Castelán

Unha proposta didáctica para Educación Secundaria e Ciclo Superior de Educación Primaria
Quiero saber más
Esta publicación se basa en los resultados obtenidos de una investigación conducida por la Universidad de Santiago de Compostela en el marco del convenio AECID 18 - CO1- 001208 “Por una Educación Transformadora y para la Ciudadanía Global comprometida con el cumplimiento de los ODS” y coordinada por la investigadora Silvana Longueira Matos.
Quiero saber más
A COVID-19 colocou en evidencia as trabas e os obstáculos estruturais das políticas migratorias e do sistema de asilo que afectan directamente a vida das persoas migrantes. Este Global express propón coñecer, comprender, reflexionar, empatizar e comprometerse coas persoas migrantes e as situacións de vulnerabilidade que viven. Este material céntrase especialmente naquelas persoas que se dedican aos empregos esenciais e que son dinamizadoras da economía e fonte de innovación e de riqueza para as súas comunidades de orixe, tránsito e destino, un feito que foi especialmente palpábel durante a pandemia da COVID-19, en que as persoas migrantes foron fundamentais para o mantemento da vida.  A partir dunha abordaxe de dereitos, a migración internacional é un feito atemporal e multidireccional, inherente á natureza humana, que pode ser gobernada adecuadamente con plena garantía dos dereitos humanos fundamentais e como oportunidade para atinxir un desenvolvemento humano e sustentábel. Esta proposta propón analizar as políticas, as prácticas e a cultura racista, tornando visíbel o racismo institucional e social, e promovendo compromisos persoais e colectivos para as persoas migrantes teren os mesmos dereitos e oportunidades que o resto. 
Quiero saber más
“Mudanza climática e xustiza social en tempos de COVID-19: Para a construción de desenvolvemento sustentábel” é unha unidade didáctica dirixida ao alumnado de Secundaria que propón contidos, actividades, ferramentas e abordaxes no ámbito da Educación para a cidadanía global, para entender e reflexionar sobre as causas e as consecuencias da mudanza climática sobre as persoas e o medio ambiente.  Nun contexto de pandemia pola COVID-19, que colocou en evidencia as causas estruturais que sustentan as desigualdades e a pobreza, a proposta incorpora a perspectiva da interseccionalidade a partir dunha abordaxe de dereitos, tornando visíbel a interacción existente entre os diferentes sistemas de opresión e as súas consecuencias na realidade local e global.  O recurso procura contribuír para o desenvolvemento das competencias chave e a competencia global, promovendo a información, a educación e a comunicación. Así, a través do xogo de rol “Reporteiras sen fronteiras”, o alumnado participante terá a posibilidade de coñecer e analizar os testemuños de cinco mulleres activistas e desenvolver propostas de compromiso, denuncia e acción para sensibilizar no seu contorno.
Quiero saber más
Esta unidade didáctica está centrada no desenvolvemento sustentábel e no consumo responsábel pola relevancia social e ambiental das consecuencias do modelo de consumo estabelecido ao nivel global, en concreto no relativo a produtos alimentarios. É necesario estabelecer mecanismos de reflexión sobre este modelo co alumnado: Que comemos? De onde proveñen os alimentos? Cal é o custo enerxético e a pegada ecolóxica que se xeran ao consumir os produtos? Como se xestiona o excedente de produción que resulta en desperdicio alimentario? De que maneira podemos actuar para minimizar os riscos ambientais e sociais?. A través do desenvolvemento do pensamento crítico, preténdese que o alumnado analice as causas e consecuencias dun consumo...
Quiero saber más
O obxectivo desta obra, que recolle as voces de grandes especialistas, reforzadas pola visión da propia escola, é impulsar e canalizar o debate sobre a cidadanía global para unha educación orientada ao coidado da persoa, da sociedade e da natureza. Entendida así, a educación para a cidadanía global pode axudarnos a formar persoas plenas, preparadas para intervir positivamente nun mundo en mudanza continua, e capaces de adoptar un modo de vida sustentábel para nós, para os que nos rodean e para os que nos sucederán. Este é un material da Fundación SM e é inscrito no movemento A escola que queremos, da mesma Fundación. Oxfam Intermón participa na proposta, contribuíndo...
Quiero saber más
Este material didáctico pretende tornar visíbel o mundo dos coidados, reflexionar sobre as causas do noso descoido e do descoido da nosa Terra para aprender a nos coidarmos, coidarmos o noso ambiente próximo e as nosas relacións, e coidarmos do noso planeta. Proponse comezar cun diagnóstico como punto de partida, para despois deseñar un plan de acción, a partir do libro O Principiño de Antoine de Saint-Exupéry, adaptado á realidade do centro ou da aula, que favoreza a sensibilización, a reflexión, o coñecemento, o diálogo e o compromiso, e, ao mesmo tempo, propoña estratexias concretas para actuar no ambiente en que estea a ser desenvolvido. É un material flexíbel e...
Quiero saber más
O obxectivo desta guía é facilitar que o profesorado e as e os educadores que traballan con mozos e mozas comprendan mellor a educación sobre os ODS e ao servizo destes, e a explorar a forma en que as abordaxes e metodoloxías de Educación para a cidadanía global (ECG) poden fomentar boas prácticas. A guía tamén explora as vantaxes e os desafíos de aplicar o cadro dos ODS co alumnado nas escolas. Recoñecemos que é probábel que as e os educadores teñan un nivel de compromiso diferente cos ODS e coa ECG, polo cal esta guía foi concibida como introdución e inclúe materiais complementarios para que as e os profesionais...
Quiero saber más
Co presente material didáctico, queremos fornecer un recurso práctico para a aula que ofreza ao profesorado de Primaria unha proposta para fomentar a reflexión en torno do dereito fundamental de acceso á AUGA. Para iso, son propostas diferentes actividades segundo o grupo de idade – 6 a 9 anos e 9 a 12 anos – para se axustar mellor ao contexto de cada aula. Pártese da proposta de 6 a 9 anos e van sendo dadas recomendacións adicionais para realizala con alumnado de 9 a 12 anos. A proposta didáctica é dividida en 3 sesións, con varias actividades cada unha. Desta forma, segundo se avanza, o alumnado pode coñecer as...
Quiero saber más
Bianualmente, celebramos os Seminarios Educar Para Unha Cidadanía Global. Tradicionalmente, membros da Rede para a Cidadanía Global reúnense de forma presencial para, durante uns poucos días, pensar e imaxinar o futuro da educación transformadora. Ir á Memoria do VIII Seminario >> Nesta edición, do 25 ao 27 de outubro de 2019, até 100 persoas, de dentro e de fóra da Rede, participaran nunha fin de semana en que buscamos, dentro do cadro da Axenda 2030, abordar a Educación para a transformación social e a súa implementación a partir da Escola. Esta reflexión sobre a educación como motor da transformación social foi complementada coa presenza de diferentes actores que, desde a...
Quiero saber más