Unha visita inesperada

Buscador de recursos

Unha visita inesperada

Autoría: María Vinuesa, Carles Gràcia
Data: 2003
Temática: ,
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 6 a 8 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara
Descrición:
A partir da historia de tres amigos, este material dá a coñecer outras realidades e outras maneiras de vivir, alimentarse, etc. que permiten reflexionar sobre cáles son as necesidades básicas das persoas. Camiño da escola, os tres amigos da historia reciben unha visita inesperada: a dun extraterrestre, que é o inicio da súa aventura conxunta. Grazas á súa historia, coñeceremos a orixe das materias primas e o seu ciclo natural, aproximarámonos do valor do traballo e analizaremos aspectos relacionados como o consumo, a publicidade, os bens e servizos, etc. O contido trabállase con actividades moi variadas: unha sopa de letras, unha enquisa sobre os hábitos alimentarios, un traballo a partir de imaxes e música, a realización dunhas galletas, etc. O material ten como obxectivo estimular actitudes de respecto e amizade para cos demais e entender a diferenza como feito enriquecedor. Igualmente, traballa o vocabulario específico referido a cada historia e permite profundar na lectura comprensiva do texto.
Observacións:
Este material fai parte da maleta pedagóxica Comercio con Xustiza, que ofrece tamén materiais para os outros ciclos de Primaria e Secundaria.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre la Red de educadores y educadoras para una ciudadanía gloabal, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.