaxustar a abordaxe “Profesor ensina, Alumno aprende” tratando que o alumnado sexa autor e protagonista da súa aprendizaxe, sendo o papel do profesorado o de facilitador e provocador de conflitos. Diríxese á totalidade do noso alumnado e o significativo é a total implicación de 100% do profesorado e unha cada vez...
Quiero saber más
Con esta publicación, o autor achéganos ao traballo cotiá da Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global (ECG) en Málaga. Nela, desenvólvese o proxecto de autoformación e sistematización de experiencias educativas durante o período 2010 – 2012. Este consta de tres partes: 1) Fundamentos da educación para a cidadanía global e o docente como axente de mudanza; 2) Presentación da rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global, o modelo organizativo e a súa concreción no ámbito territorial; 3) Presentación das docentes que forman o grupo de Málaga, a súa organización, forma de traballo e impacto no ámbito educativo. Isto é, tórnase visíbel o quefacer diario das...
Quiero saber más
A escola é o primeiro punto de contacto coa nova realidade para moitas crianzas inmigrantes. A chegada dos novos alumnos e alumnas ao centro escolar implica unha serie de desafíos: para as crianzas, xa que teñen que integrarse no menor tempo posíbel, e para o centro escolar, que deberá ser capaz de ofrecer unha resposta ás novas esixencias. A escola é o lugar en que se deben quebrar os estereotipos, para pasar a ver a diversidade como unha fonte de enriquecemento. Esta experiencia presenta o Programa de Interculturalidade do Colexio Gamo Diana, cuxos obxectivos son: integrar o alumnado inmigrante e favorecer a súa adaptación, atinxir a implicación do grupo no...
Quiero saber más