O grupo de traballo de Educación de Oxfam-Intermón en Granada realizou distintas experiencias, adaptadas ás diferentes idades e etapas educativas, para así facilitar a posta en práctica dun labor e dunha responsabilidade que, como educadores, educadoras, cidadáns e cidadás, non podemos nin debemos eludir. As actividades de educación medioambiental que, de Infantil a Bacharelato, foron levadas a cabo en diferentes centros son: Infantil: un traballo globalizado sobre educación medioambiental. Primaria: dinámicas titoriais e realización de obradoiros reutilizando materiais. Secundaria e Bacharelato: a Xornada de actividades medioambientais con plantación, obradoiros, xogos e obradoiro de poesía verde, entre outros. Non sería posíbel pensar no futuro do Planeta Terra e na súa sustentabilidade sen as...
Quiero saber más
A práctica consiste en xerar espazos e motivacións para que o profesorado que quere traballar na súa aula contidos de Educación para unha Cidadanía Global poidan levalo a cabo desde o seu ser e facer cotián da súa práctica docente. Con este proxecto tornouse posíbel que os "Criterios de calidade" chegasen á aula a través do currículo ordinario das distintas etapas e niveis educativos e así poder facer visíbel que, partindo dos mesmos contidos curriculares, poden ser xeradas distintas situacións e temáticas cara ao alumnado Os obxectivos principais deste proxecto pasan por animar, motivar e axudar o profesorado para que asuma o novo desafío de traballar como equipo facendo presente...
Quiero saber más
A Escola con maiúsculas como axente de mudanza e transformación. A Escola Cristo de la Yedra está aberto á diversidade e á inclusión, vivindo este compromiso como unha riqueza e unha oportunidade. Tenta ser tamén unha Escola para todos e todas, asumindo de maneira creativa os ritmos diferentes e a diversidade como elemento de progreso, riqueza, xerme do que deberá constituír unha sociedade avanzada en madurez ética. Finalmente, tamén quere ser unha Escola e comunidade educativa que cre e vive a UTOPÍA e os valores de solidariedade e xustiza do Evanxeo, traballando xunto ao seu alumnado e familias, sen importar as diferenzas (intelectuais, físicas, sociais, culturais...), para, desde esa experiencia,...
Quiero saber más
A Escola Municipal de Pais e Nais de Coín comeza a súa andadura para dar resposta ao consumo de drogas que ocorre no municipio. Á referida escola nun principio só asisten nais preocupadas polas condutas de seus fillos e fillas e podería dicirse que neses momentos fundamentalmente se traballaba en prevención de condutas de risco. A Escola Municipal de Pais e Nais ofrece cursos gratuítos que teñen como obxectivo educar nosos/as fillos/as da mellor maneira posíbel; para iso, as nais e os pais temos que desenvolver a nosa intelixencia educativa.
Quiero saber más
A escola ten que estar aberta a todas as realidades da vida, sen escrúpulos, aínda que si con moito respecto. Morte e vida son dúas faces dunha mesma moeda e non existe unha sen a outra. Convívese con ela a diario, e non querer ollala, non a fai desaparecer. Este é un proxecto de traballo que segue a metodoloxía construtivista cuxo obxectivo é coñecer máis sobre a morte, encontrármonos cos nosos sentimentos e, sobre todo, ollar de fronte o medo para desmitificalo. Con esta práctica preguntámonos, investigamos, lemos, escoitamos, discutimos, respondémonos, xorden novas preguntas e novas respostas, experimentamos, choramos e rimos, mais sobre todo crecemos moito, cada un ao seu...
Quiero saber más
Encadrado no Proxecto Escola Espazo de Paz, foi creado un Horto Escolar organizando a participación do alumnado do centro, tutelado polo alumnado de 6.º de Educación Primaria e implicando todos os niveis de 1.º a 5.º a través de Equipos de Aprendizaxe Cooperativa “O Noso Horto Cooperativo”. O obxectivo xeral do proxecto é o de favorecer o traballo globalizado e o desenvolvemento integral do alumnado, promovendo o traballo “de campo”, o uso de coñecementos, procedementos e actitudes para o desenvolvemento de competencias básicas para a vida. Esta práctica coexistiu no tempo co desenvolvemento da actividade de Conectando Mundos (Proposta Pedagóxica de Oxfam Intermón), onde abordábamos a temática de xustiza alimentaria e...
Quiero saber más
Proxecto de investigación interdisciplinar, a través do cal o alumnado chegou a coñecer a situación de desigualdade que impera no mundo investigando sobre diferentes países do mundo más desfavorecido. Así chegamos a coñecer algunhas causas destas desigualdades e propuxemos posíbeis solucións. No proceso descubrimos tamén algúns comportamentos da nosa vida cotiá que poden axudar a mellorar estas condicións. No proceso recibimos convidados na aula que nos narraron a súa experiencia directa en países do sur. Elaboramos un libro de contos solidarios e fixemos un mercado solidario en colaboración con varias ONG para recadar fondos para diferentes proxectos de axuda aos países con máis problemas. Todo fica reflectido nun libro final...
Quiero saber más
Coa incorporación da EpDCG pomos de manifesto a necesidade de traballar a Equidade de Xénero como ferramenta básica na análise e na compresión dos problemas sociais actuais, e utilizamos para iso a metodoloxía “Mozos actuando con coidados” encadrada na Campaña de mobilización “Actúa con coidados. Transforma a realidade” de InteRed, cuxa perspectiva de xénero e abordaxe socio-educativa posibilitan un ambiente de traballo adecuado á nosa realidade. Por un lado, é realizado un proceso de formación e sensibilización do profesorado en torno da Ética do Coidado e da Abordaxe de Xénero, e, por outro, un proceso de empoderamento xuvenil e emprendemento social coa conformación de Grupos de Mobilización de Mozos da ESO, Ciclo Formativo e/ou...
Quiero saber más
Organización e realización dun concurso de debates en todo o Centro para fomentar a expresión oral do alumnado. Esta iniciativa naceu ao constatar a necesidade de facer actividades que motiven os alumnos e alumnas a se expresaren oralmente perante o resto dos seus compañeiros e compañeiras, xa que a maioría das actividades que se impulsan na aula son de expresión escrita. En primeiro lugar execútase unha fase de aula, en que os equipos de cada aula debaten entre eles e o equipo que mellor argumenta e defende a súa postura, pasa á segunda fase; a de centro. Nesta fase enfróntanse (no salón de actos) os equipos vencedores de cada nivel...
Quiero saber más
Educar de corazón é tomar consciencia do regalo de sermos mestres da mestría de emocionar corazóns con-viven no centro, no centro da alma. Educar de corazón é antepor a emoción e o sentimento ao programa e ao pensamento, despois segue a aventura de aprender, de ensinar. Os obxectivos esenciais desta experiencia son: Tomar consciencia da vida desde a gratitude e o amor; aprender a crecer como persoas utilizando os medios que se nos presentan; mudar estratexias, metodoloxía e recursos para unha práctica educativa máis humana; Mellorar as relacións coa familia desde o respecto, a disposición e o amor ao outro como ser humano; acoller emocións, escoitar ao outro, estar para...
Quiero saber más