Castelán

Este material pretende motivar mediante unha dinámica vivencial o achegamento á complexa realidade do comercio internacional. Para iso, é organizada unha merenda en que, para poder comer, os alumnos e alumnas deberán traballar. Mais non todos os grupos terán o mesmo traballo nin o mesmo grao de dificultade na súa realización. A partir desta desigualdade, algúns terano moito máis fácil que outros. A continuación, abrirase un debate sobre o que ocorreu e por qué, e distinguirase entre os conceptos de prezo e valor, así como a súa relación. As seguintes actividades permitirán trasladar esta experiencia de inxustiza ao que sucede no comercio internacional e, en especial, ao caso do café....
Quiero saber más
Esta actividade propón facer unha subhasta na que se poxará para conseguir o maior número de frases correctas. O principal obxectivo é dar a coñecer certas informacións, que poden ser sorprendentes, sobre o comercio, a posesión de armas e as súas consecuencias. Unha vez terminada a subhasta, e a través da lectura do cómic Tráfico de armas, de El Jueves, se irá desvelando a veracidade ou falsidade das oracións. Proponse como dinámica o traballo en grupos de 3 ou 4 persoas que deberín decidir conxuntamente por que frases poxa. Finalmente, e tras a lectura do cómic, proponse reflexionar sobre as afirmacións e o porque dos erros e acertos que se teñan cometido. A duración aproximada...
Quiero saber más
A partir da actividade “O tren do café”, este monográfico ofrece unha visión do percorrido que o café segue desde a súa colleita até que chega á nosa casa e permite tomar conciencia da porcentaxe con que fica cada un dos axentes que interveñen na súa comercialización, onde as persoas produtoras son as que saen peor paradas. A través do testemuño de Tatu, unha pequena produtora de Tanzania, ábrese a reflexión sobre a situación en que viven os pequenos produtores e produtoras de todo o mundo e de cáles son as necesidades básicas para vivir con dignidade. Igualmente, o material permite descubrir o comercio xusto como unha alternativa que asegura...
Quiero saber más
Esta experiencia consiste en orientar a disciplina Educación para a Cidadanía a un maior coñecemento da realidade, especialmente das condicións de vida das poboacións do Sur e as súas causas. Analízase tamén o papel da Cooperación ao Desenvolvemento como instrumento de loita contra a desigualdade Norte-Sur e a pobreza e compleméntase a teoría coa identificación de accións que o alumnado pode emprender desde a súa realidade para contribuír para un mundo máis xusto. A práctica desenvolveuse no horario lectivo, intercalando sesións teóricas e prácticas. Nas sesións prácticas traballábase en colaboración co voluntariado das ONG, que realizaban obradoiros en que se traballaba de modo cooperativo en grupos de 4-5 persoas. As...
Quiero saber más
Trátase dun obradoiro de consumo responsíbel. O seu obxectivo principal é que os mozos e mozas tomen conciencia do seu papel como consumidores e desenvolvan posicións e propostas de consumo alternativo. A educación para o consumo responsíbel pretende contribuír para transformar as persoas en cidadáns e cidadés globais, máis conscientes, participativos, críticos, responsíbeis e solidarios, suxeitos políticos dunha sociedade con maior xustiza social e cun equilibrio ambiental. O obradoiro é estruturado en catro etapas. A primeira consiste nunha actividade de motivación e exploración, cuxo obxectivo é que os alumnos e as alumnas expresen o seus sentimentos e coñecementos sobre o tema, e coñezan os obxectivos e finalidades da actividade. A...
Quiero saber más
Esta actividade ten como obxectivo analizar o papel dos medios de comunicación na transmisión da cultura da violencia e da cultura do medo. A partir da canción Where is the love?, do CD Elephunk do grupo Black Eyed Peas, propón reflexionar sobre o papel e a responsabilidade que temos como consumidores na normalización da violencia cultural nos medios de comunicación. Proponse como dinámica ouvir a canción, xunto coa letra, e responder a un cuestionario que abra a porta ao debate en grupo. A canción pode ser traballada tanto na súa versión orixinal en inglés, como coa tradución. e a duración aproximada da actividade é dunha sesión dunha hora, se se traballar coa tradución da letra,...
Quiero saber más
Esta actividade propón a visualización e comentario do filme Bowling for Columbine, do director norteamericano Michael Moore. A través deste filme, serán analizadas as causas do uso das armas e da cultura da violencia. O documental apunta os posíbeis factores que fan aflorar actitudes que potencian o uso da violencia directa, como o sentimento de propiedade, a procura de seguridade, o sentimento de superioridade... Proponse como dinámica, antes de proceder a ver o filme, distribuír follas en branco a cada persoa do grupo para que anote tres motivos que respondan á pregunta “por que as persoas se arman?”. Ao finalizar o filme, faise unha posta en común coas respostas e cúbrese un...
Quiero saber más
Trátase dunha gimcana que permite identificar as consecuencias que calquera conflito armado ten para a poboación civil e especificamente céntrase no éxodo a que millóns de persoas se ven obrigadas cando unha guerra comeza. Igualmente, introduce conceptos como persoas refuxiadas e persoas desprazadas. Pola súa dinámica, pretende facer descubrir o traballo en equipo como método en que cada membro fornece diferentes habilidades e/ou capacidades e que permite gozar da satisfacción que proporciona vencer as dificultades de forma colectiva. Proponse unha temporización en dúas sesións, unha primeira para a realización da gimcana e unha segunda para a reflexión en grupo. A dinámica está pensada para un grupo-aula que permita crear 8...
Quiero saber más
A partir da lectura do poema O medo global de Eduardo Galeano, indúcese á reflexión sobre a cultura do medo. Para iso, formúlanse unhas preguntas que deben dar pasaxe ao debate e á reflexión sobre por que vivimos con medo, as consecuencias que ten esta actitude e se é posíbel vivir de forma diferente. O material propón tamén o tema do pensamento único e foi concibido para ser desenvolvido nunha sesión dunha hora.
Quiero saber más
A partir da lectura dun cómic, esta actividade analiza a influencia do medo nas nosas decisións e reflexiona sobre o concepto de seguridade na sociedade actual. Igualmente, recoñece a posesión de armas como agravante da violencia directa. Trátase dunha actividade formulada para ser desenvolvida en grupo durante aproximadamente unha hora.
Quiero saber más