Protozoos insubmisos. Cidadanía e consumo responsable

Buscador de recursos

Protozoos insubmisos. Cidadanía e consumo responsable

Autoría: Araceli Caballero
Data: 2013
Temática: 
Tipoloxía de recurso: Libros, artigos e informes
Público destinatario: Educadores e educadores
Idioma: Castelán, Catalán
Descrición:

Velaquí un verdadeiro regalo, obviamente non consumista e duplo, porque nos pretende instruír nos contidos e deleitarnos nas formas. E non porque sexa un libro compracente; resulta máis ben inquietante, mais escrito con total afecto polas persoas, a sociedade e a natureza.

As reflexións críticas parten dunha afirmación básica: a cidade converteuse en mercado, e o cidadán en consumidor. Desde esta perspectiva abundan as propostas para abordar un consumo compartido, fortalecedor das capacidades humanas, responsábel socialmente e sustentábel.

A realidade actual transforma o texto, xa por si útil, nun vademecum dos novos camiños que, neste ámbito, deberían ser tomados para que a crise, tamén oportunidade, frutificase nunha transformación da economía cara aquilo que constitúe a súa única esencia: a satisfacción das necesidades de toda a poboación humana.

Farán falta moitos ensaios coma este para que, non tan só no consumo, senón tamén na produción, na distribución, nas finanzas, na res pública, nos centros educativos, nos medios de comunicación e nas valoracións éticas, aparezan moitos protozoos insubmisos.

(Do prólogo de Arcadi Oliveres)

Observacións:
COLECCIÓN CIDADANÍA GLOBAL A cidadanía global é unha corrente social que impulsa un novo modelo de cidadanía comprometido activamente na consecución dun mundo máis equitativo e sustentábel. Desde esta perspectiva, a Educación para a cidadanía global aposta polo respecto e pola valoración da diversidade, a defensa do medio ambiente, o consumo responsábel e o respecto polos dereitos humanos individuais e sociais. Neste contexto, a colección Cidadanía Global de Intermón Oxfam ten como obxectivo proporcionar ferramentas teóricas e prácticas que potencien o diálogo, a participación, a corresponsabilidade e o compromiso transformador nas nosas escolas e na sociedade. Ofrece as súas publicacións a través de dúas liñas complementarias, Saberes e Propostas. Saberes agrupa textos que ofrecen contribucións e alternativas teóricas vinculadas aos temas de cidadanía global. Propostas é un conxunto de manuais pedagóxicos e divulgativos dirixidos a facilitar a apropiación e a posta en práctica de estratexias para a construción desta cidadanía global.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre la Red de educadores y educadoras para una ciudadanía gloabal, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.