Muévete

Mediante a lectura de textos e gráficos que poñen de manifesto a escaseza da auga e os problemas asociados á súa xestión, coñeceranse outros casos de privatización doutros recursos e porase sobre a mesa a problemática que implica a falta de recursos tan esenciais como a auga, ou o seu control por parte de empresas privadas. Para acabar, informarase sobre movementos sociais que conseguiron acabar con situacións de inxustiza, como un exemplo de mobilización social.  A súa duración está prevista en dúas horas.
Quiero saber más
A partir dun còmic e ad lectura de textos, coñecerase o perigo da perda da soberanía alimentaria. A partir da lectura de dous textos, o primeiro da FAO sobre biotecnoloxía e o segundo sobre o caso dun agricultor canadense e os seus problemas coa multinacional Monsanto, elaboraranse hipóteses sobre os intereses das multinacionais e sobre as consecuencias para os agricultores. Os datos fornecidos abren o debate sobre se este tipo de cultivos pode ser unha resposta és necesidades alimentarias dos máis pobres.  A súa duración está prevista en como mínimo dúas horas.
Quiero saber más
A través da presentación de catro fotografías coas súas historias, preténdese facer reflexionar aos e ás participantes sobre o que significa ser pobre. O obxectivo básico é identificar o concepto de pobreza, non só como falta de bens e servizos para cubrir as necesidades básicas, senón tamén como unha falta de oportunidades para decidir sobre a propia vida. Desta forma, preténdese distinguir entre pobreza absoluta e pobreza relativa, tanto no Norte como no Sur, e iniciar a reflexión sobre as causas que as provocan. A partir da análise do retrato da pobreza e das preguntas que o acompañan,é debaterase sobre estes dous tipos de pobreza e realizarase o barómetro do...
Quiero saber más
Esta actividade propón aos participantes que fagan unha lista dos bens e dos servizos que consumen, para reflexionar sobre os que se consideran indispensábeis ou prescindíbeis. Unha vez realizada a lista individual, ponse en común para traballar conxuntamente cáles dos bens e servizos se consideran básicos. Desta forma, preténdese traballar as necesidades básicas e identificalas como un dereito universal.  A súa duración está prevista nunha hora.
Quiero saber más
Trátase dun xogo de simulación en que as persoas participantes deben considerar os elementos que son imprescindíbeis para a súa supervivencia. Desta forma, preténdese facer unha distinción entre as necesidades básicas e as creadas. Igualmente, a dinámica proposta convida é procura conxunta de solucións e consenso.  A súa realización é estimada en dúas horas.
Quiero saber más
A partir da análise dun cómic de El Jueves, esta actividade trata de entender cómo funciona o comercio e o que implica a globalización. Tras a análise e a clasificación dos personaxes, proponse a elaboración conxunta dun mapa conceptual que axude a clarificar e relacionar conceptos. Recoméndase dedicar como mínimo unha hora á súa realización.
Quiero saber más