Esta experiencia consiste na formación do profesorado por parte do CEP (Centro de Formación de Profesorado) de Castilleja de la Cuesta (Sevilla) e Málaga. Trátase de dous grupos de traballo de seis profesores cada un que, reunidos unha vez por mes, desenvolven o seu proxecto de Educación para a Cidadanía Global. O proxecto ten unha duración anual. O grupo de Sevilla dedícase especialmente á produción de recursos educativos (unidades didácticas), aínda que tivo solicitudes para formar outros docentes. O principal obxectivo do grupo de Málaga é a autoformación e a formación doutros docentes. Entre outras actividades, este último grupo realizou un encontro entre CEPs para intercambiar experiencias e a experiencia foi positiva. A súa metodoloxía...
Quiero saber más
Esta experiencia é a adaptación da proposta Conectando mundos_Soños de Andoriña á Educación Infantil, para traballar a través dun conto o tema das migracións, as súas causas e as súas consecuencias, así como as actitudes individuais e colectivas transformadoras da realidade. Esta experiencia puxo de manifesto que os pequenos e as pequenas son totalmente capaces de se colocar no lugar do outro e de ser introducidos nos valores que sustentan a concepción de cidadanía global, así como comezar a tomar decisións de xeito colectivo e de respectar as alleas. De forma paralela, traballouse cos pais e coas nais en dúas reunións sobre “solidariedade, pobreza e a miña postura diante diso”.
Quiero saber más
Esta experiencia nace como parte do traballo da VII edición de Conectando mundos, concretamente na fase final, en que o alumnado quere dar a coñecer o traballo que fixeron e as conclusións a que chegaron coa colaboración do profesor de Plástica, decidiuse realizar un concurso de carteis publicitarios que sintetizaran o traballo realizado polos alumnos e alumnas na plataforma sobre migracións. O cartel vencedor pretendía tornar explícitas as diferentes actitudes mostradas para coas persoas inmigrantes (medo, burla, ira,…). O obxectivo era mellorar a súa acollida por parte dos habitantes da vila, así como provocar a reflexión acerca de que unha boa convivencia necesita dun esforzo mutuo por parte, tanto dos inmigrantes,...
Quiero saber más
No ámbito da proposta Conectando mundos, esta experiencia presántanos un proxecto de centro desenvolvido en todos os niveis educativos que se imparten no mesmo. Neste proxecto implicáronse tanto o profesorado e o alumnado como os pais e as nais, algunhas persoas externas e a persoa responsábel de Guadalinfo (rede social andaluza de dinamizacón social e de impulso á innovación municipal). Trátase dunha experiencia cuxo obxectivo é, por un lado, traballar nos distintos niveis o diálogo intercultural, o traballo cooperativo e o traballo coas TIC, e, por outro, profundar nos temas relacionados coas migracións, abordando as súas causas e consecuencias, analizando a relación entre os procesos migracións e os seus contextos e...
Quiero saber más
O III Seminario para unha cidadanía global (ECG) reuniu en Los Negrales (Madrid) uns 60 educadores e educadoras que, ao longo de tres días – do 2 ao 4 de xullo de 2009 –, debateron sobre identidade, prioridades e estratexias, aprenderon a partir das propias prácticas, intercambiaron dúbidas, se cuestionaron e formularon novos interrogantes e, sobre todo, consolidaron os vínculos persoais e socioafectivos da Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global. Esta memoria recolle os resultados do traballo feito durante o Seminario en espazos como os obradoiros de experiencias Aprender da práctica e Tecendo a rede I e II: identidade accións e estratexias, así como as contribucións das...
Quiero saber más
Esta experiencia parte da premisa que a sociedade es cada vez máis dixital e, en consecuencia, se non se fornece ao alumnado unha alta competencia en TIC–TAC, fomántase o analfabetismo funcional. A práctica consta de varias sesions, nas cales se traballan diferentes aspectos do currículo con metodoloxías e recursos, apoiados sempre no Moodle. Esta práctica foi levado a cabo no IES Sils (Xirona), un instituto de nova creación que contaba unicamente con tres liñas de 1.º da ESO.
Quiero saber más
Esta experiencia realizada en Laudio Ikastola relata cómo un grupo de 4.º da ESO ideou unha campaña na que se propuxo aos alumnos e alumnas de 1.º e 2.º da ESO pasaren un día sen máquinas prescindíbeis. Tratábase dunha campaña de sensibilización sobre o aforro enerxético. Un total de 54 alumnos e alumnas participaron no proxecto organizados en grupos de catro. O alumnado de 4.º ideou o deseño da campaña e promoveuna entre os seus compañeiros e compañeiras de 1.º e 2.º. O día en cuestión, o alumnado que participaba na campaña tivo que buscar alternativas ás máquinas que non utilizaron, como por exemplo ler en lugar de ver a...
Quiero saber más
Esta experiencia consiste en orientar a disciplina Educación para a Cidadanía a un maior coñecemento da realidade, especialmente das condicións de vida das poboacións do Sur e as súas causas. Analízase tamén o papel da Cooperación ao Desenvolvemento como instrumento de loita contra a desigualdade Norte-Sur e a pobreza e compleméntase a teoría coa identificación de accións que o alumnado pode emprender desde a súa realidade para contribuír para un mundo máis xusto. A práctica desenvolveuse no horario lectivo, intercalando sesións teóricas e prácticas. Nas sesións prácticas traballábase en colaboración co voluntariado das ONG, que realizaban obradoiros en que se traballaba de modo cooperativo en grupos de 4-5 persoas. As...
Quiero saber más
Este documento recolle a proposta feita por Intermón Oxfam sobre os contidos como compoñentes da disciplina de Educación para a Cidadanía durante o proceso do seu deseño. Estas contribucións basánse na convicción de que a revisión do currículo e a súa impregnación desde a perspectiva da cidadanía global son imprescindíbeis para asegurar que o espazo-tempo dedicado á disciplina teña resultados efectivos no cadro educativo.
Quiero saber más
Neste documento, exponse a importancia de Proxecto Educativo de Centro (PEC) para entender a educación escolar como inserida na rede social educativa e comunitaria, interactuando con ela. A educación para o desenvolvemento dunha cidadanía activa, capacitada para a vida en común, comprometida nos valores democráticos, que defende a universalidade dos dereitos humanos mediante unha ética da responsabilidade, non pode ficar reducida ao estrito horario dunha disciplina. Precísase que, tanto o currículo escolar como a organización do centro, deveñan unha comunidade de comunicación e participación, que integre estudantes, profesorado, familias, comunidade e administración local, administración educativa, ONGs, e todas aquelas axencias e asociacións que teñen historias que compartir.
Quiero saber más