Catalán

A partir do texto “A realidade dos números” traballaranse aspectos relacionados co acceso aos medicamentos, o dereito á saúde e o dereito á propiedade. Proponse unha primeira lectura individual da información, para debater despois en grupos pequenos os gráficos e datos estatísticos e acabar finalmente cun debate conxunto sobre o dilema entre os dereitos de propiedade e o acceso á saúde.  A súa duración está prevista nunha hora.
Quiero saber más
Mediante información sobre o virus H5N1, fornecese ao alumnado información sobre a problemática do acceso aos medicamentos. O seu obxectivo é que os alumnos e alumnas constrúan as súas propias opinións sobre o tema ao poder contrastar a información recibida coa que lle chega a través dos medios de comunicación. Esta actividade pretende recoñecer a importancia do acceso universal aos medicamentos e identificar os mecanismos e os actores que llo impiden. Igualmente, abre o debate sobre o dilema entre o dereito de propiedade e o de acceso aos medicamentos como parte integrante do dereito humano universal á saúde. A súa duración está prevista nunha hora.
Quiero saber más
Mediante a lectura de textos e gráficos que poñen de manifesto a escaseza da auga e os problemas asociados á súa xestión, coñeceranse outros casos de privatización doutros recursos e porase sobre a mesa a problemática que implica a falta de recursos tan esenciais como a auga, ou o seu control por parte de empresas privadas. Para acabar, informarase sobre movementos sociais que conseguiron acabar con situacións de inxustiza, como un exemplo de mobilización social.  A súa duración está prevista en dúas horas.
Quiero saber más
A partir dun còmic e ad lectura de textos, coñecerase o perigo da perda da soberanía alimentaria. A partir da lectura de dous textos, o primeiro da FAO sobre biotecnoloxía e o segundo sobre o caso dun agricultor canadense e os seus problemas coa multinacional Monsanto, elaboraranse hipóteses sobre os intereses das multinacionais e sobre as consecuencias para os agricultores. Os datos fornecidos abren o debate sobre se este tipo de cultivos pode ser unha resposta és necesidades alimentarias dos máis pobres.  A súa duración está prevista en como mínimo dúas horas.
Quiero saber más
A través da presentación de catro fotografías coas súas historias, preténdese facer reflexionar aos e ás participantes sobre o que significa ser pobre. O obxectivo básico é identificar o concepto de pobreza, non só como falta de bens e servizos para cubrir as necesidades básicas, senón tamén como unha falta de oportunidades para decidir sobre a propia vida. Desta forma, preténdese distinguir entre pobreza absoluta e pobreza relativa, tanto no Norte como no Sur, e iniciar a reflexión sobre as causas que as provocan. A partir da análise do retrato da pobreza e das preguntas que o acompañan,é debaterase sobre estes dous tipos de pobreza e realizarase o barómetro do...
Quiero saber más
Esta actividade propón aos participantes que fagan unha lista dos bens e dos servizos que consumen, para reflexionar sobre os que se consideran indispensábeis ou prescindíbeis. Unha vez realizada a lista individual, ponse en común para traballar conxuntamente cáles dos bens e servizos se consideran básicos. Desta forma, preténdese traballar as necesidades básicas e identificalas como un dereito universal.  A súa duración está prevista nunha hora.
Quiero saber más
Trátase dun xogo de simulación en que as persoas participantes deben considerar os elementos que son imprescindíbeis para a súa supervivencia. Desta forma, preténdese facer unha distinción entre as necesidades básicas e as creadas. Igualmente, a dinámica proposta convida é procura conxunta de solucións e consenso.  A súa realización é estimada en dúas horas.
Quiero saber más
A partir da análise dun cómic de El Jueves, esta actividade trata de entender cómo funciona o comercio e o que implica a globalización. Tras a análise e a clasificación dos personaxes, proponse a elaboración conxunta dun mapa conceptual que axude a clarificar e relacionar conceptos. Recoméndase dedicar como mínimo unha hora á súa realización.
Quiero saber más
A partir da historia de Memed preténdese que os nenos e nenas entendan o que hai detrás dunha situación de conflito. E que se potencie o seu interese por coñecer experiencias de vida distintas á súa. Este caderno narra as vivencias e sentimentos de Memed, un neno que se ve forzado a fuxir de xeito precipitado da súa casa por causa dun conflito armado. Ao final da historia está explícita a esperanza e o desexo que non se volvan repetir nunca conflitos deste tipo. O caderno propón dúas tarefas en paralelo: por un lado, móstrannos a historia do protagonista e, polo outro, preséntannos unha serie de actividades que nos permiten profundar nos...
Quiero saber más
Este Global Express analiza o impacto das armas e da cultura da violencia nas sociedades do sur e do norte para pór ao descuberto quen gaña e quen perde con este lucrativo negocio. O material ofrece ferramentas para desenvolver no alumnado unha actitude crítica para coa cultura da violencia e propón alternativas para traballar a favor dunha cultura de paz.
Quiero saber más