O obxectivo principal deste Global express é recoñecer os dereitos socia¬is básicos como elementos necesarios para loitar contra a pobreza e a desigualdade, entender cómo un sistema fiscal xusto pode contribuír para que non se desmantele o sistema de dereitos, e reflexionar sobre o papel da cidadanía organizada para contribuír para a mudanza social. Durante a proposta, será utilizados numerosos conceptos relacionados cos dereitos sociais: Estado do benestar, democracia, fiscalidade, movementos sociais, economía neoliberal, leis hipotecarias... Propóñense diferentes metodoloxías en cada actividade (análise de gráficos, debates, xogos, procura de información na Internet,...), para dar resposta á diversidade de aprendizaxe e motivacións do noso grupo. Ademais de poder traballar toda a...
Quiero saber más
Con esta publicación, o autor achéganos ao traballo cotiá da Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global (ECG) en Málaga. Nela, desenvólvese o proxecto de autoformación e sistematización de experiencias educativas durante o período 2010 – 2012. Este consta de tres partes: 1) Fundamentos da educación para a cidadanía global e o docente como axente de mudanza; 2) Presentación da rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global, o modelo organizativo e a súa concreción no ámbito territorial; 3) Presentación das docentes que forman o grupo de Málaga, a súa organización, forma de traballo e impacto no ámbito educativo. Isto é, tórnase visíbel o quefacer diario das...
Quiero saber más
Con esta publicación, o autor achéganos ao traballo cotiá da Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global (ECG) en Málaga. Nela, desenvólvese o proxecto de autoformación e sistematización de experiencias educativas durante o período 2010 – 2012. Este consta de tres partes: 1) Fundamentos da educación para a cidadanía global e o docente como axente de mudanza; 2) Presentación da rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global, o modelo organizativo e a súa concreción no ámbito territorial; 3) Presentación das docentes que forman o grupo de Málaga, a súa organización, forma de traballo e impacto no ámbito educativo. Isto é, tórnase visíbel o quefacer diario das...
Quiero saber más
Dentro do sistema educativo hai alumnos e alumnas que teñen un baixo rendemento académico e algunhas dificultades para cumprir os obxectivos da súa etapa formativa. En moitos casos, estas dificultades están relacionadas con deficiencias en varias actitudes e habilidades básicas: atención, intelixencia emocional, motivación, perseveranza e técnicas de estudo. Atrévete a aprender! Habilidades e técnicas que te axudarán a gozar do teu paso pola ESO e polo Bacharelato, axudará o alumnado da ESO e Bacharelato a optimizar os seus procesos de aprendizaxe. Para iso, o autor seleccionou unha serie de actitudes, habilidades e técnicas que aborda nos seguintes bloques de contido: 1) Condicións básicas: trátanse a atención plena, a intelixencia emocional, o interese...
Quiero saber más
Nos tempos que corren, o debate político sobre a educación céntrase e se caldea en torno á cidadanía. Mentres abundan os argumentos dun e doutro lado, as persoas que temos a responsabilidade de ensinar continuamos a nos preguntar qué cidadanía estamos a axudar a construír desde a escola. Pretendemos educar para a vida e educar para un mundo en que nada nos sexa alleo. Iso obríganos a repensar o mundo da escola. Partindo da necesidade dun novo modelo educativo humanista e global, este libro ofrécenos unha ollada cosmopolita, emancipadora, crítica, participativa, democrática, construtiva, reflexiva, dialóxica e, sobre todo, transformadora. Dunha maneira rigorosa, didáctica e comprensíbel, este libro formúlanos un diagnóstico,...
Quiero saber más
Velaquí un verdadeiro regalo, obviamente non consumista e duplo, porque nos pretende instruír nos contidos e deleitarnos nas formas. E non porque sexa un libro compracente; resulta máis ben inquietante, mais escrito con total afecto polas persoas, a sociedade e a natureza. As reflexións críticas parten dunha afirmación básica: a cidade converteuse en mercado, e o cidadán en consumidor. Desde esta perspectiva abundan as propostas para abordar un consumo compartido, fortalecedor das capacidades humanas, responsábel socialmente e sustentábel. A realidade actual transforma o texto, xa por si útil, nun vademecum dos novos camiños que, neste ámbito, deberían ser tomados para que a crise, tamén oportunidade, frutificase nunha transformación da economía...
Quiero saber más
Para construír unha corrente de cidadanía global, responsábel coa humanidade e co planeta, é preciso asentar os fundamentos desde a escola. Quen cultivamos esa convicción no día a día das aulas sabemos que non é fácil. Mais o mundo en que vivimos nos enfronta a desafíos que, como a pobreza ou a mudanza climática, non poden continuar a esperar. O sistema de educación actual ofrece escasas respostas. Necesitamos un novo modelo educativo, humanista, baseado no diálogo e na convivencia, que constrúa a escola-comunidade, preocupada pola xustiza, aberta ao contorno e ao mundo. O gran desafío reside en construír unha educación para “ser” e para transformar. Pistas para mudar a escola recolle...
Quiero saber más
Este Global express explica cómo funciona o noso sistema alimentario, que fai que mil millóns de persoas pasen fame, mentres máis da metade dos habitantes dos países industrializados ten exceso de peso. Ofrece propostas para traballar na aula a forma en como facer fronte a esta inxustiza mediante os hábitos e as prácticas de consumo. A metodoloxía proposta baséase na investigación-acción, a partir dun traballo en grupos e unha análise conxunta das conclusións. Após unha investigación inicial da nosa cesta da compra, e para abordar todos os elementos que entran en xogo no sistema alimentario (que son moitos e moi amplos), esta proposta presenta cinco investigacións distintas, para que en grupos levemos...
Quiero saber más
Do 6 ao 8 de xullo de 2012, foi realizado en Los Negrales (Madrid) el V Seminario “Educar para unha cidadanía global”, organizado pola Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global, e que reuniu unha centena de persoas procedentes de varios puntos de España. Ao longo de tres días, os e as participantes trocaron puntos de vista e compartiron experiencias educativas, co obxectivo de fortalecer e consolidar a Rede como un espazo de encontro e de traballo cooperativo. A organización do Seminario foi feita a partir dun proceso participativo, liderado por unha comisión de educadores e educadoras das redes territoriais, e no que participaron de forma directa máis...
Quiero saber más
Esta publicación parte dun proceso de investigación-acción participativa desenvolvido no seo da comisión estratéxica e da Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global. A pregunta que guía este proceso é: que prácticas debe ter un centro educativo para ser xerador de transformación social en chave de cidadanía global? Baseándose no modelo de Educación para unha cidadanía global da Rede e Intermón Oxfam, esta publicación recolle e dialoga criticamente con outros modelos educativos que entroncan parcial ou totalmente con este ideal transformador, e concreta itinerarios transformadores viábeis a partir de prácticas a tres niveis: prácticas docentes (ámbito do ensino-aprendizaxe), organizativas (ámbito de organización e relacións), e políticas (ámbito do...
Quiero saber más