Leo e o misterio do labirinto

Buscador de recursos

Leo e o misterio do labirinto

Autoría: Susagna Escardíbul,Ariadna Cañameras, Yolanda Giménez, Momtse Ginés
Data: 2006
Temática: , ,
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 10 a 12 anos, 8 a 10 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego
Descrición:

Trátase dunha gimcana sobre o problema da pobreza no mundo. A actividade está calculada entre 1 h 30 min e 2 h e recoméndase que o grupo non sexa superior aos 30 mozos e mozas. A través dos personaxes de Leo e o seus amigos, esta actividade pretende descubrir, de maneira lúdica e vivencial, as principais carencias que describen unha situación de pobreza absoluta. Igualmente, ten como obxectivo tomar conciencia da existencia desta realidade no mundo e mostrar unha actitude crítica a ese respecto. Por último, quere facer reflexionar tamén sobre o noso propio modelo económico e produtivo e sobre os estilos de vida propios, para conseguir fomentar actitudes de compromiso no ambiente próximo.

Para a realización desta dinámica, é necesario formar 5 equipos dunhas cinco ou seis persoas. A partir dunha mensaxe electrónica do pai de Leo, e dun mapa do labirinto, cada equipo deberá superar 5 probas relacionadas cos ámbitos de saúde, alimentación, traballo, hixiene e educación. O obxectivo final é descubrir o continente que lles tocou investigar e tomar conciencia das principais carencias que comparten os países que viven en situación de extrema pobreza.

Observacións:

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre nuestras actividades y propuestas educativas, déjanos tus datos: