OBJETIVOS DE DESARROLLO SOSTENIBLE – Guía para el profesorado

Buscador de recursos

OBJETIVOS DE DESARROLLO SOSTENIBLE – Guía para el profesorado

Autoría: Harriet Marshall, Oxfam GB (Autora), Begoña Carmona (Coordinadora)
Data: Setembre 2020
Temática: ,
Tipoloxía de recurso: OBJETIVOS DE DESARROLLO SOSTENIBLE – Guía para el profesorado
Público destinatario: Educadores e educadores
Idioma: Castelán
Descrición:
O obxectivo desta guía é facilitar que o profesorado e as e os educadores que traballan con mozos e mozas comprendan mellor a educación sobre os ODS e ao servizo destes, e a explorar a forma en que as abordaxes e metodoloxías de Educación para a cidadanía global (ECG) poden fomentar boas prácticas. A guía tamén explora as vantaxes e os desafíos de aplicar o cadro dos ODS co alumnado nas escolas. Recoñecemos que é probábel que as e os educadores teñan un nivel de compromiso diferente cos ODS e coa ECG, polo cal esta guía foi concibida como introdución e inclúe materiais complementarios para que as e os profesionais con maior experiencia a ese respecto poidan continuar a reflexionar e a aprender sobre o tema.
Observacións:
Os ODS ofrecen un contexto poderoso no momento de facilitar a aprendizaxe e a reflexión sobre como facer do mundo un lugar mellor e actuar a ese respecto. Os 17 ODS comprenden unha gran variedade de metas e agrúpanse de maneira xeral en cinco temas: persoas, planeta, prosperidade, paz e alianzas. O cadro dos ODS representa un punto de partida útil e accesíbel para desenvolver unha abordaxe de Educación para a cidadanía global e incorporar valores cun carácter máis global en calquera escola ou organización. Os ODS son unha ferramenta útil para mellorar os programas educativos e fomentar a participación da comunidade educativa no seu conxunto (incluíndo pais/nais e equipo directivo), ademais de colaborar con outros grupos e organizacións para reflexionar sobre a relación entre o nivel local e o global.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre nuestras actividades y propuestas educativas, déjanos tus datos: