O III Seminario para unha cidadanía global (ECG) reuniu en Los Negrales (Madrid) uns 60 educadores e educadoras que, ao longo de tres días – do 2 ao 4 de xullo de 2009 –, debateron sobre identidade, prioridades e estratexias, aprenderon a partir das propias prácticas, intercambiaron dúbidas, se cuestionaron e formularon novos interrogantes e, sobre todo, consolidaron os vínculos persoais e socioafectivos da Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global. Esta memoria recolle os resultados do traballo feito durante o Seminario en espazos como os obradoiros de experiencias Aprender da práctica e Tecendo a rede I e II: identidade accións e estratexias, así como as contribucións das...
Quiero saber más
Trátase dunha proposta educativa para traballar as causas e as consecuencias do terremoto que afectou Haití en xaneiro de 2010. A partir de páxinas web, artigos e viñetas gráficas, veremos as causas que provocan un terremoto e a súa relación con outros fenómenos naturais, obteremos unha visión máis ampla do Haití, reflexionaremos sobre a relación entre as consecuencias dunha catástrofe e a pobreza e analizaremos o papel dos medios de comunicación. Este material tamén nos propón un xogo de simulación que nos permitirá reflexionar sobre os tipos de axuda que se activan para facer fronte a un desastre e, finalmente, convídanos a nos preguntar sobre qué accións, individuais e colectivas, podemos levar...
Quiero saber más
Esta actividade pon ao descuberto a relación existente entre o comercio de armas e os conflitos armados. A través da análise de dous mapas mundiais, ofrécese información diversa sobre conflitos armados e compra e venda de armas. O traballo consiste en localizar no mapa os países expostos nas listas. A metade do grupo dispón de información sobre quen son os principais beneficiarios do comercio de armas e a quen venden a súa mercadoría, e a outra metade traballa cunha lista cos principais países en conflito na actualidade. Unha vez realizado este traballo, trátase de completar a información recibida combinando persoas de grupos diferentes. Ao contrastar a información dos dous grupos, ponse...
Quiero saber más
Esta actividade ten como obxectivo coñecer as consecuencias dos conflitos armados sobre o desenvolvemento dos países do Sur. Para iso, danse a analizar algúns datos do índice de Desenvolvemento Humano, como a esperanza de vida, as taxas de alfabetización e escolarización, o PIB per cápita, etc. A partir da análise destes datos e da lectura doutros textos, proponse elaborar un comentario escrito dunhas 15 liñas sobre as consecuencias dos conflitos armados no desenvolvemento dos países do Sur, centrándose en tres casos de países da África. Esta actividade está prevista para unha sesión dunha hora.
Quiero saber más
Esta experiencia parte da premisa que a sociedade es cada vez máis dixital e, en consecuencia, se non se fornece ao alumnado unha alta competencia en TIC–TAC, fomántase o analfabetismo funcional. A práctica consta de varias sesions, nas cales se traballan diferentes aspectos do currículo con metodoloxías e recursos, apoiados sempre no Moodle. Esta práctica foi levado a cabo no IES Sils (Xirona), un instituto de nova creación que contaba unicamente con tres liñas de 1.º da ESO.
Quiero saber más
A través dunhas fotografías e o comentario de textos son analizados os efectos das guerras nas persoas, especialmente nos nenos e nenas. A actividade esá prevista en dúas sesións dunha hora de duración cada unha. Na primeira, trabállase sobre unhas fotografías extraídas do libro Vidas minadas, cinco anos despois, de Gervasio Sánchez, e na segunda analízanse dous artigos xornalísticos que mostran outros efectos das guerras na infancia, como son o recrutamento de nenos soldados, os orfos que fican despois do conflito, as encarceramentos... Proponse como conclusión da actividade unha posta en común de toda a información tratada e un debate sobre as sensacións que xerou no grupo.
Quiero saber más
Trátase dunha gimcana sobre o problema da pobreza no mundo. A actividade está calculada entre 1 h 30 min e 2 h e recoméndase que o grupo non sexa superior aos 30 mozos e mozas. A través dos personaxes de Leo e o seus amigos, esta actividade pretende descubrir, de maneira lúdica e vivencial, as principais carencias que describen unha situación de pobreza absoluta. Igualmente, ten como obxectivo tomar conciencia da existencia desta realidade no mundo e mostrar unha actitude crítica a ese respecto. Por último, quere facer reflexionar tamén sobre o noso propio modelo económico e produtivo e sobre os estilos de vida propios, para conseguir fomentar actitudes de...
Quiero saber más
Esta actividade pretende tomar conciencia sobre as consecuencias que os conflitos armados teñen sobre a poboación civil. Para iso, lerán testemuños dalgúns conflitos e recolleranse, a partir da realización de entrevistas, testemuños de persoas maiores sobre as súas vivencias durante a Guerra Civil Española. O obxectivo principal é recoñecer as vítimas civés como o branco principal dos actuais conflitos armados e analizar as consecuencias que todo conflito ten sobre a poboación civil. Esta proposta está formulada para ser traballada en dúas sesións dunha hora de duración máis a entrevista.
Quiero saber más
Esta experiencia realizada en Laudio Ikastola relata cómo un grupo de 4.º da ESO ideou unha campaña na que se propuxo aos alumnos e alumnas de 1.º e 2.º da ESO pasaren un día sen máquinas prescindíbeis. Tratábase dunha campaña de sensibilización sobre o aforro enerxético. Un total de 54 alumnos e alumnas participaron no proxecto organizados en grupos de catro. O alumnado de 4.º ideou o deseño da campaña e promoveuna entre os seus compañeiros e compañeiras de 1.º e 2.º. O día en cuestión, o alumnado que participaba na campaña tivo que buscar alternativas ás máquinas que non utilizaron, como por exemplo ler en lugar de ver a...
Quiero saber más
Esta actividad forma parte de la carpeta de recursos Muévete. Armas bajo Control, incluida en la maleta pedagógica Armas bajo Control, que ofrece también otros materiales y actividades relacionados con el tema.
Quiero saber más