Esta actividade està pensada para realizarse nun espazo aberto como o patio. Trátase na realidade de dous xogos diferentes, “De gota en gota” e “Gotas de auga para África”. Ao final de cada xogo, debe dedicarse un tempo para o debate e a reflexión. Para poder ser realizado, é necesario dispor de materiais como cartolinas, papel de embalar e recipientes diversos como cubos, vasos e barrenos. A súa duración está prevista de hora e media a 2 horas. O obxectivo desta actividade é sensibilizar sobre a importancia da auga e mostrar as diferenzas que existen no mundo con relación a este recurso. Igualmente, preténdese favorecer condutas de consumo sustentíbel e...
Quiero saber más
O obxectivo desta actividade é sensibilizar sobre a importancia da auga e mostrar as diferenzas que existen no mundo con relación a este recurso. A través da historia de Noaga, de Burkina Faso, o alumnado achágase a unha realidade diferente. Desta forma, preténdese favorecer condutas de consumo sustentíbel e fomentar valores de corresponsabilidade. Igualmente, é analizado o noso consumo de auga e son introducidos conceptos como auga potábel e escaseza. Para traballar todos estes conceptos, proponse o uso de debuxos, fotografías, e a explicación dunha historia.
Quiero saber más
Este caderno presenta a Sofía, unha nena de Mozambique, que nos achega á situación que vive o seu país e ás consecuencias que ten para a poboación civil o uso das armas, máis especificamente das minas antipersoa. A biografía e as fotografías de Sofía achegarannos aos seus sonos e á súa realidade e permitirán ao alumnado coñecer a situación do seu país. Este material pretende valorizar a paz e a xustiza social como dereitos fundamentais de todos os seres humanos. A partir dun xogo de rol, e de outros exemplos simulados, os nenos e nenas achegaranse ás distintas formas e actitudes na hora de afrontar un conflito. E xogarán a...
Quiero saber más
Este caderno presenta a Roberto, un neno de Angola, que introduce o alumnado na realidade do seu país e nas consecuencias da guerra que se viviu e que aínda perduran. Esta proposta ten como obxectivo que o alumnado coñeza as consecuencias que produce o comercio de armas, concretamente o das minas antipersoa, e as repercusións sufridas por millóns de persoas en todo o mundo. A través da análise de debuxos de nenos e nenas implicados no conflito dos Balcáns, serán traballados os sentimentos e sensacións que a guerra nos esperta. Este material pretende, igualmente, valorizar a paz e a xustiza social como dereitos fundamentais de todos os seres humanos e...
Quiero saber más
A partir da historia de Rosalina, preténdese que os nenos e nenas entendan o que hai detrás dunha situación de conflito e se potencie o seu interese por coñecer experiencias de vida distintas á súa. Este caderno narra as vivencias e sentimentos de Rosalina, unha nena que se ve forzada a fuxir de xeito precipitado da súa casa por causa dun conflito armado. Ao final da historia está explícita a esperanza e o desexo que non se volvan repetir nunca conflitos deste tipo. O caderno propón dúas tarefas en paralelo: por un lado, móstrannos a historia da protagonista e, polo outro, nos presentan unha serie de actividades que nos permiten...
Quiero saber más
Este documento recolle a proposta feita por Intermón Oxfam sobre os contidos como compoñentes da disciplina de Educación para a Cidadanía durante o proceso do seu deseño. Estas contribucións basánse na convicción de que a revisión do currículo e a súa impregnación desde a perspectiva da cidadanía global son imprescindíbeis para asegurar que o espazo-tempo dedicado á disciplina teña resultados efectivos no cadro educativo.
Quiero saber más
A partir do texto “A realidade dos números” traballaranse aspectos relacionados co acceso aos medicamentos, o dereito á saúde e o dereito á propiedade. Proponse unha primeira lectura individual da información, para debater despois en grupos pequenos os gráficos e datos estatísticos e acabar finalmente cun debate conxunto sobre o dilema entre os dereitos de propiedade e o acceso á saúde. A súa duración está prevista nunha hora.
Quiero saber más
Mediante información sobre o virus H5N1, fornecese ao alumnado información sobre a problemática do acceso aos medicamentos. O seu obxectivo é que os alumnos e alumnas constrúan as súas propias opinións sobre o tema ao poder contrastar a información recibida coa que lle chega a través dos medios de comunicación. Esta actividade pretende recoñecer a importancia do acceso universal aos medicamentos e identificar os mecanismos e os actores que llo impiden. Igualmente, abre o debate sobre o dilema entre o dereito de propiedade e o de acceso aos medicamentos como parte integrante do dereito humano universal á saúde. A súa duración está prevista nunha hora.
Quiero saber más
Mediante a lectura de textos e gráficos que poñen de manifesto a escaseza da auga e os problemas asociados á súa xestión, coñeceranse outros casos de privatización doutros recursos e porase sobre a mesa a problemática que implica a falta de recursos tan esenciais como a auga, ou o seu control por parte de empresas privadas. Para acabar, informarase sobre movementos sociais que conseguiron acabar con situacións de inxustiza, como un exemplo de mobilización social. A súa duración está prevista en dúas horas.
Quiero saber más
A partir dun còmic e ad lectura de textos, coñecerase o perigo da perda da soberanía alimentaria. A partir da lectura de dous textos, o primeiro da FAO sobre biotecnoloxía e o segundo sobre o caso dun agricultor canadense e os seus problemas coa multinacional Monsanto, elaboraranse hipóteses sobre os intereses das multinacionais e sobre as consecuencias para os agricultores. Os datos fornecidos abren o debate sobre se este tipo de cultivos pode ser unha resposta és necesidades alimentarias dos máis pobres. A súa duración está prevista en como mínimo dúas horas.
Quiero saber más