Este material aborda o actual sistema de comercio internacional, a partir do propio contexto dos alumnos e alumnas. Nesta liña, traballarase o concepto de comercio e mercado a partir da experiencia cotiá, utilizando técnicas vivenciais adaptadas é idade. A través da lectura dun conto co personaxe de Laura como protagonista, as actividades propostas van dirixidas a analizar o tema do comercio, centrado, sobre todo, en produtos de alimentación. Para iso, ofrécese unha gran variedade de actividades, como o traballo con mapas, un xogo simbólico en torno dun mercado, análises de imaxes e comprensión lectora, sopas de letras, etc. Todas elas teñen como obxectivo dar a coñecer, reflexionar e tomar posición...
Quiero saber más
A partir da historia de tres amigos, este material dá a coñecer outras realidades e outras maneiras de vivir, alimentarse, etc. que permiten reflexionar sobre cáles son as necesidades básicas das persoas. Camiño da escola, os tres amigos da historia reciben unha visita inesperada: a dun extraterrestre, que é o inicio da súa aventura conxunta. Grazas á súa historia, coñeceremos a orixe das materias primas e o seu ciclo natural, aproximarámonos do valor do traballo e analizaremos aspectos relacionados como o consumo, a publicidade, os bens e servizos, etc. O contido trabállase con actividades moi variadas: unha sopa de letras, unha enquisa sobre os hábitos alimentarios, un traballo a partir...
Quiero saber más
A partir da lectura do conto “Tostadito viaxa polo mundo” danse a coñecer outras realidades e outras maneiras de vivir, alimentarse, etc. que permiten reflexionar sobre cáles son as necesidades básicas das persoas. O protagonista do conto, Tostadito, é un panciño que ten ganas de coñecer outros pans diferentes e, axudado polo seu amigo Pipirico, conseguirá, ao longo da súa viaxe, non sé coñecer outros pans, senón vivir unha aventura realmente emocionante. Grazas á súa historia, coñeceremos as materias primas e o seu ciclo natural, así como o proceso de elaboración do pan. O caderno de traballo foi concibido para que as actividades se traballen seguindo o relato do conto....
Quiero saber más
Este material ofrece un percorrido ao longo de catro historias de nenos e nenas de España, Estados Unidos, Burkina Faso e México, en que o alumnado deberá relacionar e investigar diferentes temas asociados a cada país. A partir dos índices de escolarización, acceso á saúde, acceso á auga, PIB, esperanza de vida, etc. este material pretende abordar as diferenzas entre os diferentes países. A partir de aquí, o eixe central do caderno é un xogo de taboleiro, que se realiza en grupos e cos catro personaxes como protagonistas. O obxectivo principal é reflexionar sobre as causas da pobreza e cómo afecta esta situación ás persoas. Igualmente, preténdese vincular o concepto...
Quiero saber más
Este material ten como obxectivo traballar o concepto de pobreza en sentido amplo e establecer relacións entre necesidades básicas e pobreza. A través dunha narración, preténdese motivar o interese do alumnado para o posterior tratamento dos temas abordados, e realizar un primeiro achegamento aos conceptos a traballar. Grazas á súa bola máxica, Ale, un neno español, emprende unha viaxe a Mali. Alí fai amizade con Keita, cuxa familia se encontra nunha situación grave pola doenza do irmán pequeno. Os dous nenos emprenden un longo camiño para buscar o curandeiro da comunidade, mostrando as graves deficiencias na cobertura da saúde que ocorren nos países empobrecidos. Durante a viaxe, os personaxes descobren...
Quiero saber más
Este material pretende profundar no tema da pobreza a través dun exemplo da Etiopía, un país coñecido polas súas secas e pola fame. A historia de Kidane debuxa unha pobreza absoluta na que se poñen de manifesto a carencia de oportunidades, a falta de corresponsabilidade, a desigualdade, a exclusión e a imposibilidade de satisfacer as necesidades básicas para vivir. A pobreza é unha realidade que viven moitas persoas e que chega aos nosos nenos e nenas desde moi pequenos e por diferentes canais. Estas informacións acostuman chegar aos nenos e ás nenas sen ningunha reflexión ou ben con comentarios tópicos e reducionistas. Kidane, o noso protagonista, ten que fuxir da...
Quiero saber más
O obxectivo desta edición de Global Express é recoñecer e identificar a gran diversidade de factores que fan que a seca produza unha fame negra. A través da análise de dúas imaxes, a primeira actividade pretende romper cos estereotipos mostrando as diferentes realidades que conviven nun mesmo país. A continuación, proponse ao alumnado buscar os datos principais sobre a Etiopía que permitan coñecer algúns aspectos xeográficos, sociais e económicos do país e contrastar a información obtida e a que nos chega a través dos medios de comunicación. A través da lectura de textos e testemuños, preténdese descubrir que a crise humanitaria que vive o país non é só consecuencia da...
Quiero saber más
O obxectivo deste Global Express é o de recoñecer e identificar a gran variedade de factores e actores que interveñen en calquera conflito armado. Preténdese, deste xeito, superar e deixar en evidencia a simplificación dalgúns medios de comunicación social. A partir da análise de fotografías, a primeira actividade pretende facer aflorar os sentimentos xerados polas imaxes e descubrir que quen máis sofre os conflitos armados é a poboación civil. O estudo do mapa do Irak actual e dos diferentes tratados e pactos mostra que o Irak é un país con fronteiras artificiais xurdido da colonización, cos problemas internos que implica o feito de que as referidas fronteiras non coincidan coas...
Quiero saber más
O obxectivo deste Global Express é coñecer e analizar criticamente algúns dos temas abordados e os resultados obtidos no Cumio da Terra 2002, celebrado en Johannesburgo. A observación da fotografía permite na primeira actividade introducir o tema do Cumio da Terra e investigar coñecementos previos sobre o tema (actores, obxectivos, etc.). A continuación, son abordadas as principais cuestións traballadas neste cumio a partir da identificación de datos concretos, obtidos da prensa, e a súa posterior análise e éntrase a fondo no concepto de desenvolvemento sustentíbel. A seguinte actividade pretende analizar, a partir da lectura duns textos, os acordos obtidos no Cumio da Terra e pon ao descuberto as reaccións que...
Quiero saber más
Esta edición de Global Express convida a analizar a relación entre as consecuencias dunha catástrofe, como o Tsunami, e a pobreza, e permite reflexionar sobre os tipos de axuda que se activan para facer fronte a un desastre. A primeira actividade convida o alumnado a participar nunha chuvia de ideas para compartir a información que teñen sobre o desastre, a partir dalgunhas preguntas. A continuación, e a partir de lecturas sobre catro países imaxinarios, ábrese a reflexión sobre o xeito en que os medios inflúen na nosa imaxe e percepción do outro e dos países do Sur. Para esta actividade, proponse a división da aula en grupos que deberán resolver...
Quiero saber más