Esta experiencia consiste na aplicación dos contidos da Educación para a Cidadanía Global (ECG) nas aulas de acollida do IES Santa Eugenia de Xirona. As aulas de acollida, que son percibidas só como recursos para a acollida lingüística do alumnado inmigrante, son espazos privilexiados desde os cales poden ser postas en práctica as propostas da ECG. Esta práctica educativa na aula de acollida xurde no contexto do curso organizado por Intermón Oxfam “Educar para unha cidadanía global”, que se desenvolveu de xaneiro a xuño de 2007. Na parte práctica, é levada a cabo cos alumnos e alumnas da aula de acollida, uns 50 mozos procedentes de 17 nacionalidades distintas. O...
Quiero saber más
Esta práctica educativa desenvolvida no Centro Técnico San Ignacio, El Negrito, Yoro (Honduras) consiste no coñecemento de cómo afecta o noso quefacer na deterioración do Planeta. Desenvolveuse mediante a execución de diversas actividades para crear unha mudanza de comportamento ambiental nos mozos e na comunidade. Naceu a partir da participación no programa Conectando Mundos 2008 sobre a mudanza climática por parte de 31 estudantes do terceiro ano de ciclo común. A práctica desenvolveuse a través da investigación, o diálogo, as entrevistas e o traballo en grupo, tanto na aula como na comunidade. Todo o aprendido foi exposto ao resto do alumnado mediante charlas e presentacións audiovisuais. Igualmente, participouse nun programa...
Quiero saber más
Baixo o nome “A rebelión das prazas”, este Global express recolle información e axuda a analizar as mobilizacións cidadás que, en diversos puntos del mundo, reclaman xustiza, dereitos civís e unha democracia realmente participativa. A proposta de actividades para a aula comeza cunha actividade inicial en que unhas imaxes convidan o alumnado a reflexionar sobre os eventos, situacións, etc. que provocan que as persoas se mobilicen. Esta actividade sérvenos como punto de partida para traballar os catro bloques en que se estruturan as actividades. O primeiro bloque aborda o concepto de “indignación”, para entender o que significa e compartir aquilo que nos indigna. No seguinte bloque, analízanse as causas que...
Quiero saber más
A partir dun desafío proposto ao alumnado de 7.º en que eran convidados a preguntarse cales crían que eran os problemas que afectan a sociedade actual, os alumnos e alumnas identificaron a problemática da discriminación como a que desexaban traballar ao longo do año lectivo, na área de Proxecto. De acordo cos seus intereses e sensibilidade, desenvolveron proxectos que tiñan como obxectivo combater o racismo, a xenofobia, a discriminación da persoa de etnia xitana, a violencia domèstica e a discriminación da persoa con minusvalía que, no seu conxunto, contribuíron para que o alumnado se apropiase do significado da expresión "Xuntos na diversidade”, lema escollido para o proxecto. Esta práctica educativa foi...
Quiero saber más
Esta é unha experiencia con alumnado de 4.º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) que ten como obxectivo que os alumnos e alumnas identifiquen situacións reais vinculadas coa inmigración e sexan capaces de analizalas de forma crítica. Despois da participación en Conectando mundos_Soños de andoriña, unha proposta didáctica telemática en que o alumnado traballou as causas e as consecuencias da inmigración, conxuntamente con outros grupos da súa mesma idade de distintos países do mundo, na aula de Informática decidiron realizar un vídeo para recoller as situacións identificadas. Todo o proceso foi deseñado os alumnos e alumnas, sendo distribuídas as tarefas de gravación, guión,… Finalmente, foron buscados distintos espazos para mostrar o resultado...
Quiero saber más
Esta é a experiencia dun grupo de traballo formado por profesorado e membros do equipo educativo de Intermón Oxfam de Madrid, cuxo obxectivo é elaborar a programación das materias de Xeografía Econòmica de 4.º da ESO e Ciencias da Terra, de 2.º do Bacharelato, desde a perspectiva da Educación para unha cidadanía global Esta experiencia nace da necesidade de crear unha programación en que o alumnado sexa protagonista do seu propio proceso de aprendizaxe, a través do uso das fontes tradicionais de información e das tecnoloxias da información e da comunicación.
Quiero saber más
Esta práctica é unha experiencia de proxecto de ciclo, concretamente do primeiro ciclo da ESO para traballar a Educación para unha cidadanía global, en materias optativas en 1.º e 2.º, e nunha obrigatoria, en 3.º, á marxe da materia de Educación para a Cidadanía. Os obxectivos que foron propostos ao levar a cabo esta experiencia foron a asimilación de contidos próximos ou compartidos coa materia de Ciencias Sociais, o traballo das competencias de tipo social e de análise e a concienciación e posicionamento persoal fronte a situacións de inxustiza social.
Quiero saber más
Esta experiencia desenvólvese no ámbito do DENIP (Día Escolar da Non-violencia e da Paz). Trátase dun proxecto de centro para traballar, no cadro desta celebración, a temática da convivencia, co obxectivo de fomentar a educación en e para a concordia, participar na vida activa da escola,é dar cohesión ao grupo, desenvolver competencias persoais, como a reflexión e a capacidade de análise de conflitos, e avaliar a diferenza como elemento enriquecedor. Nun primeiro momento, en reunión de aula, foron seleccionados os temas. Posteriormente, foi elaborado un mapa mural cos conflitos do mundo e foron identificados de forma individual cun cidadán ou cidadá dalgún destes países. Este exercicio foi complementado con varias actividades,...
Quiero saber más
Esta experiencia céntrase no traballo sobre conceptos chave da educación intercultural. Nun primeiro momento, os alumnos e alumnas deben buscar as definicións dalgúns destes conceptos (por exemplo: cultura, conflito étnico, dereitos humanos, convivencia, multiculturalismo, paz, xenofobia,…) en grupos de dous ou tres. Deben aplicar a definición en dúas ou tres frases célebres relacionadas. Na seguinte fase, o alumnado busca imaxes relacionadas cos conceptos escollidos e prepara dúas actividades e xogos que permitan traballalos. Finalmente, os grupos comparten o traballo realizado e lévanse a cabo as actividades con alumnado doutros países que participaron no encontro.
Quiero saber más
O obxectivo deste Global Express é reflexionar sobre as implicacións que ten facer fronte á crise enerxética con combustíbeis producidos a partir de cultivos. A través da análise de fotografías, o material comeza cunha exploración sobre o que saben os alumnos e alumnas con relación ao noso modelo de transporte e as súas implicacións sociais ambientais. A continuación, a partir dunha dinámica grupal, danse a coñecer os conceptos básicos relacionados cos agrocombustíbeis e analízase tamén o noso modelo de desenvolvemento para ver qué grupos humanos son beneficiados e cáles sofren as consecuencias. Coa lectura de varios testemuños, preténdese espertar a sensibilidade para coas consecuencias que ten a produción de agrocombustíbeis...
Quiero saber más