Baixo o nome “A rebelión das prazas”, este Global express recolle información e axuda a analizar as mobilizacións cidadás que, en diversos puntos del mundo, reclaman xustiza, dereitos civís e unha democracia realmente participativa. A proposta de actividades para a aula comeza cunha actividade inicial en que unhas imaxes convidan o alumnado a reflexionar sobre os eventos, situacións, etc. que provocan que as persoas se mobilicen. Esta actividade sérvenos como punto de partida para traballar os catro bloques en que se estruturan as actividades. O primeiro bloque aborda o concepto de “indignación”, para entender o que significa e compartir aquilo que nos indigna. No seguinte bloque, analízanse as causas que...
Quiero saber más
Neste artigo, preséntase a experiencia de avaliación dunha proposta de educación para a cidadanía: Global express, un recurso pedagóxico da ONG Intermón Oxfam dirixido a alumnado de secundaria. O artigo está estruturado en seis partes, as dúas primeiras de introdución e presentación do material didáctico, o corpo central do artigo en que se desenvolve o cadro teórico, o cadro empírico e os resultados de avaliación e, finalmente, a parte final coas conclusións e coas propostas de melloría. As conclusións do artigo demostran que o material contribúe parcialmente para a construción de competencias cidadáns. Por un lado, Global express permite ao alumnado ter unha visión máis empática da realidade e comprender certas problemáticas globais; polo outro lado,...
Quiero saber más
Óscar Jara Holliday, Director Xeral do Centro de Estudos e Publicacións Alforja (San Xosé, Costa Rica) e coordinador do Programa Latinoamericano de Apoio é Sistematización de Experiencias do CEAAL (Consello de Educación de Adultos da América Latina) fornácenos unha guía con orientacións ao nivel teórico e práctico para levar a cabo un proceso de sistematización de experiencias educativas. En palabras de Óscar Jara, recollidas nunha entrevista para a revista Matinal en 2010 e que podedes encontrar tamén en Kaidara: “O esencial da sistematización de experiencias reside en que se trata dun proceso de reflexión e interpretación crítica sobre a práctica e desde a práctica, que se realiza sobre a base da reconstrución...
Quiero saber más
Neste artigo, Alessio Surian aborda o tema do traballo coa diversidade cultural na escola. Contamos xa con máis de cincuenta anos de estudos sobre interculturalidade que nos levaron a formularnos a importancia do traballo da competencia intercultural nos centros educativos. Alessio Surian presántanos propostas de diferentes autores que traballaron este tema. Alessio Surian traballa na Universidade de Padua (Italia). É formador e consultor en educación e políticas participativas. Entre outros espazos, desenvolve o seu traballo no Laboratorio de Políticas Públicas e coa Universidade Popular Urbana da Alianza Internacional de Habitantes. Foi coordinador do Programa de Educación Global no Centro Norte-Sur do Consello de Europa.
Quiero saber más
Do 30 de outubro ao 1 de novembro de 2010, realizouse en El Escorial (Madrid) o IV seminario “Educar para unha cidadanía global”, organizado pola Rede ECG, e que reuniu máis de noventa persoas, procedentes de diversos puntos de España e algúns educadores e educadoras convidados de Portugal e Cuba. Ao longo de tres días, trocaron puntos de vista e compartiron experiencias educativas, co obxectivo de fortalecer e consolidar a rede como espazo de encontro e de traballo cooperativo. O encontro xirou ao redor do profesorado como axente de mudanza e o fenómeno migratorio como oportunidade de novos modelo de construción social. Os traballos articuláronse en tres grandes bloques. O primeiro centrouse na participación cidadá,...
Quiero saber más
A partir dun desafío proposto ao alumnado de 7.º en que eran convidados a preguntarse cales crían que eran os problemas que afectan a sociedade actual, os alumnos e alumnas identificaron a problemática da discriminación como a que desexaban traballar ao longo do año lectivo, na área de Proxecto. De acordo cos seus intereses e sensibilidade, desenvolveron proxectos que tiñan como obxectivo combater o racismo, a xenofobia, a discriminación da persoa de etnia xitana, a violencia domèstica e a discriminación da persoa con minusvalía que, no seu conxunto, contribuíron para que o alumnado se apropiase do significado da expresión "Xuntos na diversidade”, lema escollido para o proxecto. Esta práctica educativa foi...
Quiero saber más
A participación no proxecto Conectando mundos implicou os alumnos do grupo A de 5.º curso e o seu titor, nunha experiencia cuxo obxectivo era coñecer outros cidadáns e cidadás desta cada vez maior aldea global, a travérs da participación nun traballo asentado na reflexión e na construción dunha sociedade máis solidaria e receptiva a persoas de diferentes países. A participación no proxecto respondeu ao fío condutor trazado pola organización do mesmo: lectura e interpretación da información posta á disposiciónó e a creación de textos de resposta aos desafíos propostos, a través dunha grande interacción entre os diversos participantes. Esta experiencia foi levada a cabo na área curricular sen categoría de materia de Formación Cívica.
Quiero saber más
Esta experiencia que nos chega de Portugal ten como obxectivo principal facilitar a comprensión das relacións que existen entre a vida das persoas nas nosas rexións e noutras partes do mundo. Este proxecto traballouse desde as áreas de Lingua Portuguesa (elaboración de textos) e Educación Cívica (como espazo privilexiado para o desenvolvemento da Educación para a Cidadanía). A través dun conto, e no ámbito da proposta didáctica Conectando mundos, nunha primeira fase foran traballadas as emocións a partir da identificación dos personaxes do conto, para, nunha segunda fase, abordar contidos vinculados ás migracións, como as fronteiras, as características físicas, as tradicións ou as bandeiras. Posteriormente, na terceira fase del proceso, abordouse...
Quiero saber más
Esta experiencia, levada a cabo en Portugal, é un proxecto interdisciplinar en que se implicou e participou o profesorado das áreas de Lingua Portuguesa, Estudo do Medio, Expresión Plástica e Dramática e Matemática. Os nenos e as nenas, coa orientación da titora del grupo, escribiron unha historia colectiva para abordar o dereito á nacionalidade, á diferenza, no cadro da Declaración dos Dereitos da Crianza. Con este proxecto, os nenos e as nenas compartían de forma oral e escrita as súas aprendizaxes, tornándoas accesíbeis a todos e todas as lectoras e ouvintes. O obxectivo final era ler a historia a un grupo dunha Escola Infantil do Agrupamento.
Quiero saber más
Esta experiencia, realizada nunha escola de Portugal, baseouse na utilización dunha metodoloxía participativa, xa que a súa formulación inicial partiu da preocupación de que todo o alumnado implicado no proxecto participase de forma activa, dando en todo o momento a súa opinión. Para chegar a consensos, foron traballados valores como o respecto, a tolerancia e a distribución das tarefas entre todos e todas. Os alumnos e alumnas produciron textos que foron o resultado do traballo realizado en pequenos grupos; os textos finais foron sempre resultado do consenso entre todo o grupo. Finalmente, contribuíron para o blog cun documento crítico sobre o tema das migracións, que recollía todo o traballo elaborado.
Quiero saber más