Baixo o nome de “Castelos de area”, este Global express pretende xerar o debate e a reflexión entre os alumnos e as alumnas ao redor da crise económica global. A proposta de actividades para a aula é formulada desde o concreto para terminar cunha visión global. A primeira actividade proposta pretende abordar o tema desde a vertente socioafectiva, para nas seguintes abordar o traballo sobre o concepto de crise e as súas causas a partir da análise de noticias aparecidas en distintos medios de comunicación. Despois, a través da análise de datos e dun cómic, traballarase sobre as consecuencias desta crise, partindo do contorno máis próximo para terminar abordando as...
Quiero saber más
Mediante a simulación dunha incidencia ocorrida nun Instituto, son analizados os diferentes aspectos presentes nun conflito, apuntando e diferenciando os aspectos referidos a: persoas, proceso e problema. O obxectivo básico é aprender a buscar o problema oculto que xera un conflito e fomentar a creatividade e a imaxinación no momento de procurar solucións. Escolleranse cinco persoas para representar os personaxes implicados no incidente e o resto do grupo fará parte da comisión de disciplina. Despois, darase paso é imulación e buscaranse solucións ao conflito xerado. Finalmente, será avaliado colectivamente o desenvolvemento da actividade. Recoméndase realizala nunha sesión de déas horas.
Quiero saber más
O obxectivo básico desta actividade é apuntar as diferenzas entre conflito e violencia, e destacar a perspectiva positiva do conflito, así como algunhas das ferramentas que temos para a súa resolución. Proponse como actividade ler, unir e comentar frases que se corresponden con diferentes conceptos sobre conflitos e violencia. Esta metodoloxía fomenta o debate e tenta facer xurdir opinións diversas, todo iso coa finalidade de valorizar positivamente a confrontación de ideas. A duración prevista é dunha hora.
Quiero saber más
Esta actividade consiste na visualización e comentario do filme Ciudad de Dios, de Fernando Meirelles. Antes de proceder a ver o filme, son distribuídas follas en branco a cada persoa do grupo para apuntar aquelas imaxes, datos, etc. que crean que son xeradores ou multiplicadores da violencia. Despois da proxección, faise unha chuvia de ideas e recóllense todas as contribucións. A actividade ten como obxectivo analizar as causas do uso das armas e da cultura da violencia e descubrir as súas consecuencias. Ofrécese información complementaria sobre a situación no Brasil. Recoméndase destinar a esta actividade unha sesión de como mínimo dúas horas.
Quiero saber más
A través da simulación dunha situación conflitiva, preséntanse diferentes opcións para solucionala. Tres personaxes representan un guión, que deberá dar lugar a un debate sobre as diferentes opcións tomadas. Esta actividade non pretende solucionar un conflito, nin tampouco dar as pautas para resolvelo. Unicamente quere indicar as diferentes actitudes que pode tomar unha persoa perante un problema. A través dos protagonistas da obra e das súas reflexións ao teren un accidente, van sendo vistas diferentes posturas para enfrontar unha situación conflitiva e reflexiónase sobre a propia actitude fronte aos problemas. Esta actividade está prevista para ser realizada nunha sesión de dúas horas.
Quiero saber más
Trátase dun xogo de rol en que se representará unha situación hipotética mais habitual que provocará o debate entre uns personaxes. Estes personaxes deberán chegar a un acordo, no que ofrecerán unha definición do problema e propostas de solución. O xogo quere simular un proceso de mediación de conflitos no que un mediador (o animador do xogo) dirixirá a procura dun acordo entre as partes. O obxectivo desta actividade é adquirir habilidades para o debate e a resolución pacífica de conflitos. Para iso, débese argumentar e xustificar unha postura de acordo co rol ou personaxe, experimentar, e vivir de forma simulada sentimentos e situacións reais e buscar solucións. A actividade termina cunha...
Quiero saber más
A través do texto sobre a Comunidade de Paz de San José de Apartado, en Colombia, dáse a coñecer unha iniciativa de construción de paz. Este exemplo mostra unha alternativa non violenta ao sistema de vida que invade un país inmerso nun conflito de longa duración. Para contextualizar esta iniciativa, xúntase un documento sobre a situación en Colombia, que axudaría valorizar a importancia e a dificultade desta iniciativa. A partir do que explica o texto e das preguntas formuladas na primeira parte do cuestionario, traballaranse conceptos como resistencia civil non violenta, neutralidade e dignidade. Na segunda parte do cuestionario, proponse dar un salto á nosa propia realidade e á nosas actitudes en...
Quiero saber más
A partir do comentario dunhas viñetas de xornal, proponse reflexionar sobre a lei do máis forte e o abuso da forza entre iguais. Ten como obxectivo analizar o uso da forza nas relacións interpersoais entre iguais e facer unha crítica ao concepto da lei do máis forte. Esta actividade proponse como conclusión de “A Guerra preventiva” que encontrarás tamén en Kaidara. Está prevista para poder ser realizada nunha hora de duración.
Quiero saber más
A partir da guerra do Iraq, esta actividade pretende reflexionar sobre a doutrina de seguridade dos EUA e reflexionar de xeito crítico sobre o concepto de “guerra preventiva”. Para iso, proponse a lectura e comentario de unhas viñetas de xornal. Recoméndase realizar unha actividade previa titulada Escolle qué país invadirías, incluída neste material, e ler o texto a doutrina da guerra preventiva. Por ultimo, a observación e comentario das viñetas de Enrique Ventura e Toni Coromina deben levar á reflexión sobre as razóns non declaradas que levaron á guerra do Iraq. Proponse como conclusión da actividade, a realización da actividade “A lei do máis forte”, que encontrarás tamén en Kaidara.
Quiero saber más
Trátase dunha proposta educativa para traballar as causas e as consecuencias do terremoto que afectou Haití en xaneiro de 2010. A partir de páxinas web, artigos e viñetas gráficas, veremos as causas que provocan un terremoto e a súa relación con outros fenómenos naturais, obteremos unha visión máis ampla do Haití, reflexionaremos sobre a relación entre as consecuencias dunha catástrofe e a pobreza e analizaremos o papel dos medios de comunicación. Este material tamén nos propón un xogo de simulación que nos permitirá reflexionar sobre os tipos de axuda que se activan para facer fronte a un desastre e, finalmente, convídanos a nos preguntar sobre qué accións, individuais e colectivas, podemos levar...
Quiero saber más