Baseado na idea de que a axuda entre iguais é a mellor vía para conseguir a integración escolar e evitar o acoso escolar, proponse un programa en que o alumnado de 3.º da ESO se converte en titor/a dun ou dunha estudante de 1.º da ESO para servir como modelo positivo de referencia e de axuda en casos de conflito. O alumno ou a alumna de 3.º realiza unha formación inicial e unha serie de actividades de seguimento para favorecer esa relación e avaliar o proceso.
Quiero saber más
“Spot the difference”, en inglés, dá lugar a un xogo de palabras. Estudamos a linguaxe publicitaria e xeramos un anuncio transformador en favor dun consumo responsábel e sustentábel. Por un lado, é proposta a investigación sobre as diferenzas entre os hábitos de consumo dos mozos e mozas de diferentes cidades do mundo, o que nos permite analizar en qué medida son respostas a necesidades ou a desexos. Como produto final, que recolle o traballo realizado, proponse a elaboración dun anuncio publicitario transformador en favor dun consumo responsábel e sustentábel. Esta experiencia foi traballada con alumnado de 3.º da ESO –que participou previamente na edición de Conectando mundos– e desde as materias...
Quiero saber más
Este proxecto foi realizado nun grupo de 4.º da ESO na materia de inglés, coincidindo coa campaña electoral previa ás eleccións municipais de maio de 2015. Despois de ter traballado a proposta de Conectando mundos, espértase no alumnado a conciencia crítica sobre a situación social, económica e política actual, e a necesidade de transformala. Por iso, propónselle unha iniciativa para forneceren solucións concretas mediante o deseño dun partido político e a elaboración dun programa electoral con propostas sobre temas específicos. Para poder alcanzar eses obxectivos, é adoptada unha metodoloxía de aprendizaxe significativa, partindo da súa realidade máis concreta, “o centro educativo ideal”, para despois chegar a deseñar unha proposta política máis ampla...
Quiero saber más
Esta experiencia consistiu en dar un curso, en horario extraescolar, para reforzar habilidades psicolóxicas e técnicas de estudo entre os alumnos da ESO. O curso foi proposto como unha experiencia “piloto”, en que a asistencia era totalmente voluntaria. Os alumnos matriculados distribuíronse en dous grupos: un para alumnos do primeiro ciclo da ESO e outro para alumnos do segundo ciclo. A experiencia tivo unha duración de dous meses e decorreu no primeiro trimestre do curso académico 2013/2014. Con cada grupo dábase unha aula semanal, de modo que o curso foi bastante breve e condensado.
Quiero saber más
Conectando mundos é unha proposta educativa telemática que combina a actividade na aula e o traballo en rede entre alumnado de 6 a 17 anos (ESO e Bacharelato) de diferentes realidades xeográficas, culturais e sociais, e en que participan centros de todo o mundo. Está traducida para oito linguas. Esta iniciativa, que neste ano celebra a súa 13.ª edición, é levada a cabo por unha comisión da Rede de educadores e educadoras de Oxfam Intermón que cada curso escolar traballa cinco propostas didácticas para distintos niveis a partir dun tema escollido relacionado coa cidadanía global.
Quiero saber más
Preténdese desenvolver no alumnado estratexias para pór en marcha proxectos cooperativos e de emprendemento, facultándoo para a súa posterior integración social de xeito máis eficaz e satisfactorio, aproveitando as competencias básicas que integran o currículo cunha abordaxe globalizadora e integrada nas distintas áreas. Son promovidas condutas e actitudes de colaboración, coordinación, superación de conflitos e asunción de problemas e responsabilidades a través da adquisición de hábitos de comportamento autónomo, o desenvolvemento da capacidade de negociación, de asumir compromisos, de se involucrar en espazos de participación e do descubrimento do sistema cooperativo como ferramenta para a mellora da economía de mulleres, homes e familias de moitos países.
Quiero saber más
Esta actividade xorde co obxectivo de fomentar a participación activa do alumnado e conseguir un compromiso para a construción da cidadanía global, explorando as posibilidades da modelaxe e da construción en 3D. Os/as alumnos/as seleccionan unha palabra relacionada con cidadanía global con que se sintan identificados (participación, compromiso, xustiza social, etc.). A partir destas palabras e da súa reflexión, os/as alumnos/as crean un poema ou a letra dunha canción, e transforman o poema ou a canción nun deseño impreso en 3D.
Quiero saber más
Esta actividade xorde a partir do traballo feito con dúas aulas de nenos e nenas de 4 anos dentro da proposta Conectando mundos 2014-2015, co título “Cando os dereitos se frustran”, que aborda os dereitos sociais básicos. Neste cadro, descubrimos tamén o dereito de toda persoa a ter unha identidade propia e plural, que non implica excluír o diferente, senón aprender a sumar. É a lóxica da diferenza inclusiva: coñecer a diversidade para, a partir dela, realizar a unidade (mudanza necesaria e profunda da nosa sociedade). A realidade da aula proponnos o desafío de recoñecer a diversidade cultural, relixiosa e idiomática do alumnado, que se constitúe en punto inspirador para aprendermos...
Quiero saber más
Esta experiencia parte do conto “O príncipe feliz” para reflexionar sobre os estereotipos e a necesidade de abrir as olladas e a nosa empatía perante as situacións de inxustiza social. A partir do traballo previo á asistencia á obra de teatro, e da lectura dunha adaptación do conto “O príncipe feliz”, reflexionouse co alumnado sobre a mensaxe da historia e o paralelismo coa realidade na aula e na sociedade. Deste debate xurdiron distintos tipos de muros que separan a persoas e a sociedade (muros persoais, muros sociais, muros estruturais). Estas conclusións serviron para profundar posteriormente no tema dos fluxos migratorios: as causas económicas e as situacións “de inxustiza” que viven...
Quiero saber más
Educar para unha cidadanía global é educar cidadáns e cidadás conscientes da súa pertenza a unha comunidade local e global, e comprometidas activamente na construción dun mundo máis xusto e sustentábel. O obxectivo desta publicación é ofrecer un cadro constituído por un sistema de criterios orientadores que nos permitirán planificar e avaliar a nosa práctica educativa desde o punto de vista da Educación para unha cidadanía global. O texto divídese en tres capítulos: o primeiro explica cal é a lóxica global deste sistema de criterios, presentando os seus diferentes compoñentes (valores, resultados, metodoloxías, determinantes, etc.) desde un punto xeneralista e operativo. O segundo capítulo explica de forma práctica cal é a...
Quiero saber más