Castelán

Buscando marcos (Finding Frames) É un relatorio sobre as formas en que os cidadáns se comprometen con temas relacionados coa pobreza global, e sobre cómo as ONGDs e outros actores poderían profundar e ampliar o referido compromiso. O autor é Andrew Darnton (investigador que realizara traballos sobre a percepción da cidadanóa en torno da pobreza), en estreita colaboración con Martin Kirk (Oxfam UK) e un equipo de apoio formado por persoas doutras ONGDs e universidades do Reino Unido. En primeiro lugar, o relatorio realiza unha análise de datos dispoñíbeis sobre o compromiso (sensibilidade, entendemento, implicación) da cidadanóa do Reino Unido coa pobreza global, e demostra que existe unha diminución ou estancamento...
Quiero saber más
O consumo responsábel é un dos instrumentos máis útiles que ten o cidadán medio do Norte para poder contribuír para unha situación máis xusta no mundo. Traballar o consumo responsábel na aula permite achegar de maneira dialogada a alumnado e profesorado, contribuéndo para fomentar o espírito crítico e solidario. Este documento é froito da suma de diferentes experiencias docentes do grupo de profesores e profesoras da Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global de Valencia e Murcia. Nel, reúnense diversas propostas encamiñadas a educar e concienciar o profesorado e os alumnos e alumnas sobre a importancia dun consumo racional e consciente que nos leve a reformular o modelo...
Quiero saber más
Este documento describe cómo un colectivo de educadores e educadoras do País Vasco e Cantabria se pon en marcha na procura de metodoloxías que promovan procesos de aprendizaxe, creación e transformación da realidade cotiá a través dun proceso de sistematización de experiencias educativas. A publicación consta de distintas partes. En primeiro lugar, arranca coa presentación do contexto teórico da Educación para unha cidadanía global en que se encadra o proceso de sistematización para seguir co itinerario percorrido e coas preguntas que se formularon os seus participantes para abordar o proceso. Posteriormente, recóllense as oito sistematizacións redactadas polos mesmos participantes e finaliza co cruzamento das conclusións, aprendizaxes e recomendacións, co desexo...
Quiero saber más
Esta práctica consiste nun traballo sobre coeducación no Centro de Primaria de Gines (Sevilla) realizado a partir da lectura e comentario de numerosos contos. Os libros, de contido coeducativo ou de educación para a convivencia e interculturalidade, foron distribuídos en tres gabetas (un por Ciclo) e foron programadas actividades para traballar con eles. Igualmente impregnan o conxunto de actividades que, en torno da Animación á lectura, se organizan no centro, ao longo de todo o curso e durante a Feira do Libro. Trátase dun proxecto conxunto do AMPA e do profesorado. Aproveitando o enorme potencial educativo dos contos, este proxecto quere poñer en cuestión os roles de xénero estereotipados en...
Quiero saber más
A través dun xogo, esta proposta pon en escena as relacións de poder que existen nas relacións laborais propiciadas polo actual sistema de comercio internacional, reflexionando en torno dos conceptos de traballo e folga.  O material dá a coñecer, a través do testemuño de Azulema Allemm, de Tánxer, a realidade do mundo laboral en moitos países do Sur. Proponse ao alumnado investigar sobre os dereitos laborais recollidos pola Organización Internacional do Traballo e co testemuño de Rosalie, das Filipinas, establécese o vínculo entre a realidade laboral de moitos países do Sur e nós como consumidores. Finalmente, danse a coñecer exemplos de mobilización e denuncia e anímase o alumnado a actuar para mudar esta situación.
Quiero saber más
Este monográfico reflexiona sobre o concepto de traballo. Dá a coñecer algúns dos dereitos laborais recoñecidos internacionalmente. E analizar o cumprimento dos dereitos laborais no noso país, a partir do máis prÓximo. Para iso, propÓn ao alumnado realizar enquisas aos membros da sÚa familia. Igualmente, este material pon sobre a mesa que todas as persoas temos unhas necesidades bÁsicas que necesitamos satisfacer para vivir unha vida digna. E fai sentir as vivencias, a travÉs dun xogo, as relaciÓns de poder que existen nas relaciÓns laborais propiciadas polo actual sistema de comercio internacional. As actividades van encamiñadas a sensibilizarse cos traballadores e traballadoras do Sur que padecen situacións de inxustiza. E identificar as...
Quiero saber más
Este monográfico reflexiona sobre o concepto de traballo. A partir do máis próximo, o traballo propio e o dos membros da súa familia, os nenos e nenas toman conciencia do que se pode grazas ao traballo e do que este representa en relación ádignidade humana. A partir do testemuño de Momema, de Bangladesh, aproxímase da realidade das persoas e das familias que non poden cubrir as súas necesidades básicas ao perderen o seu traballo remunerado e pon sobre a mesa como moitas persoas de países do Sur non poden vivir dignamente do seu traballo a pesar das horas e esforzos que dedican. O material introduce tamén o concepto de mobilización, a...
Quiero saber más
Este monográfico reflexiona sobre o concepto de traballo. A partir do máis próximo, o traballo propio e o dos membros da súa familia, os nenos e nenas toman conciencia do que se pode facer grazas ao traballo e do que este representa en relación á dignidade humana. Mais a historia de Asha e Tessa, nai e filla de Bangladesh, porá sobre a mesa como moitas persoas de países do Sur non poden vivir dignamente do seu traballo a pesar das horas e esforzos que dedican. O material introduce tamén o comercio xusto e reflexiona sobre o que son as necesidades básicas dos seres humanos. Esta proposta está proposta para traballar...
Quiero saber más
Esta experiencia consiste na aplicación dos contidos da Educación para a Cidadanía Global (ECG) nas aulas de acollida do IES Santa Eugenia de Xirona. As aulas de acollida, que son percibidas só como recursos para a acollida lingüística do alumnado inmigrante, son espazos privilexiados desde os cales poden ser postas en práctica as propostas da ECG. Esta práctica educativa na aula de acollida xurde no contexto do curso organizado por Intermón Oxfam “Educar para unha cidadanía global”, que se desenvolveu de xaneiro a xuño de 2007. Na parte práctica, é levada a cabo cos alumnos e alumnas da aula de acollida, uns 50 mozos procedentes de 17 nacionalidades distintas. O...
Quiero saber más
Esta práctica educativa desenvolvida no Centro Técnico San Ignacio, El Negrito, Yoro (Honduras) consiste no coñecemento de cómo afecta o noso quefacer na deterioración do Planeta. Desenvolveuse mediante a execución de diversas actividades para crear unha mudanza de comportamento ambiental nos mozos e na comunidade. Naceu a partir da participación no programa Conectando Mundos 2008 sobre a mudanza climática por parte de 31 estudantes do terceiro ano de ciclo común. A práctica desenvolveuse a través da investigación, o diálogo, as entrevistas e o traballo en grupo, tanto na aula como na comunidade. Todo o aprendido foi exposto ao resto do alumnado mediante charlas e presentacións audiovisuais. Igualmente, participouse nun programa...
Quiero saber más