Esta edición de Global Express ten como obxectivo reflexionar sobre os patróns de consumo da nosa sociedade e analizar as consecuencias ambientais e sociais do noso consumo e do noso modelo económico. Co pretexto do Nadal, este material pretende mostrar a influencia que ten o noso ambiente no consumo e tomar conciencia das cousas que temos, moitas delas infrautilizadas. O teléfono móbil serve de pretexto para analizar o comportamento ecolóxico das principais empresas de telefonía móbil a partir da puntuación que lles outorgou Greenpeace e serve tamén para mostrar a realidade que se acocha detrás dun teléfono móbil, como é o caso do conflito na República Democrática do Congo, principal...
Quiero saber más
Este Global Express aborda, a partir do exemplo dos Xogos Olímpicos, cómo o modelo de negocio-espectáculo en que se converteron moitos deportes implica a miúdo situacións de inxustiza e analiza qué empresas son as principais patrocinadoras deste evento, para pasar a contrapor os valores do espírito olímpico ás condicións laborais en que son producidos o calzado e a roupa deportiva. A partir do exemplo de tres testemuños que traballan en fábricas que producen para o sector, coñeceremos o incumprimento sistemático dos dereitos laborais a que son sometidos os traballadores, principalmente mulleres, en países como Indonesia ou Marrocos. Finalmente, o material obriga a reflexionar sobre o noso papel como consumidores e...
Quiero saber más
Esta unidade ten como obxectivo que o alumnado experimente diferentes vías de xestión de conflitos para alcanzar conxuntamente solucións negociadas. Para iso, parte da premisa que non pode existir paz se non hai xustiza. Consta de tres partes diferenciadas que se poden traballar na súa totalidade ou de forma independente. En primeiro lugar, és analizada unha situación conflitiva hipotética, mais habitual e próxima do alumnado. Para iso, proponse un xogo de rol en que cada alumno ou alumna deberá asumir un papel dentro do conflito, e en que os diferentes personaxes implicados deberán chegar a un acordo por medio da negociación. En segundo termo, proponse analizar as causas dun conflito...
Quiero saber más
Esta unidade ten como obxectivo reflexionar sobre as distintas vías de transformación e resolución dos conflitos e as consecuencias que estas teñen para as persoas. A partir dun xogo de rol sobre a historia de Yusuf, un mozo sudanés que viviu de cerca o conflito de Darfur (Sudán), a actividade pretende que os rapaces e raparigas reflexionen sobre o papel que xogan os diferentes axentes nun conflito como este. Finalizado o xogo, ábrese un espazo de debate para falar sobre este e outros conflitos. Esta actividade pretende dar pé a falar sobre algúns dos conflitos armados que teñen lugar no mundo e o papel que xogan os medios de comunicación...
Quiero saber más
Esta unidade didáctica parte dunha lectura en común dun texto do novelista ruso León Tolstoi. O texto pretende facer reaccionar ao alumnado sobre a construción das defensas innecesarias que a miúdo conducen a unha situación de conflito tamén innecesaria e absurda. A partir da lectura, incítase á reflexión en torno da actuación dos diferentes personaxes e a procura conxunta dunha solución para a paz. O material pretende facer tomar conciencia ao alumnado de que a paz se basea na confianza entre as persoas.
Quiero saber más
Esta unidade didáctica ten como obxectivo facer reflexionar en torno ao concepto de paz. A partir da lectura en común dunha fábula xaponesa, son propostas unhas dinámicas para analizar conxuntamente o texto. O material pretende facer tomar conciencia ao alumnado de que a paz se basea na confianza entre as persoas.
Quiero saber más
Esta unidade pretende traballar a xestión de conflitos e a súa análise a través de situacións próximas do alumnado. A primeira actividade formula un dilema moral a través dun caso imaxinario de conflito na aula. A partir do diálogo e debate xerado por este caso, son analizadas diferentes estratexias de xestión e transformación do conflito. Finalmente, proponse a realización dun mural coas conclusións extraídas. Esta unidade ten como obxectivo básico o fomento da empatía, o diálogo e a escoita activa, ademais de aprender a diferenciar a violencia do conflito.
Quiero saber más
Esta unidade didáctica propón reflexionar, a partir dunha chuvia de ideas inicial, en torno do concepto de paz. Pretende conseguir entre todos e todas unha definición que vaia máis alá da ausencia de guerra. Para iso, aproxima a paz da súa realidade máis próxima, como a relación cos seus irmáns ou cos seus amigos e amigas. Finalmente, proponse a realización entre toda a aula dun acto simbólico sobre a paz.
Quiero saber más
Trátase dunha unidade didáctica que a través de 4 actividades de aula acerca ao alumnado as nocións de paz e xestión de conflitos. A través de exemplos moi próximos, como unha pelexa no patio da escola, este material ten como obxectivo abordar a resolución de conflitos pola vía pacífica, pondo especial énfase nas normas de comunicación e na transformación de conflitos. Igualmente pretende, a través do debuxo, traballar os sentimentos que xeran nos máis pequenos a guerra e a paz.
Quiero saber más
O monográfico ten como obxectivo identificar formas de discriminación da muller, tanto no Norte como no Sur, no ámbito familiar, laboral e político. As primeiras actividades poñen ao descuberto a desigualdade entre homes e mulleres na distribución das tarefas do lar, así como a discriminación da muller nas mensaxes publicitarias. A continuación, achégase é realidade do Sur a través dunha banda deseñada sobre o traballo de homes e mulleres nunha comunidade de Guatemala. Despois da súa lectura, proponse realizar un debate e un xogo de rol onde se discutan o rol que xogan e que deberían xogar homes e mulleres no caso proposto pola banda deseñada. Como síntese final, e a partir...
Quiero saber más