Catalán

Baixo o nome “A rebelión das prazas”, este Global express recolle información e axuda a analizar as mobilizacións cidadás que, en diversos puntos del mundo, reclaman xustiza, dereitos civís e unha democracia realmente participativa. A proposta de actividades para a aula comeza cunha actividade inicial en que unhas imaxes convidan o alumnado a reflexionar sobre os eventos, situacións, etc. que provocan que as persoas se mobilicen. Esta actividade sérvenos como punto de partida para traballar os catro bloques en que se estruturan as actividades. O primeiro bloque aborda o concepto de “indignación”, para entender o que significa e compartir aquilo que nos indigna. No seguinte bloque, analízanse as causas que...
Quiero saber más
Neste artigo, preséntase a experiencia de avaliación dunha proposta de educación para a cidadanía: Global express, un recurso pedagóxico da ONG Intermón Oxfam dirixido a alumnado de secundaria. O artigo está estruturado en seis partes, as dúas primeiras de introdución e presentación do material didáctico, o corpo central do artigo en que se desenvolve o cadro teórico, o cadro empírico e os resultados de avaliación e, finalmente, a parte final coas conclusións e coas propostas de melloría. As conclusións do artigo demostran que o material contribúe parcialmente para a construción de competencias cidadáns. Por un lado, Global express permite ao alumnado ter unha visión máis empática da realidade e comprender certas problemáticas globais; polo outro lado,...
Quiero saber más
A partir dun desafío proposto ao alumnado de 7.º en que eran convidados a preguntarse cales crían que eran os problemas que afectan a sociedade actual, os alumnos e alumnas identificaron a problemática da discriminación como a que desexaban traballar ao longo do año lectivo, na área de Proxecto. De acordo cos seus intereses e sensibilidade, desenvolveron proxectos que tiñan como obxectivo combater o racismo, a xenofobia, a discriminación da persoa de etnia xitana, a violencia domèstica e a discriminación da persoa con minusvalía que, no seu conxunto, contribuíron para que o alumnado se apropiase do significado da expresión  "Xuntos na diversidade”, lema escollido para o proxecto. Esta práctica educativa foi...
Quiero saber más
Esta práctica é unha experiencia de proxecto de ciclo, concretamente do primeiro ciclo da ESO para traballar a Educación para unha cidadanía global, en materias optativas en 1.º e 2.º, e nunha obrigatoria, en 3.º, á marxe da materia de Educación para a Cidadanía. Os obxectivos que foron propostos ao levar a cabo esta experiencia foron a asimilación de contidos próximos ou compartidos coa materia de Ciencias Sociais, o traballo das competencias de tipo social e de análise e a concienciación e posicionamento persoal fronte a situacións de inxustiza social.
Quiero saber más
Esta experiencia desenvólvese no ámbito do DENIP (Día Escolar da Non-violencia e da Paz). Trátase dun proxecto de centro para traballar, no cadro desta celebración, a temática da convivencia, co obxectivo de fomentar a educación en e para a concordia, participar na vida activa da escola,é dar cohesión ao grupo, desenvolver competencias persoais, como a reflexión e a capacidade de análise de conflitos, e avaliar a diferenza como elemento enriquecedor. Nun primeiro momento, en reunión de aula, foron seleccionados os temas. Posteriormente, foi elaborado un mapa mural cos conflitos do mundo e foron identificados de forma individual cun cidadán ou cidadá dalgún destes países. Este exercicio foi complementado con varias actividades,...
Quiero saber más
Esta práctica proponnos cómo traballar, a partir dos proxectos de Aprendizaxe e Servizo (ApS), a participación no municipio co alumnado de 4.º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). O traballo desenvolveuse desde catro ámbitos: creación e funcionamento dun casal de mozos, creación dunha radio municipal, unha comisión de solidariedade e desenvolvemento no IES e unha “colla de diables” (grupo cultural que participa das tradicións folclóricas de Cataluña vinculadas co lume e os “correfocs”). Os obxectivos propostos foron traballar co alumnado a autonomía, a responsabilidade, a solidariedade, o autocoñecemento e a tolerancia, a partir dun traballo de campo co tema da participación, vinculando teoría (reflexionando) e práctica (levar adiante proxectos de solidariedade co pobo...
Quiero saber más
Esta experiencia consiste na formación do profesorado por parte do CEP (Centro de Formación de Profesorado) de Castilleja de la Cuesta (Sevilla) e Málaga. Trátase de dous grupos de traballo de seis profesores cada un que, reunidos unha vez por mes, desenvolven o seu proxecto de Educación para a Cidadanía Global. O proxecto ten unha duración anual. O grupo de Sevilla dedícase especialmente á produción de recursos educativos (unidades didácticas), aínda que tivo solicitudes para formar outros docentes. O principal obxectivo do grupo de Málaga é a autoformación e a formación doutros docentes. Entre outras actividades, este último grupo realizou un encontro entre CEPs para intercambiar experiencias e a experiencia foi positiva. A súa metodoloxía...
Quiero saber más
O obxectivo deste Global Express é reflexionar sobre as implicacións que ten facer fronte á crise enerxética con combustíbeis producidos a partir de cultivos. A través da análise de fotografías, o material comeza cunha exploración sobre o que saben os alumnos e alumnas con relación ao noso modelo de transporte e as súas implicacións sociais ambientais. A continuación, a partir dunha dinámica grupal, danse a coñecer os conceptos básicos relaciona­dos cos agrocombustíbeis e analízase tamén o noso modelo de desenvolvemento para ver qué grupos humanos son beneficiados e cáles sofren as consecuencias. Coa lectura de varios testemuños, preténdese espertar a sensibilidade para coas consecuencias que ten a produción de agrocombustíbeis...
Quiero saber más
Baixo o nome de “Castelos de area”, este Global express pretende xerar o debate e a reflexión entre os alumnos e as alumnas ao redor da crise económica global. A proposta de actividades para a aula é formulada desde o concreto para terminar cunha visión global. A primeira actividade proposta pretende abordar o tema desde a vertente socioafectiva, para nas seguintes abordar o traballo sobre o concepto de crise e as súas causas a partir da análise de noticias aparecidas en distintos medios de comunicación. Despois, a través da análise de datos e dun cómic, traballarase sobre as consecuencias desta crise, partindo do contorno máis próximo para terminar abordando as...
Quiero saber más
Esta unidade comeza coa visualización dun vídeo, “Puk e o muro”, que de forma simbólica nos convida a camiñar cara a unha convivencia máis pacífica e comprometida. Pretende mostrar a necesidade de manter unha actitude activa e responsíbel fronte a situacións de violencia e inxustiza como medio para garantir a paz. Tras o comentario do vídeo, proponse a análise de noticias que presentan situacións de violencia e inxustiza que impiden a construción dun mundo máis pacífico e xusto. A modo de conclusión, o alumnado é convidado a imaxinar solucións para fomentar unha cultura de paz.
Quiero saber más