Euskara

Esta unidade comeza coa visualización dun vídeo, “Puk e o muro”, que de forma simbólica nos convida a camiñar cara a unha convivencia máis pacífica e comprometida. Pretende mostrar a necesidade de manter unha actitude activa e responsíbel fronte a situacións de violencia e inxustiza como medio para garantir a paz. Tras o comentario do vídeo, proponse a análise de noticias que presentan situacións de violencia e inxustiza que impiden a construción dun mundo máis pacífico e xusto. A modo de conclusión, o alumnado é convidado a imaxinar solucións para fomentar unha cultura de paz.
Quiero saber más
Este monográfico ten como obxectivo recoñecer a saúde como un dereito universal e os servizos sanitarios como un ben público global. Igualmente, establece a relación entre saúde e pobreza. A primeira actividade recoñece que detrás das doenzas hai persoas doentes. A continuación, proponse a análise duns gráficos e un mapa que mostran o acceso desigual á saúde e reflexionan sobre o concepto de doenzas esquecidas. A través dun xogo de rol, os alumnos e alumnas, divididos en grupos e convertidos en propietarios dunha empresa farmacéutica, deberán escoller entre unha serie de alternativas. O obxectivo é introducir o factor ético na produción e distribución de medicamentos. Por último, ábrese a reflexión sobre o uso...
Quiero saber más
Este material pretende profundar no tema da pobreza a partir dunha situación concreta e próxima do alumnado: a historia de Marta, na que seu pai perde o emprego e que está contextualizada no noso país e na nosa realidade. O desemprego é un fenómeno que afecta unha cantidade importante de persoas. A familia de Marta ten cubertas as súas necesidades básicas, mais a noticia inesperada do despedimento do pai provoca un desequilibrio e unha preocupación debida é repentina falta de oportunidades no campo laboral. Desta forma, apréndese a coñecer, entender e avaliar que hai necesidades básicas para poder crecer e vivir con dignidade e profúndase nos sentimentos e nas actitudes...
Quiero saber más
Trátase dunha gimcana sobre o problema da pobreza no mundo. A actividade está calculada entre 1 h 30 min e 2 h e recoméndase que o grupo non sexa superior aos 30 mozos e mozas. A través dos personaxes de Leo e o seus amigos, esta actividade pretende descubrir, de maneira lúdica e vivencial, as principais carencias que describen unha situación de pobreza absoluta. Igualmente, ten como obxectivo tomar conciencia da existencia desta realidade no mundo e mostrar unha actitude crítica a ese respecto. Por último, quere facer reflexionar tamén sobre o noso propio modelo económico e produtivo e sobre os estilos de vida propios, para conseguir fomentar actitudes de...
Quiero saber más
Este material pretende motivar mediante unha dinámica vivencial o achegamento á complexa realidade do comercio internacional. Para iso, é organizada unha merenda en que, para poder comer, os alumnos e alumnas deberán traballar. Mais non todos os grupos terán o mesmo traballo nin o mesmo grao de dificultade na súa realización. A partir desta desigualdade, algúns terano moito máis fácil que outros. A continuación, abrirase un debate sobre o que ocorreu e por qué, e distinguirase entre os conceptos de prezo e valor, así como a súa relación. As seguintes actividades permitirán trasladar esta experiencia de inxustiza ao que sucede no comercio internacional e, en especial, ao caso do café....
Quiero saber más
A partir da actividade “O tren do café”, este monográfico ofrece unha visión do percorrido que o café segue desde a súa colleita até que chega á nosa casa e permite tomar conciencia da porcentaxe con que fica cada un dos axentes que interveñen na súa comercialización, onde as persoas produtoras son as que saen peor paradas. A través do testemuño de Tatu, unha pequena produtora de Tanzania, ábrese a reflexión sobre a situación en que viven os pequenos produtores e produtoras de todo o mundo e de cáles son as necesidades básicas para vivir con dignidade. Igualmente, o material permite descubrir o comercio xusto como unha alternativa que asegura...
Quiero saber más
Trátase dun obradoiro de consumo responsíbel. O seu obxectivo principal é que os mozos e mozas tomen conciencia do seu papel como consumidores e desenvolvan posicións e propostas de consumo alternativo. A educación para o consumo responsíbel pretende contribuír para transformar as persoas en cidadáns e cidadés globais, máis conscientes, participativos, críticos, responsíbeis e solidarios, suxeitos políticos dunha sociedade con maior xustiza social e cun equilibrio ambiental. O obradoiro é estruturado en catro etapas. A primeira consiste nunha actividade de motivación e exploración, cuxo obxectivo é que os alumnos e as alumnas expresen o seus sentimentos e coñecementos sobre o tema, e coñezan os obxectivos e finalidades da actividade. A...
Quiero saber más
Trátase dunha gimcana que permite identificar as consecuencias que calquera conflito armado ten para a poboación civil e especificamente céntrase no éxodo a que millóns de persoas se ven obrigadas cando unha guerra comeza. Igualmente, introduce conceptos como persoas refuxiadas e persoas desprazadas. Pola súa dinámica, pretende facer descubrir o traballo en equipo como método en que cada membro fornece diferentes habilidades e/ou capacidades e que permite gozar da satisfacción que proporciona vencer as dificultades de forma colectiva. Proponse unha temporización en dúas sesións, unha primeira para a realización da gimcana e unha segunda para a reflexión en grupo. A dinámica está pensada para un grupo-aula que permita crear 8...
Quiero saber más
Este material ten como obxectivo adquirir unha visión global dos problemas relacionados coa auga, e das posíbeis solucións. A actividade comeza cun traballo en pequenos grupos a quen se lle propón seren xornalistas dunha ONG e investigar un tema actual relacionado coa auga e o mundo. Para iso, son propostos catro temas: auga, nenos e saúde; o grande encoro de Narmada e a loita de Arundhati Roy; a auga nos conflitos armados e coidar a auga é posíbel. Para acabar a actividade, cada grupo deberá facer unha presentación ao resto da aula e cada alumno e alumna redactará un artigo xornalístico sobre a súa investigación.
Quiero saber más
Este material ten como obxectivo analizar unha situación concreta relacionada co dereito á auga e á propiedade, e mostrar accións cidadés que procuran a xustiza social. A actividade comeza coa lectura dun artigo para contextualizar o tema. Proponse despois un xogo de rol en grupos sobre un caso real ocorrido en Cochabamba. Finalizado o xogo, entrarase a analizar o que ocorreu na realidade en Bolivia e cál foi a actitude dos principais axentes implicados no conflito pola auga. Desta forma, preténdese que o alumnado adquira unha visión global dos problemas relacionados coa auga, e das posíbeis solucións.
Quiero saber más