Esta experiencia nace como parte do traballo da VII edición de Conectando mundos, concretamente na fase final, en que o alumnado quere dar a coñecer o traballo que fixeron e as conclusións a que chegaron coa colaboración do profesor de Plástica, decidiuse realizar un concurso de carteis publicitarios que sintetizaran o traballo realizado polos alumnos e alumnas na plataforma sobre migracións. O cartel vencedor pretendía tornar explícitas as diferentes actitudes mostradas para coas persoas inmigrantes (medo, burla, ira,…). O obxectivo era mellorar a súa acollida por parte dos habitantes da vila, así como provocar a reflexión acerca de que unha boa convivencia necesita dun esforzo mutuo por parte, tanto dos inmigrantes,...
Quiero saber más
Baixo o nome de “Castelos de area”, este Global express pretende xerar o debate e a reflexión entre os alumnos e as alumnas ao redor da crise económica global. A proposta de actividades para a aula é formulada desde o concreto para terminar cunha visión global. A primeira actividade proposta pretende abordar o tema desde a vertente socioafectiva, para nas seguintes abordar o traballo sobre o concepto de crise e as súas causas a partir da análise de noticias aparecidas en distintos medios de comunicación. Despois, a través da análise de datos e dun cómic, traballarase sobre as consecuencias desta crise, partindo do contorno máis próximo para terminar abordando as...
Quiero saber más
Esta unidade comeza coa visualización dun vídeo, “Puk e o muro”, que de forma simbólica nos convida a camiñar cara a unha convivencia máis pacífica e comprometida. Pretende mostrar a necesidade de manter unha actitude activa e responsíbel fronte a situacións de violencia e inxustiza como medio para garantir a paz. Tras o comentario do vídeo, proponse a análise de noticias que presentan situacións de violencia e inxustiza que impiden a construción dun mundo máis pacífico e xusto. A modo de conclusión, o alumnado é convidado a imaxinar solucións para fomentar unha cultura de paz.
Quiero saber más
A partir da visualización dunha historia, o obxectivo deste material é que o alumnado tome un primeiro contacto coa problemática da pobreza e mergulle nela a través dalgunhas das súas principais temáticas. Por iso, introdécese o concepto de necesidades básicas, as causas da pobreza e todas as súas dimensións, a capacidade de empatía para afrontar formas de superar os obstáculos, a corresponsabilidade, o pensamento crítico e as accións para a mudanza, etc. Tamén se pretenden identificar diferentes tipos de pobreza e reflexionar acerca das súas consecuencias na vida das persoas. O vídeo permite relacionar a pobreza coa falta de acceso aos servizos de saúde e reflexionar acerca do papel da...
Quiero saber más
Mediante a simulación dunha incidencia ocorrida nun Instituto, son analizados os diferentes aspectos presentes nun conflito, apuntando e diferenciando os aspectos referidos a: persoas, proceso e problema. O obxectivo básico é aprender a buscar o problema oculto que xera un conflito e fomentar a creatividade e a imaxinación no momento de procurar solucións. Escolleranse cinco persoas para representar os personaxes implicados no incidente e o resto do grupo fará parte da comisión de disciplina. Despois, darase paso é imulación e buscaranse solucións ao conflito xerado. Finalmente, será avaliado colectivamente o desenvolvemento da actividade. Recoméndase realizala nunha sesión de déas horas.
Quiero saber más
Este monográfico ten como obxectivo recoñecer a saúde como un dereito universal e os servizos sanitarios como un ben público global. Igualmente, establece a relación entre saúde e pobreza. A primeira actividade recoñece que detrás das doenzas hai persoas doentes. A continuación, proponse a análise duns gráficos e un mapa que mostran o acceso desigual á saúde e reflexionan sobre o concepto de doenzas esquecidas. A través dun xogo de rol, os alumnos e alumnas, divididos en grupos e convertidos en propietarios dunha empresa farmacéutica, deberán escoller entre unha serie de alternativas. O obxectivo é introducir o factor ético na produción e distribución de medicamentos. Por último, ábrese a reflexión sobre o uso...
Quiero saber más
O obxectivo básico desta actividade é apuntar as diferenzas entre conflito e violencia, e destacar a perspectiva positiva do conflito, así como algunhas das ferramentas que temos para a súa resolución. Proponse como actividade ler, unir e comentar frases que se corresponden con diferentes conceptos sobre conflitos e violencia. Esta metodoloxía fomenta o debate e tenta facer xurdir opinións diversas, todo iso coa finalidade de valorizar positivamente a confrontación de ideas. A duración prevista é dunha hora.
Quiero saber más
Esta actividade consiste na visualización e comentario do filme Ciudad de Dios, de Fernando Meirelles. Antes de proceder a ver o filme, son distribuídas follas en branco a cada persoa do grupo para apuntar aquelas imaxes, datos, etc. que crean que son xeradores ou multiplicadores da violencia. Despois da proxección, faise unha chuvia de ideas e recóllense todas as contribucións. A actividade ten como obxectivo analizar as causas do uso das armas e da cultura da violencia e descubrir as súas consecuencias. Ofrécese información complementaria sobre a situación no Brasil. Recoméndase destinar a esta actividade unha sesión de como mínimo dúas horas.
Quiero saber más
A través da simulación dunha situación conflitiva, preséntanse diferentes opcións para solucionala. Tres personaxes representan un guión, que deberá dar lugar a un debate sobre as diferentes opcións tomadas. Esta actividade non pretende solucionar un conflito, nin tampouco dar as pautas para resolvelo. Unicamente quere indicar as diferentes actitudes que pode tomar unha persoa perante un problema. A través dos protagonistas da obra e das súas reflexións ao teren un accidente, van sendo vistas diferentes posturas para enfrontar unha situación conflitiva e reflexiónase sobre a propia actitude fronte aos problemas. Esta actividade está prevista para ser realizada nunha sesión de dúas horas.
Quiero saber más
Trátase dun xogo de rol en que se representará unha situación hipotética mais habitual que provocará o debate entre uns personaxes. Estes personaxes deberán chegar a un acordo, no que ofrecerán unha definición do problema e propostas de solución. O xogo quere simular un proceso de mediación de conflitos no que un mediador (o animador do xogo) dirixirá a procura dun acordo entre as partes. O obxectivo desta actividade é adquirir habilidades para o debate e a resolución pacífica de conflitos. Para iso, débese argumentar e xustificar unha postura de acordo co rol ou personaxe, experimentar, e vivir de forma simulada sentimentos e situacións reais e buscar solucións. A actividade termina cunha...
Quiero saber más