Castelán

Esta experiencia céntrase no traballo sobre conceptos chave da educación intercultural. Nun primeiro momento, os alumnos e alumnas deben buscar as definicións dalgúns destes conceptos (por exemplo: cultura, conflito étnico, dereitos humanos, convivencia, multiculturalismo, paz, xenofobia,…) en grupos de dous ou tres. Deben aplicar a definición en dúas ou tres frases célebres relacionadas. Na seguinte fase, o alumnado busca imaxes relacionadas cos conceptos escollidos e prepara dúas actividades e xogos que permitan traballalos. Finalmente, os grupos comparten o traballo realizado e lévanse a cabo as actividades con alumnado doutros países que participaron no encontro.
Quiero saber más
Esta práctica pretende potenciar a educación para unha cidadanía global a través da promoción dun currículo máis integrado e democrático e unha escola máis participativa e ética. O seu obxectivo principal é que a escola actúe como unha auténtica comunidade educativa (unha escola que aprende): construíndo estruturas e procesos de participació n real (participación integrada escola-familias-axentes sociais) construíndo un currículo máis integrado e democrático; mellorando a convivencia; promovendo unha aprendizaxe dialóxica, cooperativa e solidaria e potenciando unha educación tamén ética. Comezou como un proxecto no Ciclo Inicial de Primaria da escola La Jotade Badia del Vallés (Barcelona), mais rapidamente observouse a necesidade de estendelo á escola completa, converténdose nun proxecto de centro.
Quiero saber más
Esta experiencia consiste na formación do profesorado por parte do CEP (Centro de Formación de Profesorado) de Castilleja de la Cuesta (Sevilla) e Málaga. Trátase de dous grupos de traballo de seis profesores cada un que, reunidos unha vez por mes, desenvolven o seu proxecto de Educación para a Cidadanía Global. O proxecto ten unha duración anual. O grupo de Sevilla dedícase especialmente á produción de recursos educativos (unidades didácticas), aínda que tivo solicitudes para formar outros docentes. O principal obxectivo do grupo de Málaga é a autoformación e a formación doutros docentes. Entre outras actividades, este último grupo realizou un encontro entre CEPs para intercambiar experiencias e a experiencia foi positiva. A súa metodoloxía...
Quiero saber más
Esta experiencia é unha práctica de aula en que se estudan as competencias básicas do currículo relativas ás Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais, e consiste na realización dun plano de traballo encamiñado á compra dun teléfono móbil por parte do alumnado de 4.º da ESO e Bacharelato do IES Playa de Arinaga, en Agüimes (Gran Canaria). O alumnado irá descubrindo pouco a pouco as dificultades que este proceso implica: a situación dos mineiros de coltán, os conflitos que padece a República Democrática do Congo pola extracción deste mineral, etc. No final do proceso, o alumnado terase documentado sobre o consumo responsable, a situación de conflito na R. D. do Congo, o...
Quiero saber más
O obxectivo deste Global Express é reflexionar sobre as implicacións que ten facer fronte á crise enerxética con combustíbeis producidos a partir de cultivos. A través da análise de fotografías, o material comeza cunha exploración sobre o que saben os alumnos e alumnas con relación ao noso modelo de transporte e as súas implicacións sociais ambientais. A continuación, a partir dunha dinámica grupal, danse a coñecer os conceptos básicos relaciona­dos cos agrocombustíbeis e analízase tamén o noso modelo de desenvolvemento para ver qué grupos humanos son beneficiados e cáles sofren as consecuencias. Coa lectura de varios testemuños, preténdese espertar a sensibilidade para coas consecuencias que ten a produción de agrocombustíbeis...
Quiero saber más
Esta experiencia é a adaptación da proposta Conectando mundos_Soños de Andoriña á Educación Infantil, para traballar a través dun conto o tema das migracións, as súas causas e as súas consecuencias, así como as actitudes individuais e colectivas transformadoras da realidade. Esta experiencia puxo de manifesto que os pequenos e as pequenas son totalmente capaces de se colocar no lugar do outro e de ser introducidos nos valores que sustentan a concepción de cidadanía global, así como comezar a tomar decisións de xeito colectivo e de respectar as alleas. De forma paralela, traballouse cos pais e coas nais en dúas reunións sobre “solidariedade, pobreza e a miña postura diante diso”.
Quiero saber más
Esta experiencia nace como parte do traballo da VII edición de Conectando mundos, concretamente na fase final, en que o alumnado quere dar a coñecer o traballo que fixeron e as conclusións a que chegaron coa colaboración do profesor de Plástica, decidiuse realizar un concurso de carteis publicitarios que sintetizaran o traballo realizado polos alumnos e alumnas na plataforma sobre migracións. O cartel vencedor pretendía tornar explícitas as diferentes actitudes mostradas para coas persoas inmigrantes (medo, burla, ira,…). O obxectivo era mellorar a súa acollida por parte dos habitantes da vila, así como provocar a reflexión acerca de que unha boa convivencia necesita dun esforzo mutuo por parte, tanto dos inmigrantes,...
Quiero saber más
No ámbito da proposta Conectando mundos, esta experiencia presántanos un proxecto de centro desenvolvido en todos os niveis educativos que se imparten no mesmo. Neste proxecto implicáronse tanto o profesorado e o alumnado como os pais e as nais, algunhas persoas externas e a persoa responsábel de Guadalinfo (rede social andaluza de dinamizacón social e de impulso á innovación municipal). Trátase dunha experiencia cuxo obxectivo é, por un lado, traballar nos distintos niveis o diálogo intercultural, o traballo cooperativo e o traballo coas TIC, e, por outro, profundar nos temas relacionados coas migracións, abordando as súas causas e consecuencias, analizando a relación entre os procesos migracións e os seus contextos e...
Quiero saber más
Baixo o nome de “Castelos de area”, este Global express pretende xerar o debate e a reflexión entre os alumnos e as alumnas ao redor da crise económica global. A proposta de actividades para a aula é formulada desde o concreto para terminar cunha visión global. A primeira actividade proposta pretende abordar o tema desde a vertente socioafectiva, para nas seguintes abordar o traballo sobre o concepto de crise e as súas causas a partir da análise de noticias aparecidas en distintos medios de comunicación. Despois, a través da análise de datos e dun cómic, traballarase sobre as consecuencias desta crise, partindo do contorno máis próximo para terminar abordando as...
Quiero saber más
Esta unidade comeza coa visualización dun vídeo, “Puk e o muro”, que de forma simbólica nos convida a camiñar cara a unha convivencia máis pacífica e comprometida. Pretende mostrar a necesidade de manter unha actitude activa e responsíbel fronte a situacións de violencia e inxustiza como medio para garantir a paz. Tras o comentario do vídeo, proponse a análise de noticias que presentan situacións de violencia e inxustiza que impiden a construción dun mundo máis pacífico e xusto. A modo de conclusión, o alumnado é convidado a imaxinar solucións para fomentar unha cultura de paz.
Quiero saber más