Catalán

Esta unidade didáctica ten como obxectivo facer reflexionar en torno ao concepto de paz. A partir da lectura en común dunha fábula xaponesa, son propostas unhas dinámicas para analizar conxuntamente o texto. O material pretende facer tomar conciencia ao alumnado de que a paz se basea na confianza entre as persoas.
Quiero saber más
Esta unidade pretende traballar a xestión de conflitos e a súa análise a través de situacións próximas do alumnado. A primeira actividade formula un dilema moral a través dun caso imaxinario de conflito na aula. A partir do diálogo e debate xerado por este caso, son analizadas diferentes estratexias de xestión e transformación do conflito. Finalmente, proponse a realización dun mural coas conclusións extraídas. Esta unidade ten como obxectivo básico o fomento da empatía, o diálogo e a escoita activa, ademais de aprender a diferenciar a violencia do conflito.
Quiero saber más
Esta unidade didáctica propón reflexionar, a partir dunha chuvia de ideas inicial, en torno do concepto de paz. Pretende conseguir entre todos e todas unha definición que vaia máis alá da ausencia de guerra. Para iso, aproxima a paz da súa realidade máis próxima, como a relación cos seus irmáns ou cos seus amigos e amigas. Finalmente, proponse a realización entre toda a aula dun acto simbólico sobre a paz.
Quiero saber más
Trátase dunha unidade didáctica que a través de 4 actividades de aula acerca ao alumnado as nocións de paz e xestión de conflitos. A través de exemplos moi próximos, como unha pelexa no patio da escola, este material ten como obxectivo abordar a resolución de conflitos pola vía pacífica, pondo especial énfase nas normas de comunicación e na transformación de conflitos. Igualmente pretende, a través do debuxo, traballar os sentimentos que xeran nos máis pequenos a guerra e a paz.
Quiero saber más
O monográfico ten como obxectivo identificar formas de discriminación da muller, tanto no Norte como no Sur, no ámbito familiar, laboral e político. As primeiras actividades poñen ao descuberto a desigualdade entre homes e mulleres na distribución das tarefas do lar, así como a discriminación da muller nas mensaxes publicitarias. A continuación, achégase é realidade do Sur a través dunha banda deseñada sobre o traballo de homes e mulleres nunha comunidade de Guatemala. Despois da súa lectura, proponse realizar un debate e un xogo de rol onde se discutan o rol que xogan e que deberían xogar homes e mulleres no caso proposto pola banda deseñada. Como síntese final, e a partir...
Quiero saber más
O monográfico comeza coa reflexión individual e colectiva que temos cada persoa sobre a diferenza de sexos. A continuación, propón reflexionar sobre a distribución desigual de homes e mulleres nas tarefas domésticas e na diferenza de salarios por un mesmo traballo. As seguintes actividades introducen o alumnado nun contexto como o africano onde as mulleres sofren a marxinación, a pesar de levaren o peso da economía en moitos casos. O monográfico suxire o traballo en grupos para propor solucións que poderían ser levados a cabo tanto desde os gobernos, como desde as empresas, as familias e a propia escola, para fomentar a igualdade de oportunidades. E propón a realización dunha noticia...
Quiero saber más
Este monográfico introduce o alumnado na identificación de elementos e patróns de conduta en función do sexo e pretende potenciar actitudes críticas fronte é desigualdade. A primeira actividade consiste en desenmascarar os estereotipos que transmiten os contos tradicionais. A continuación, proponse reflexionar a partir do máis próximo, como é a distribución de tarefas na casa, as profesións do noso contorno ou as dinámicas de xogo na escola. A través dunha actividade de interpretación de imaxes, o alumnado é introducido nun contexto méis lonxincuo onde tamén aparece a desigualdade de oportunidades por razón de xénero. A modo de síntese, o monográfico suxire ao final escribir colectivamente un manifesto reclamando solucións é desigualdade de...
Quiero saber más
A partir das inxustizas que se producen na aula, este material ofrece abordar o concepto de xustiza. Para iso, proponse un xogo en que dous equipos deberán construír e decorar cantos máis vasos mellor. Mais o punto de partida e o material co que contarán ambos os equipos serán profundamente desiguais. A partir desta experiencia, verifícase un achegamento a diferentes realidades, como a de Juan, un pequeno produtor mexicano de café. A través do seu testemuño, preténdese que o alumnado tome conciencia das desigualdades e inxustizas que se producen no comercio internacional e de cáles son as necesidades básicas para vivir con dignidade. Finalmente, propón fomentar a participación en accións...
Quiero saber más
Este monográfico céntrase no tema dos dereitos humanos relacionados coa alimentación, a saúde e a educación para denunciar que unha gran parte da poboación mundial, especialmente a que vive nos países pobres, non ten cubertas estas necesidades básicas. As súas actividades están pensadas para identificar as desigualdades entre países ricos e países empobrecidos, e ofrecer accións para contribuír a eliminar a desigualdade. El traballo formúlase ao longo de catro sesións de aula.
Quiero saber más
Este monográfico pretende que o alumnado coñeza en que medida son vulnerados os Dereitos Humanos máis elementais a nivel mundial, a falta de aplicación , como son o dereito á alimentación, á saúde e á educación. As actividades propostas pretenden ofrecer pistas sobre as causas que impiden a millóns de persoas teren unha vida digna, debido á imposibilidade de acceder a estesdereitos á vez que ofrece elementos para reflexionar sobre a necesidade de mudar as actuais estruturas económicas que xeran pobreza e exclusión social e ofrece ferramentas para a participación individual e colectiva. Esta proposta formúlase para traballar en catro sesións de aula.
Quiero saber más