Esta práctica consiste nun traballo sobre coeducación no Centro de Primaria de Gines (Sevilla) realizado a partir da lectura e comentario de numerosos contos. Os libros, de contido coeducativo ou de educación para a convivencia e interculturalidade, foron distribuídos en tres gabetas (un por Ciclo) e foron programadas actividades para traballar con eles. Igualmente impregnan o conxunto de actividades que, en torno da Animación á lectura, se organizan no centro, ao longo de todo o curso e durante a Feira do Libro. Trátase dun proxecto conxunto do AMPA e do profesorado. Aproveitando o enorme potencial educativo dos contos, este proxecto quere poñer en cuestión os roles de xénero estereotipados en...
Quiero saber más
Este monográfico reflexiona sobre o concepto de traballo. A partir do máis próximo, o traballo propio e o dos membros da súa familia, os nenos e nenas toman conciencia do que se pode grazas ao traballo e do que este representa en relación ádignidade humana. A partir do testemuño de Momema, de Bangladesh, aproxímase da realidade das persoas e das familias que non poden cubrir as súas necesidades básicas ao perderen o seu traballo remunerado e pon sobre a mesa como moitas persoas de países do Sur non poden vivir dignamente do seu traballo a pesar das horas e esforzos que dedican. O material introduce tamén o concepto de mobilización, a...
Quiero saber más
Esta experiencia, levada a cabo en Portugal, é un proxecto interdisciplinar en que se implicou e participou o profesorado das áreas de Lingua Portuguesa, Estudo do Medio, Expresión Plástica e Dramática e Matemática. Os nenos e as nenas, coa orientación da titora del grupo, escribiron unha historia colectiva para abordar o dereito á nacionalidade, á diferenza, no cadro da Declaración dos Dereitos da Crianza. Con este proxecto, os nenos e as nenas compartían de forma oral e escrita as súas aprendizaxes, tornándoas accesíbeis a todos e todas as lectoras e ouvintes. O obxectivo final era ler a historia a un grupo dunha Escola Infantil do Agrupamento.
Quiero saber más
A partir da visualización dunha historia, o obxectivo deste material é que o alumnado tome un primeiro contacto coa problemática da pobreza e mergulle nela a través dalgunhas das súas principais temáticas. Por iso, introdécese o concepto de necesidades básicas, as causas da pobreza e todas as súas dimensións, a capacidade de empatía para afrontar formas de superar os obstáculos, a corresponsabilidade, o pensamento crítico e as accións para a mudanza, etc. Tamén se pretenden identificar diferentes tipos de pobreza e reflexionar acerca das súas consecuencias na vida das persoas. O vídeo permite relacionar a pobreza coa falta de acceso aos servizos de saúde e reflexionar acerca do papel da...
Quiero saber más
Trátase dunha gimcana sobre o problema da pobreza no mundo. A actividade está calculada entre 1 h 30 min e 2 h e recoméndase que o grupo non sexa superior aos 30 mozos e mozas. A través dos personaxes de Leo e o seus amigos, esta actividade pretende descubrir, de maneira lúdica e vivencial, as principais carencias que describen unha situación de pobreza absoluta. Igualmente, ten como obxectivo tomar conciencia da existencia desta realidade no mundo e mostrar unha actitude crítica a ese respecto. Por último, quere facer reflexionar tamén sobre o noso propio modelo económico e produtivo e sobre os estilos de vida propios, para conseguir fomentar actitudes de...
Quiero saber más
Este material reflexiona sobre cómo é o acceso á auga e a súa calidade nas diferentes partes do mundo. Comeza coa análise dun mapa que mostra a distribución da auga doce no mundo. A continuación, formúlase unha actividade para tomar conciencia sobre o consumo de auga en diferentes países e sobre as consecuencias que o noso consumo ten á escala mundial. Con estas actividades, o material pretende dar a coñecer as causas da escaseza de auga e reflexionar sobre as secas. Igualmente, quérese favorecer a aplicación de accións e condutas para un uso sustentíbel deste recurso e valores de corresponsabilidade.
Quiero saber más
A través das personaxes de Bety do Perú, Hanna da Etiopía e Frank de España, este material pretende reflexionar sobre cómo é o acceso á auga e a súa calidade nas diferentes partes do mundo. Tamén formula as súas consecuencias para a saúde e a calidade de vida das persoas, co obxectivo de dar a coñecer as causas da escaseza de auga. Finalmente, a través destas actividades quérese favorecer a aplicación de accións e condutas para un uso sustentíbel deste recurso e valores de corresponsabilidade.
Quiero saber más
Este caderno presenta a Roberto, un neno de Angola, que introduce o alumnado na realidade do seu país e nas consecuencias da guerra que se viviu e que aínda perduran. Esta proposta ten como obxectivo que o alumnado coñeza as consecuencias que produce o comercio de armas, concretamente o das minas antipersoa, e as repercusións sufridas por millóns de persoas en todo o mundo. A través da análise de debuxos de nenos e nenas implicados no conflito dos Balcáns, serán traballados os sentimentos e sensacións que a guerra nos esperta. Este material pretende, igualmente, valorizar a paz e a xustiza social como dereitos fundamentais de todos os seres humanos e...
Quiero saber más
Esta unidade didáctica ten como obxectivo facer reflexionar en torno ao concepto de paz. A partir da lectura en común dunha fábula xaponesa, son propostas unhas dinámicas para analizar conxuntamente o texto. O material pretende facer tomar conciencia ao alumnado de que a paz se basea na confianza entre as persoas.
Quiero saber más
Trátase dunha unidade didáctica que a través de 4 actividades de aula acerca ao alumnado as nocións de paz e xestión de conflitos. A través de exemplos moi próximos, como unha pelexa no patio da escola, este material ten como obxectivo abordar a resolución de conflitos pola vía pacífica, pondo especial énfase nas normas de comunicación e na transformación de conflitos. Igualmente pretende, a través do debuxo, traballar os sentimentos que xeran nos máis pequenos a guerra e a paz.
Quiero saber más