Comunidades de paz

Buscador de recursos

Comunidades de paz

Autoría: Montse López, Vanessa Quintana, Gaspar Tarrida
Data: 2004
Temática: , ,
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 12 a 14 anos, 14 a 16 anos, Máis vello de 16 anos
Idioma: Castelán, Catalán
Descrición:

A través do texto sobre a Comunidade de Paz de San José de Apartado, en Colombia, dáse a coñecer unha iniciativa de construción de paz. Este exemplo mostra unha alternativa non violenta ao sistema de vida que invade un país inmerso nun conflito de longa duración. Para contextualizar esta iniciativa, xúntase un documento sobre a situación en Colombia, que axudaría valorizar a importancia e a dificultade desta iniciativa.

A partir do que explica o texto e das preguntas formuladas na primeira parte do cuestionario, traballaranse conceptos como resistencia civil non violenta, neutralidade e dignidade. Na segunda parte do cuestionario, proponse dar un salto á nosa propia realidade e á nosas actitudes en torno da construción de paz.

A realización desta actividade estáprevista nunha hora.

Observacións:
Esta actividade fai parte da carpeta de recursos Móvete. Armas baixo Control, incluída na maleta pedagóxica Armas baixo Control, que ofrece tamén outros materiais e actividades relacionados co tema.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre nuestras actividades y propuestas educativas, déjanos tus datos: