Catalán

Trátase dun obradoiro de consumo responsíbel. O seu obxectivo principal é que os mozos e mozas tomen conciencia do seu papel como consumidores e desenvolvan posicións e propostas de consumo alternativo. A educación para o consumo responsíbel pretende contribuír para transformar as persoas en cidadáns e cidadés globais, máis conscientes, participativos, críticos, responsíbeis e solidarios, suxeitos políticos dunha sociedade con maior xustiza social e cun equilibrio ambiental. O obradoiro é estruturado en catro etapas. A primeira consiste nunha actividade de motivación e exploración, cuxo obxectivo é que os alumnos e as alumnas expresen o seus sentimentos e coñecementos sobre o tema, e coñezan os obxectivos e finalidades da actividade. A...
Quiero saber más
Esta actividade ten como obxectivo analizar o papel dos medios de comunicación na transmisión da cultura da violencia e da cultura do medo. A partir da canción Where is the love?, do CD Elephunk do grupo Black Eyed Peas, propón reflexionar sobre o papel e a responsabilidade que temos como consumidores na normalización da violencia cultural nos medios de comunicación. Proponse como dinámica ouvir a canción, xunto coa letra, e responder a un cuestionario que abra a porta ao debate en grupo. A canción pode ser traballada tanto na súa versión orixinal en inglés, como coa tradución. e a duración aproximada da actividade é dunha sesión dunha hora, se se traballar coa tradución da letra,...
Quiero saber más
Esta actividade propón a visualización e comentario do filme Bowling for Columbine, do director norteamericano Michael Moore. A través deste filme, serán analizadas as causas do uso das armas e da cultura da violencia. O documental apunta os posíbeis factores que fan aflorar actitudes que potencian o uso da violencia directa, como o sentimento de propiedade, a procura de seguridade, o sentimento de superioridade... Proponse como dinámica, antes de proceder a ver o filme, distribuír follas en branco a cada persoa do grupo para que anote tres motivos que respondan á pregunta “por que as persoas se arman?”. Ao finalizar o filme, faise unha posta en común coas respostas e cúbrese un...
Quiero saber más
Trátase dunha gimcana que permite identificar as consecuencias que calquera conflito armado ten para a poboación civil e especificamente céntrase no éxodo a que millóns de persoas se ven obrigadas cando unha guerra comeza. Igualmente, introduce conceptos como persoas refuxiadas e persoas desprazadas. Pola súa dinámica, pretende facer descubrir o traballo en equipo como método en que cada membro fornece diferentes habilidades e/ou capacidades e que permite gozar da satisfacción que proporciona vencer as dificultades de forma colectiva. Proponse unha temporización en dúas sesións, unha primeira para a realización da gimcana e unha segunda para a reflexión en grupo. A dinámica está pensada para un grupo-aula que permita crear 8...
Quiero saber más
A partir da lectura do poema O medo global de Eduardo Galeano, indúcese á reflexión sobre a cultura do medo. Para iso, formúlanse unhas preguntas que deben dar pasaxe ao debate e á reflexión sobre por que vivimos con medo, as consecuencias que ten esta actitude e se é posíbel vivir de forma diferente. O material propón tamén o tema do pensamento único e foi concibido para ser desenvolvido nunha sesión dunha hora.
Quiero saber más
A partir da lectura dun cómic, esta actividade analiza a influencia do medo nas nosas decisións e reflexiona sobre o concepto de seguridade na sociedade actual. Igualmente, recoñece a posesión de armas como agravante da violencia directa. Trátase dunha actividade formulada para ser desenvolvida en grupo durante aproximadamente unha hora.
Quiero saber más
A partir da lectura dunha banda deseñada preténdese buscar paralelismos con situacións da vida cotiá e identificar os diferentes elementos da historia con entidades ou personaxes presentes na nosa realidade. Coa lectura do texto da ra e o cuestionario posterior poden ser introducidos os termos de obxectividade, influencia do ambiente... Proponse acabar a actividade cunha conclusión común sobre o que transmitiu o texto. A súa duración está prevista nunha hora.
Quiero saber más
A partir da lectura e da audición de Canción do Nadal, de Silvio Rodríguez, quérese inducir á reflexión sobre o consumismo, o pensamento único e a solidariedade. Proponse nun primeiro momento escoitar a canción como unha primeira toma de contacto. Despois, distribúese a letra xunto cun cuestionario e, finalmente, debátese sobre as posíbeis interpretacións que xurdisen, para acordar conxuntamente a mensaxe da canción. A súa duración está prevista nunha hora.
Quiero saber más
A través da lectura dun cómic, introdúcense os conceptos de participación social e campañas de sensibilización, e a súa utilidade para provocar mudanzas. O cómic simula unha conversa cotiá nun bar en torno dunha noticia que emite a televisión referente á situación de seca en que se encontra Etiopía. A partir desta noticia dáse a coñecer que Nestlé está a reclamar 6 millóns de dólares ao goberno etíope. Ao presentar está situación xérase un debate no bar que pretende ser unha introdución á reflexión que se debe dar no grupo. Tras a lectura individual do cómic, abrirase a reflexión sobre as preguntas lanzadas e da utilidade das campañas de mobilización. A súa duración está...
Quiero saber más
A partir da lectura e análise dun texto e de imaxes sobre o estalido social na Arxentina, preséntase a complexidade das causas da crise económica no país e móstrase este caso como exemplo dunha situación socioeconómica que fixo do troco unha forma de supervivencia para millóns de arxentinos e arxentinas. Tras a lectura do texto e a resposta das preguntas formuladas, proponse unha posta en común que axude a situar o tema. A súa duración está prevista nunha sesión dunha hora.
Quiero saber más