12 a 14 anos

Educar de corazón é tomar consciencia do regalo de sermos mestres da mestría de emocionar corazóns con-viven no centro, no centro da alma. Educar de corazón é antepor a emoción e o sentimento ao programa e ao pensamento, despois segue a aventura de aprender, de ensinar. Os obxectivos esenciais desta experiencia son: Tomar consciencia da vida desde a gratitude e o amor; aprender a crecer como persoas utilizando os medios que se nos presentan; mudar estratexias, metodoloxía e recursos para unha práctica educativa máis humana; Mellorar as relacións coa familia desde o respecto, a disposición e o amor ao outro como ser humano; acoller emocións, escoitar ao outro, estar para...
Quiero saber más
O obxectivo principal deste Global express é recoñecer os dereitos socia¬is básicos como elementos necesarios para loitar contra a pobreza e a desigualdade, entender cómo un sistema fiscal xusto pode contribuír para que non se desmantele o sistema de dereitos, e reflexionar sobre o papel da cidadanía organizada para contribuír para a mudanza social. Durante a proposta, será utilizados numerosos conceptos relacionados cos dereitos sociais: Estado do benestar, democracia, fiscalidade, movementos sociais, economía neoliberal, leis hipotecarias... Propóñense diferentes metodoloxías en cada actividade (análise de gráficos, debates, xogos, procura de información na Internet,...), para dar resposta á diversidade de aprendizaxe e motivacións do noso grupo. Ademais de poder traballar toda a...
Quiero saber más
Este Global express explica cómo funciona o noso sistema alimentario, que fai que mil millóns de persoas pasen fame, mentres máis da metade dos habitantes dos países industrializados ten exceso de peso. Ofrece propostas para traballar na aula a forma en como facer fronte a esta inxustiza mediante os hábitos e as prácticas de consumo. A metodoloxía proposta baséase na investigación-acción, a partir dun traballo en grupos e unha análise conxunta das conclusións. Após unha investigación inicial da nosa cesta da compra, e para abordar todos os elementos que entran en xogo no sistema alimentario (que son moitos e moi amplos), esta proposta presenta cinco investigacións distintas, para que en grupos levemos...
Quiero saber más
A escola é o primeiro punto de contacto coa nova realidade para moitas crianzas inmigrantes. A chegada dos novos alumnos e alumnas ao centro escolar implica unha serie de desafíos: para as crianzas, xa que teñen que integrarse no menor tempo posíbel, e para o centro escolar, que deberá ser capaz de ofrecer unha resposta ás novas esixencias. A escola é o lugar en que se deben quebrar os estereotipos, para pasar a ver a diversidade como unha fonte de enriquecemento. Esta experiencia presenta o Programa de Interculturalidade do Colexio Gamo Diana, cuxos obxectivos son: integrar o alumnado inmigrante e favorecer a súa adaptación, atinxir a implicación do grupo no...
Quiero saber más
O obxectivo desta experiencia era conseguir a redución das expulsións do alumnado e evitar o abandono escolar, ofrecéndolles unha alternativa que os axudase a mellorar o seu comportamento, realizando diversas aprendizaxes mediante o traballo na horta escolar do I.E.S. Huerta Alta de Alhaurín de la Torre. Esta experiencia desenvolveuse nun instituto de Secundaria en que se levou a cabo un proxecto de horta escolar como alternativa á expulsión do alumnado en que se implicou toda a comunidade educativa. Ao nivel metodolóxico, trátase dun proxecto de investigación-acción, e as tarefas contan cun proceso de planificación, intervención e reflexión. Trátase dunha metodoloxía activa, participativa, cooperativa, lúdica, motivadora e integradora.
Quiero saber más
Moitas veces, o profesorado pensamos que somos os que temos que resolver todos os conflitos que se dan nas nosas aulas. É moi importante tomar en serio os conflitos que vivimos día a día e non solucionalos de calquera forma co fin de poder continuar a impartir a nosa materia. Esta experiencia presenta unha metodoloxía mediante a cal os alumnos e alumnas aprenden a reflexionar sobre un problema concreto, a entender outros puntos de vista e a mediar ata encontrar unha solución xusta e pactada. Ponse en práctica cando hai algún conflito e pode facerse entre alumnos, entre alumnado e profesorado, entre alumnos e pais ou entre o profesorado.
Quiero saber más
A partir do traballo realizado de forma telemática durante a edición 2011-12 do Conectando mundos (CM), e a partir das conclusións elaboradas conxuntamente no encontro territorial, preparamos na aula o acto de incidencia cunha deputada do Parlamento catalán, acción coa que concluíu en Cataluña a edición 11-12 do CM. O acto consistía nun diálogo aberto a partir das conclusións conxuntas alcanzadas, da lectura do manifesto final e das preguntas que formulase o alumnado. Participamos os dous grupos de 2.º da ESO da escola, nas horas de titoría, e aínda que na preparación e deseño do diálogo participamos toda a aula (29 alumnos e alumnas por grupo), o diálogo coa deputada...
Quiero saber más
"Ser, estimar,saber" (“Ser, amar, saber”) é un proxecto global de centro en que se propugna unha filosofía baseada na educación en valores, o traballo autónomo, cooperativo (por proxectos), integral, e con tratamento da diversidade en grupos heteroxéneos... e en que se quere implicar a toda a comunidade educativa. Do obxectivo de que o alumnado aprenda todo o que poida do que determina o currículo oficial, en grupos heteroxéneos, derívanse tres principios: Non hai niveis mínimos esixíbeis na educación obrigatoria A educación debe ser integral: toda a persoa, todo o currículo Os grupos deben ser heteroxéneos O centro funciona desde o curso 2008-2009 e conta cuns 280 alumnos. Esta experiencia compleméntase cunha...
Quiero saber más
O consumo responsábel é un dos instrumentos máis útiles que ten o cidadán medio do Norte para poder contribuír para unha situación máis xusta no mundo. Traballar o consumo responsábel na aula permite achegar de maneira dialogada a alumnado e profesorado, contribuéndo para fomentar o espírito crítico e solidario. Este documento é froito da suma de diferentes experiencias docentes do grupo de profesores e profesoras da Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global de Valencia e Murcia. Nel, reúnense diversas propostas encamiñadas a educar e concienciar o profesorado e os alumnos e alumnas sobre a importancia dun consumo racional e consciente que nos leve a reformular o modelo...
Quiero saber más
A través dun xogo, esta proposta pon en escena as relacións de poder que existen nas relacións laborais propiciadas polo actual sistema de comercio internacional, reflexionando en torno dos conceptos de traballo e folga.  O material dá a coñecer, a través do testemuño de Azulema Allemm, de Tánxer, a realidade do mundo laboral en moitos países do Sur. Proponse ao alumnado investigar sobre os dereitos laborais recollidos pola Organización Internacional do Traballo e co testemuño de Rosalie, das Filipinas, establécese o vínculo entre a realidade laboral de moitos países do Sur e nós como consumidores. Finalmente, danse a coñecer exemplos de mobilización e denuncia e anímase o alumnado a actuar para mudar esta situación.
Quiero saber más