Pensando e actuando en verde

Buscador de recursos

Pensando e actuando en verde

Autoría: Pablo Acosta , Elena Garcia, Olga Garcia, Maria Luisa Muñoz
Data: 2014
Temática: 
Tipoloxía de recurso: Experiencia educativa
Público destinatario: Educadores e educadores
Idioma: Castelán
Descrición:

O grupo de traballo de Educación de Oxfam-Intermón en Granada realizou distintas experiencias, adaptadas ás diferentes idades e etapas educativas, para así facilitar a posta en práctica dun labor e dunha responsabilidade que, como educadores, educadoras, cidadáns e cidadás, non podemos nin debemos eludir.

As actividades de educación medioambiental que, de Infantil a Bacharelato, foron levadas a cabo en diferentes centros son:

  • Infantil: un traballo globalizado sobre educación medioambiental.
  • Primaria: dinámicas titoriais e realización de obradoiros reutilizando materiais.
  • Secundaria e Bacharelato: a Xornada de actividades medioambientais con plantación, obradoiros, xogos e obradoiro de poesía verde, entre outros.

Non sería posíbel pensar no futuro do Planeta Terra e na súa sustentabilidade sen as posibilidades de análise crítica e propostas de actuación responsábel que a Educación medioambiental nos ofrece.

Observacións:
Esta experiencia foi presentada no I Congreso Andaluz “Escola Transformadora”, celebrado en xullo de 2014 en Málaga, cuxa memoria está dispoñíbel en Kaidara
Descarga de recursos
Exp_Kaidara_47_ESP.pdf

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre la Red de educadores y educadoras para una ciudadanía gloabal, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.