Educadores e educadores

Esta é a experiencia dun grupo de traballo formado por profesorado e membros do equipo educativo de Intermón Oxfam de Madrid, cuxo obxectivo é elaborar a programación das materias de Xeografía Econòmica de 4.º da ESO e Ciencias da Terra, de 2.º do Bacharelato, desde a perspectiva da Educación para unha cidadanía global Esta experiencia nace da necesidade de crear unha programación en que o alumnado sexa protagonista do seu propio proceso de aprendizaxe, a través do uso das fontes tradicionais de información e das tecnoloxias da información e da comunicación.
Quiero saber más
Esta práctica é unha experiencia de proxecto de ciclo, concretamente do primeiro ciclo da ESO para traballar a Educación para unha cidadanía global, en materias optativas en 1.º e 2.º, e nunha obrigatoria, en 3.º, á marxe da materia de Educación para a Cidadanía. Os obxectivos que foron propostos ao levar a cabo esta experiencia foron a asimilación de contidos próximos ou compartidos coa materia de Ciencias Sociais, o traballo das competencias de tipo social e de análise e a concienciación e posicionamento persoal fronte a situacións de inxustiza social.
Quiero saber más
Esta experiencia desenvólvese no ámbito do DENIP (Día Escolar da Non-violencia e da Paz). Trátase dun proxecto de centro para traballar, no cadro desta celebración, a temática da convivencia, co obxectivo de fomentar a educación en e para a concordia, participar na vida activa da escola,é dar cohesión ao grupo, desenvolver competencias persoais, como a reflexión e a capacidade de análise de conflitos, e avaliar a diferenza como elemento enriquecedor. Nun primeiro momento, en reunión de aula, foron seleccionados os temas. Posteriormente, foi elaborado un mapa mural cos conflitos do mundo e foron identificados de forma individual cun cidadán ou cidadá dalgún destes países. Este exercicio foi complementado con varias actividades,...
Quiero saber más
Esta práctica proponnos cómo traballar, a partir dos proxectos de Aprendizaxe e Servizo (ApS), a participación no municipio co alumnado de 4.º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). O traballo desenvolveuse desde catro ámbitos: creación e funcionamento dun casal de mozos, creación dunha radio municipal, unha comisión de solidariedade e desenvolvemento no IES e unha “colla de diables” (grupo cultural que participa das tradicións folclóricas de Cataluña vinculadas co lume e os “correfocs”). Os obxectivos propostos foron traballar co alumnado a autonomía, a responsabilidade, a solidariedade, o autocoñecemento e a tolerancia, a partir dun traballo de campo co tema da participación, vinculando teoría (reflexionando) e práctica (levar adiante proxectos de solidariedade co pobo...
Quiero saber más
Esta experiencia foi levada a cabo no CEIP Plácido Fleitas (Telde, Gran Canaria) e é un proxecto de centro para sensibilizar o alumnado, profesorado e familias sobre a situación da pobreza no mundo, buscando causas e consecuencias e fomentando un compromiso perante esa realidade. Foron realizados uns obradoiros co obxectivo de formar, reflexionar e traballar o compromiso individual, destinados ao alumnado e aos pais e nais, e organizado desde o claustro de profesorado, co apoio do equipo educativo de Intermón Oxfam. O traballou culminou cun acto de mobilización social para concienciar sobre o tema da pobreza os cidadáns e cidadás de Telde, así como espertar nos alumnos e alumnas xestos...
Quiero saber más
Esta experiencia foi impulsada polo equipo directivo do IES Gerena, en Sevilla, co obxectivo de conseguir unha proxección do centro educativo e da súa actividade para coa comunidade. Para atinxir este obxectivo, foi organizado un ciclo de conferencias cunha periodicidade bimestral ou trimestral. A dirección do centro convidaba o profesorado do centro educativo, o da escola de Primaria da localidade, os pais e as nais mediante cartas, SMS e publicidade na TV Local. Como resultado disto, foi constituído un grupo moi variado: profesores, pais e nais e persoas vinculadas ao movemento asociativo. Por outro lado, nas conversas participaron inmigrantes (na conversa sobre inmigración e escola) e estudosos da arte (na celebrada...
Quiero saber más
Esta experiencia é levada a cabo por un grupo de traballo de profesoras de Málaga e o responsábel de educación de Andalucía e Canarias de Intermón Oxfam, que impulsaron un proxecto de autoformación que consistiu na lectura e posta en común da bibliografía de Paulo Freire, a fin de levar á nosa práctica educativa o pensamento e a idea do autor de que “outra escola é posíbel”. Esta actividade encádrase dentro da formación do profesorado en Andalucía, en concreto dentro do Centro de Formación do Profesorado José Rodríguez Galán de Antequera. Despois de ter distribuído os diferentes libros, foron sendo presentados en sesións mensuais, con criterio cronolóxico. A ficha de lectura recolle,...
Quiero saber más
A experiencia pretende unha primeira aproximación á sistematización como metodoloxía que nos permite reflexionar sobre a práctica educativa desde a abordaxe de ECG, ao tempo que iniciar procesos de construción grupal e continuar a consolidar a Rede en PVCANT. No proceso, participaron 8 profesores e profesoras; cada cal contribuíu cunha experiencia educativa –posta en práctica por eles e elas- para ser sistematizada en diálogo co cadro teórico da ECG. O grupo destácase pola súa riqueza pela diversidade de áreas, niveis, territorios e ámbitos educativos dos cales proceden (da educación informal a distintos niveis da educación formal pertencentes a escolas rurais e urbanas, públicas e concertadas, así como experiencias en centros...
Quiero saber más
Esta experiencia céntrase no traballo sobre conceptos chave da educación intercultural. Nun primeiro momento, os alumnos e alumnas deben buscar as definicións dalgúns destes conceptos (por exemplo: cultura, conflito étnico, dereitos humanos, convivencia, multiculturalismo, paz, xenofobia,…) en grupos de dous ou tres. Deben aplicar a definición en dúas ou tres frases célebres relacionadas. Na seguinte fase, o alumnado busca imaxes relacionadas cos conceptos escollidos e prepara dúas actividades e xogos que permitan traballalos. Finalmente, os grupos comparten o traballo realizado e lévanse a cabo as actividades con alumnado doutros países que participaron no encontro.
Quiero saber más
Esta práctica pretende potenciar a educación para unha cidadanía global a través da promoción dun currículo máis integrado e democrático e unha escola máis participativa e ética. O seu obxectivo principal é que a escola actúe como unha auténtica comunidade educativa (unha escola que aprende): construíndo estruturas e procesos de participació n real (participación integrada escola-familias-axentes sociais) construíndo un currículo máis integrado e democrático; mellorando a convivencia; promovendo unha aprendizaxe dialóxica, cooperativa e solidaria e potenciando unha educación tamén ética. Comezou como un proxecto no Ciclo Inicial de Primaria da escola La Jotade Badia del Vallés (Barcelona), mais rapidamente observouse a necesidade de estendelo á escola completa, converténdose nun proxecto de centro.
Quiero saber más