Castelán

Esta actividade xorde a partir do traballo feito con dúas aulas de nenos e nenas de 4 anos dentro da proposta Conectando mundos 2014-2015, co título “Cando os dereitos se frustran”, que aborda os dereitos sociais básicos. Neste cadro, descubrimos tamén o dereito de toda persoa a ter unha identidade propia e plural, que non implica excluír o diferente, senón aprender a sumar. É a lóxica da diferenza inclusiva: coñecer a diversidade para, a partir dela, realizar a unidade (mudanza necesaria e profunda da nosa sociedade). A realidade da aula proponnos o desafío de recoñecer a diversidade cultural, relixiosa e idiomática do alumnado, que se constitúe en punto inspirador para aprendermos...
Quiero saber más
Esta experiencia parte do conto “O príncipe feliz” para reflexionar sobre os estereotipos e a necesidade de abrir as olladas e a nosa empatía perante as situacións de inxustiza social. A partir do traballo previo á asistencia á obra de teatro, e da lectura dunha adaptación do conto “O príncipe feliz”, reflexionouse co alumnado sobre a mensaxe da historia e o paralelismo coa realidade na aula e na sociedade. Deste debate xurdiron distintos tipos de muros que separan a persoas e a sociedade (muros persoais, muros sociais, muros estruturais). Estas conclusións serviron para profundar posteriormente no tema dos fluxos migratorios: as causas económicas e as situacións “de inxustiza” que viven...
Quiero saber más
Este material é unha edición ampliada da guía didáctica para o profesorado “A promesa”, que ten como obxectivo sensibilizar sobre a problemática da migración e quebrar tópicos e estereotipos sobre as migracións co alumnado da educación secundaria, tanto en educación formal como non formal. As migracións son un feito masivo, mais non despersonalizado: cada emigrante ten a súa propia historia, e as súas emocións son persoais, únicas e xenuínas. Contra unha visión xeneralizadora e abstracta da persoa emigrante, esta proposta didáctica quere potenciar unha visión concreta e emocional da súa realidade a través das actividades propostas. En primeiro lugar, proponse a introdución do tema a partir da visualización e o comentario...
Quiero saber más
Educar para unha cidadanía global é educar cidadáns e cidadás conscientes da súa pertenza a unha comunidade local e global, e comprometidas activamente na construción dun mundo máis xusto e sustentábel. O obxectivo desta publicación é ofrecer un cadro constituído por un sistema de criterios orientadores que nos permitirán planificar e avaliar a nosa práctica educativa desde o punto de vista da Educación para unha cidadanía global. O texto divídese en tres capítulos: o primeiro explica cal é a lóxica global deste sistema de criterios, presentando os seus diferentes compoñentes (valores, resultados, metodoloxías, determinantes, etc.) desde un punto xeneralista e operativo. O segundo capítulo explica de forma práctica cal é a...
Quiero saber más
O instituto Laia L’Arquera, Mataró, articula un proxecto de Aprendizaxe e Servizo (APS) coa proposta educativa “Conectando Mundos” de Oxfam Intermon, e o resultado é a elaboración dunha páxina web “Boet contra a fame” pola que o instituto foi galardoado co segundo premio de Cataluña do concurso Web ao www.punt.cat, o que lle permitiu competir ao nivel europeo no concurso internacional Dot Award. Este proxecto conseguiu involucrar a aula, centro e contorno, implicando directamente o alumnado, familias e contorno, e o impacto pode ser apreciado, por un lado, coas alianzas que se concibiron con entidades do terceiro sector ao nivel municipal (Banco de Alimentos e Fundació Menjador Joaquim), con quen foron promovidas accións de...
Quiero saber más
Do 4 ao 6 de xullo decorreu en Málaga o I Congreso andaluz “Escola transformadora”, que congregou case 80 persoas. Foron días de troca de coñecementos e experiencias, ben como de interesante e produtivo traballo cooperativo. Este congreso foi convocado pola Rede ECG e o seu eixo central foi a promoción e o desenvolvemento de centros educativos transformadores. Centros educativos que sexan espazos máis abertos á participación das familias e da comunidade educativa, promotores de procesos que promovan o diálogo e a toma partillada de decisións, que busquen a máxima motivación e participación do alumnado. Escolas que entusiasmen, que transmitan e xeren esperanza. Esta memoria pretende dar conta do que...
Quiero saber más
Traballar propostas pedagóxicas encadradas en procesos de creación reflexiva e cun sentido pedagóxico, co obxectivo de converter o centro nun espazo para as relacións, os encontros e os saberes compartidos desde planeamentos artísticos. É fundamental a creación dun clima que favoreza o desenvolvemento da identidade persoal e colectiva; a busca dunha mesma linguaxe pedagóxica, cuns principios compartidos con respecto ao currículo real e acorde co alumnado, e, por último, unha escola aberta ás familias e, por extensión, a toda a comunidade. Consideramos que desde a escola debemos reivindicar e reinventar as potencialidades do espazo-ambiente. A escola debe ser reflexo da nosa identidade e un elemento comunicador, mediador, que favoreza e...
Quiero saber más
Traballar propostas pedagóxicas encadradas en procesos de creación reflexiva e cun sentido pedagóxico, co obxectivo de converter o centro nun espazo para as relacións, os encontros e os saberes compartidos desde planeamentos artísticos. É fundamental a creación dun clima que favoreza o desenvolvemento da identidade persoal e colectiva; a busca dunha mesma linguaxe pedagóxica, cuns principios compartidos con respecto ao currículo real e acorde co alumnado, e, por último, unha escola aberta ás familias e, por extensión, a toda a comunidade. Consideramos que desde a escola debemos reivindicar e reinventar as potencialidades do espazo-ambiente. A escola debe ser reflexo da nosa identidade e un elemento comunicador, mediador, que favoreza e...
Quiero saber más
Este proxecto foi realizado dentro do ámbito da rede de profesorado para unha cidadanía global de Oxfam Intermón nas Canarias cos criterios de calidade. Os ítems sobre os cales se decidiu traballar foron: Ao nivel de atributo: Xustiza social e equidade focalizándonos na Comprensión das desigualdades e da inxustiza dentro e entre as sociedades. Ao nivel de habilidades: Capacidade de comunicar e colaborar con outros e outras Ao nivel de actitude: Empatía Igualmente, reflexionouse, estudouse e informouse a a comunidade educativa do centro sobre diferentes temas do currículo de matemáticas: consumo familiar, o papel da muller nas familias e no consumo, a nosa responsabilidade co medio ambiente a nosa responsabilidade sobre o consumo e...
Quiero saber más
O feito de dar valor á AVALIACIÓN, entendida como o acto de escoitar o alumnado, e á aplicación dos seus resultados á práctica educativa, mobilizounos para, entre todos, iniciar unha busca en constante evolución da COMPETENCIA PERSOAL. “Non somos facedores senón buscadores de boas prácticas” “Os nosos verbos conxúganse en xerundio ao ser un proceso posto en marcha” Pretendemos reaxustar a abordaxe “Profesor ensina, Alumno aprende” tratando que o alumnado sexa autor e protagonista da súa aprendizaxe, sendo o papel do profesorado o de facilitador e provocador de conflitos. Diríxese á totalidade do noso alumnado e o significativo é a total implicación de 100% do profesorado e unha cada vez...
Quiero saber más