A partir dun còmic e ad lectura de textos, coñecerase o perigo da perda da soberanía alimentaria. A partir da lectura de dous textos, o primeiro da FAO sobre biotecnoloxía e o segundo sobre o caso dun agricultor canadense e os seus problemas coa multinacional Monsanto, elaboraranse hipóteses sobre os intereses das multinacionais e sobre as consecuencias para os agricultores. Os datos fornecidos abren o debate sobre se este tipo de cultivos pode ser unha resposta és necesidades alimentarias dos máis pobres. A súa duración está prevista en como mínimo dúas horas.
Quiero saber más
A través da presentación de catro fotografías coas súas historias, preténdese facer reflexionar aos e ás participantes sobre o que significa ser pobre. O obxectivo básico é identificar o concepto de pobreza, non só como falta de bens e servizos para cubrir as necesidades básicas, senón tamén como unha falta de oportunidades para decidir sobre a propia vida. Desta forma, preténdese distinguir entre pobreza absoluta e pobreza relativa, tanto no Norte como no Sur, e iniciar a reflexión sobre as causas que as provocan. A partir da análise do retrato da pobreza e das preguntas que o acompañan,é debaterase sobre estes dous tipos de pobreza e realizarase o barómetro do...
Quiero saber más
Esta actividade propón aos participantes que fagan unha lista dos bens e dos servizos que consumen, para reflexionar sobre os que se consideran indispensábeis ou prescindíbeis. Unha vez realizada a lista individual, ponse en común para traballar conxuntamente cáles dos bens e servizos se consideran básicos. Desta forma, preténdese traballar as necesidades básicas e identificalas como un dereito universal. A súa duración está prevista nunha hora.
Quiero saber más
Trátase dun xogo de simulación en que as persoas participantes deben considerar os elementos que son imprescindíbeis para a súa supervivencia. Desta forma, preténdese facer unha distinción entre as necesidades básicas e as creadas. Igualmente, a dinámica proposta convida é procura conxunta de solucións e consenso. A súa realización é estimada en dúas horas.
Quiero saber más
A partir da análise dun cómic de El Jueves, esta actividade trata de entender cómo funciona o comercio e o que implica a globalización. Tras a análise e a clasificación dos personaxes, proponse a elaboración conxunta dun mapa conceptual que axude a clarificar e relacionar conceptos. Recoméndase dedicar como mínimo unha hora á súa realización.
Quiero saber más
Neste documento, exponse a importancia de Proxecto Educativo de Centro (PEC) para entender a educación escolar como inserida na rede social educativa e comunitaria, interactuando con ela. A educación para o desenvolvemento dunha cidadanía activa, capacitada para a vida en común, comprometida nos valores democráticos, que defende a universalidade dos dereitos humanos mediante unha ética da responsabilidade, non pode ficar reducida ao estrito horario dunha disciplina. Precísase que, tanto o currículo escolar como a organización do centro, deveñan unha comunidade de comunicación e participación, que integre estudantes, profesorado, familias, comunidade e administración local, administración educativa, ONGs, e todas aquelas axencias e asociacións que teñen historias que compartir.
Quiero saber más
Relatorio desenvolvido por Intermón Oxfam coas contribucións ao proceso de desenvolvemento da LOE, ao que o Ministerio de Educación e Ciencia convocou para participar a organizacións e entidades. Este relatorio defende que educar para unha cidadanía global significa educar para a intención de que se produza unha transformación progresiva nos valores, actitudes e comportamentos do noso alumnado. Para alcanzar este obxectivo é necesario que preparemos o noso alumnado para o exercicio da cidadanía desde unha perspectiva global (fomentando o respecto e a valorización da diversidade, o respecto polos dereitos humanos, o respecto polo medio ambiente e o consumo responsíbel, etc.) e apostar claramente pola transversalidade. A cidadanía debe estar presente...
Quiero saber más
Na súa conferencia, Óscar Jara proponnos facer unha reflexión a partir da súa propia experiencia nas redes en que participou nos últimos 20 anos. Moi particularmente, céntrase na experiencia da rede centro-americano-mexiacana de educación popular ALFORJA, creada en 1981, da que e coordinador desde 1982. Neste artigo, Óscar vai formulando aspectos e reflexións que, do seu punto de vista, se deben ter en conta no traballo en rede.
Quiero saber más
Óscar Jara termina este artigo citando a seguinte frase de Paulo Freire: "A educación liberadora por si soa non produce a mudanza social. Mais non poderá haber mudanza social, sen unha educación liberadora”. Esta cita, a modo de conclusión, reflicte o contido e as reflexións que Óscar Jara desenvolve no seu artigo, no cal afirma que a opción por unha educación popular liberadora é unha opción por unha mudanza social da cal a educación fai parte; opción que significa tamén a confianza, a esperanza en que os valores éticos se poden realizar na historia e que os educadores e educadoras teñen unha responsabilidade na súa consecución.
Quiero saber más
Este manifesto foi elaborado colectivamente por organizacóns e educadores e educadoras de diversos países firmemente convencidos de que é posíbel a construción dun mundo diferente, impulsado por unha educación con capacidade de transformar. Para iso consideramos que é urxente promover a Educación para unha cidadanía global na escola, no cadro da educación para a vida. Entendemos por tal unha educación que contribúe para a formación de cidadáns e cidadés responsábeis, comprometidos coa xustiza e coa sustentabilidade do Planeta, que promove o respecto e a estima da diversidade como fonte de enriquecemento humano, a defensa do medio ambiente e o consumo responsábel, o respecto polos dereitos humanos individuais e colectivos, a...
Quiero saber más