Catalán

A través dun estudo de caso, analázase un exemplo de comercio inxusto como é o dumping do arroz no Haití por parte dos Estados Unidos. Desta forma, ponse de manifesto a relación entre as regras do comercio coa suficiencia alimentaria dun país do Sur. Para iso, proponse a lectura e análise dunha ficha informativa sobre este caso. A actividade preséntase en dúas sesións dunha hora cada unha.
Quiero saber más
A partir da lectura e do comentario de textos económicos, introdúcese o tema do comercio internacional e as súas regras. O obxectivo principal é analizar o actual discurso sobre a liberalización do comercio e os seus supostos beneficios e oportunidades. Igualmente, quérese manifestar o desigual acceso aos mercados por parte dos países do Sur ou do Norte. Esta actividade está prevista para ser realizada nunha sesión dunha hora.
Quiero saber más
Este material ten como obxectivo reflexionar sobre as condicións laborais noutros países e sensibilizar fronte ás inxustizas do comercio internacional. Mediante a representación dunha obra, preténdese que o público tome parte nela e decida o seu desenvolvemento. A obra de teatro céntrase na temática dos dereitos laborais, aínda que isto non exclúe outros temas como a igualdade de xénero ou a inmigración e as súas consecuencias. Recoméndase destinar unha hora á preparación da actividade, 45 minutos para a posta en escena e media hora final de debate.
Quiero saber más
Mediante a lectura duns casos reais, preténdese introducir o comercio xusto como unha alternativa ao comercio convencional. Igualmente, quérese potenciar o consumo responsíbel e fomentar a participación dentro do sistema de comercio. Tras a lectura dos estudos de caso, reflexiónase sobre as vantaxes e inconvenientes deste tipo de comercio e lánzase a proposta de realizar unha acción de presión, a través da redacción e do envío de cartas a tendas e supermercados próximos, nas que se propoña ou reclame a venda de produtos de comercio xusto. Esta proposta está formulada para ter unha duración dunha hora.  
Quiero saber más
O obxectivo desta actividade é analizar os hábitos de consumo e establecer as necesidades básicas. Para iso, proponse facer un cálculo do gasto mensual de casa nunha táboa e reflexionar sobre as necesidades que cubrimos con el. Deste xeito, son traballados conceptos como o consumo responsíbel ou o consumismo. Esta proposta está formulada para ter unha duración dunha hora.
Quiero saber más
Esta actividade proponse a partir dun cuestionario e a posterior lectura de recortes de prensa. Ambas as propostas van permitirnos reflexionar sobre sistemas alternativos de troco en que non intervén o diñeiro. O cuestionario introduce de forma xeral conceptos como o valor do diñeiro, a súa utilidade e a súa necesidade. Posteriormente, proponse un debate para debater en grupo os temas tratados. A súa duración está prevista nunha hora.
Quiero saber más
Nesta actividade son analizadas noticias da prensa para mostrar a realidade que se agocha tras as propostas de condonación da dúbeda externa dos Países en Desenvolvemento (PED). O seu obxectivo é pór de manifesto que a condonación da dúbeda é un tema de vontade política. A actividade ten unha duración prevista dunha hora, na que se traballarán conceptos chave de economía como condonación da dúbeda, dúbeda multilateral, Planos de Axuste Estrutural, etc.
Quiero saber más
Esta actividade consiste nun xogo de rol e nun debate sobre a condonación da dúbeda dos Países En Desenvolvemento (PED). O obxectivo é fomentar unha reflexión a fondo sobre a xustiza e a necesidade da anulación da dúbeda externa dos PED e pór en evidencia que a condonación da dúbeda é un tema de vontade política. Para iso, son fornecidos números que demostran a viabilidade económica de referida cancelación.  A dinámica consiste en dividir o grupo en dous subgrupos, un a favor da cancelación e o outro en contra. Ao finalizar o debate, contaranse os participantes que “muden a súa opinión” con relación á pregunta do inicio tras ter ouvido...
Quiero saber más
O obxectivo desta actividade é coñecer cómo evolucionou a dúbeda externa dos Países en Desenvolvemento (PED), analizar as causas que a xeraron e cómo son os mecanismos que provocan o seu aumento. Para iso, será lidos e analizados o texto e os cómics sobre a orixe e as consecuencias da dúbeda externa, e serán comentadas oralmente e por escrito as repercusións que a dúbeda externa ten para os PED. A duración desta actividade está prevista en días horas.
Quiero saber más
A partir da táboa do índice de Desenvolvemento Humano (IDH) e cun mapa dos Países Pobres Altamente Endebedados (PPAE), proponse deducir a relación entre a pobreza e o nivel de endebedamento externo. Nun primeiro lugar, serán observados e analizados os datos do IDH en grupos de 3 ou 4 persoas. Despois, situaranse no planisferio os 42 PPAE e serán postos en relación coa información anterior. Finalmente, serán redactadas as conclusións en pequenos grupos e serán postas en común. A duración aproximada desta actividade é dunha hora.
Quiero saber más