Unha proposta didáctica para Educación Secundaria e Ciclo Superior de Educación Primaria
Quiero saber más
A COVID-19 colocou en evidencia as trabas e os obstáculos estruturais das políticas migratorias e do sistema de asilo que afectan directamente a vida das persoas migrantes. Este Global express propón coñecer, comprender, reflexionar, empatizar e comprometerse coas persoas migrantes e as situacións de vulnerabilidade que viven. Este material céntrase especialmente naquelas persoas que se dedican aos empregos esenciais e que son dinamizadoras da economía e fonte de innovación e de riqueza para as súas comunidades de orixe, tránsito e destino, un feito que foi especialmente palpábel durante a pandemia da COVID-19, en que as persoas migrantes foron fundamentais para o mantemento da vida. A partir dunha abordaxe de dereitos, a migración internacional é un feito atemporal e multidireccional, inherente á natureza humana, que pode ser gobernada adecuadamente con plena garantía dos dereitos humanos fundamentais e como oportunidade para atinxir un desenvolvemento humano e sustentábel. Esta proposta propón analizar as políticas, as prácticas e a cultura racista, tornando visíbel o racismo institucional e social, e promovendo compromisos persoais e colectivos para as persoas migrantes teren os mesmos dereitos e oportunidades que o resto.
Quiero saber más
“Mudanza climática e xustiza social en tempos de COVID-19: Para a construción de desenvolvemento sustentábel” é unha unidade didáctica dirixida ao alumnado de Secundaria que propón contidos, actividades, ferramentas e abordaxes no ámbito da Educación para a cidadanía global, para entender e reflexionar sobre as causas e as consecuencias da mudanza climática sobre as persoas e o medio ambiente. Nun contexto de pandemia pola COVID-19, que colocou en evidencia as causas estruturais que sustentan as desigualdades e a pobreza, a proposta incorpora a perspectiva da interseccionalidade a partir dunha abordaxe de dereitos, tornando visíbel a interacción existente entre os diferentes sistemas de opresión e as súas consecuencias na realidade local e global. O recurso procura contribuír para o desenvolvemento das competencias chave e a competencia global, promovendo a información, a educación e a comunicación. Así, a través do xogo de rol “Reporteiras sen fronteiras”, o alumnado participante terá a posibilidade de coñecer e analizar os testemuños de cinco mulleres activistas e desenvolver propostas de compromiso, denuncia e acción para sensibilizar no seu contorno.
Quiero saber más
Esta unidade didáctica está centrada no desenvolvemento sustentábel e no consumo responsábel pola relevancia social e ambiental das consecuencias do modelo de consumo estabelecido ao nivel global, en concreto no relativo a produtos alimentarios. É necesario estabelecer mecanismos de reflexión sobre este modelo co alumnado: Que comemos? De onde proveñen os alimentos? Cal é o custo enerxético e a pegada ecolóxica que se xeran ao consumir os produtos? Como se xestiona o excedente de produción que resulta en desperdicio alimentario? De que maneira podemos actuar para minimizar os riscos ambientais e sociais?. A través do desenvolvemento do pensamento crítico, preténdese que o alumnado analice as causas e consecuencias dun consumo...
Quiero saber más
Este material didáctico pretende tornar visíbel o mundo dos coidados, reflexionar sobre as causas do noso descoido e do descoido da nosa Terra para aprender a nos coidarmos, coidarmos o noso ambiente próximo e as nosas relacións, e coidarmos do noso planeta. Proponse comezar cun diagnóstico como punto de partida, para despois deseñar un plan de acción, a partir do libro O Principiño de Antoine de Saint-Exupéry, adaptado á realidade do centro ou da aula, que favoreza a sensibilización, a reflexión, o coñecemento, o diálogo e o compromiso, e, ao mesmo tempo, propoña estratexias concretas para actuar no ambiente en que estea a ser desenvolvido. É un material flexíbel e...
Quiero saber más
A mudanza climática é unha ameaza global que xa está a afectar millóns de persoas en todo o mundo. Este recurso educativo céntrase nas consecuencias que a mudanza climático ten para as persoas: na forma en que as comunidades están a verse afectadas e en como resisten, responden e se adaptan a eses desafíos. A secuencia de recursos e actividades procura profundar na temática, en primeiro lugar, para terminar pasando á acción real. Estas son las sesións do recurso: SESIÓN 1: O desafío climático SESIÓN 2: Quen é o responsábel? SESIÓN 3: Impactos da mudanza climática SESIÓN 4: Historias sobre a mudanza climática SESIÓN 5: Adaptarse á mudanza climática SESIÓN...
Quiero saber más
Esta experiencia recoge las distintas iniciativas de educación para la paz que, cada año, desde el curso 2012-2013 han llevado a cabo el grupo de la Red de educadores y educadoras para una ciudadanía global de Oxfam Intermon en Tarragona. En ellas se plantean varias actividades dirigidas a los centros educativos y pensadas para que participen las distintas franjas de edad Durante el primer trimestre, los centros participantes trabajan en el aula temáticas de no-violencia, paz y resolución pacífica de conflictos, y culminan el proyecto con la preparación de un acto conjunto de celebración del Día Escolar de la No Violencia y la Paz (DENIP) y de otras actividades participativas...
Quiero saber más
A nosa vida diaria está repleta de bens que parecen gratis, mais non o son. Quen paga tal cúmulo de recursos indispensábeis para a vida? A cidadanía, nós, a través dos impostos. Todos nos beneficiamos, mais a distribución nin sempre é xusta nin equitativa. Este Global Express pretende explicar como funciona o sistema tributario e como afecta a vida dos cidadáns. Para iso, na presente proposta didáctica hai varias actividades cuxo eixo teórico é a tributación pero tamén axudan a traballar na clase habilidades clave, competencia global e elementos transversais de diferentes metodoloxías que van, reflexión. individual a grupo / colaborativo.
Quiero saber más
Este é un proxecto iniciado na aula de Traballo Globalizado de 3.º da ESO, aula dirixida a oito alumnos seleccionados para poder aproximalos dos contidos desde unha perspectiva global, xa que desde os diferentes departamentos se cre que esta metodoloxía será útil para motivalos academicamente e axudalos a conseguir as diferentes aprendizaxes, adecuándoas ás súas características e diversidade, tendo en conta as intelixencias múltiplas e a pedagoxía sistémica. A actividade xorde a partir do estudo da estatística, contido de Matemática, e a partir da reflexión sobre de que modo podemos aplicar este coñecemento na vida real. O Departamento de Lingua Catalá quería celebrar o Día das Linguas Maternas e os...
Quiero saber más