A COVID-19 colocou en evidencia as trabas e os obstáculos estruturais das políticas migratorias e do sistema de asilo que afectan directamente a vida das persoas migrantes. Este Global express propón coñecer, comprender, reflexionar, empatizar e comprometerse coas persoas migrantes e as situacións de vulnerabilidade que viven. Este material céntrase especialmente naquelas persoas que se dedican aos empregos esenciais e que son dinamizadoras da economía e fonte de innovación e de riqueza para as súas comunidades de orixe, tránsito e destino, un feito que foi especialmente palpábel durante a pandemia da COVID-19, en que as persoas migrantes foron fundamentais para o mantemento da vida. A partir dunha abordaxe de dereitos, a migración internacional é un feito atemporal e multidireccional, inherente á natureza humana, que pode ser gobernada adecuadamente con plena garantía dos dereitos humanos fundamentais e como oportunidade para atinxir un desenvolvemento humano e sustentábel. Esta proposta propón analizar as políticas, as prácticas e a cultura racista, tornando visíbel o racismo institucional e social, e promovendo compromisos persoais e colectivos para as persoas migrantes teren os mesmos dereitos e oportunidades que o resto.
Quiero saber más
“Mudanza climática e xustiza social en tempos de COVID-19: Para a construción de desenvolvemento sustentábel” é unha unidade didáctica dirixida ao alumnado de Secundaria que propón contidos, actividades, ferramentas e abordaxes no ámbito da Educación para a cidadanía global, para entender e reflexionar sobre as causas e as consecuencias da mudanza climática sobre as persoas e o medio ambiente. Nun contexto de pandemia pola COVID-19, que colocou en evidencia as causas estruturais que sustentan as desigualdades e a pobreza, a proposta incorpora a perspectiva da interseccionalidade a partir dunha abordaxe de dereitos, tornando visíbel a interacción existente entre os diferentes sistemas de opresión e as súas consecuencias na realidade local e global. O recurso procura contribuír para o desenvolvemento das competencias chave e a competencia global, promovendo a información, a educación e a comunicación. Así, a través do xogo de rol “Reporteiras sen fronteiras”, o alumnado participante terá a posibilidade de coñecer e analizar os testemuños de cinco mulleres activistas e desenvolver propostas de compromiso, denuncia e acción para sensibilizar no seu contorno.
Quiero saber más
A nosa vida diaria está repleta de bens que parecen gratis, mais non o son. Quen paga tal cúmulo de recursos indispensábeis para a vida? A cidadanía, nós, a través dos impostos. Todos nos beneficiamos, mais a distribución nin sempre é xusta nin equitativa. Este Global Express pretende explicar como funciona o sistema tributario e como afecta a vida dos cidadáns. Para iso, na presente proposta didáctica hai varias actividades cuxo eixo teórico é a tributación pero tamén axudan a traballar na clase habilidades clave, competencia global e elementos transversais de diferentes metodoloxías que van, reflexión. individual a grupo / colaborativo.
Quiero saber más
O Club da Convivencia nace como resposta a unha necesidade: a mellora da convivencia escolar desde unha abordaxe non disciplinaria nin reactiva, senón participativa e proactiva. Para iso, partimos do proxecto de Aprendizaxe e Servizo (ApS) que elaboramos na Rede de Madrid (“O Club da Insubmisión”) e emprendemos unha reforma do noso Plan de convivencia guiada igualmente por un proxecto de ApS que consistía na creación de catro clubs de alumn@s axudantes para traballar a acollida, a integración, a igualdade e a prevención do acoso, o ciberacoso e a violencia de xénero
Quiero saber más
Moverse polo mundo é un dereito de todas as persoas e un fenómeno humano que existe desde o inicio dos tempos. Cada día e desde sempre, millares de persoas deciden emprender unha viaxe buscando coñecer mundo, un bo traballo, novas oportunidades... E outras moitas fano fuxindo de conflitos ou causas que poñen en serio perigo a súa vida e a dos seus seres queridos. Coa proposta Dereitos sen fronteiras, pretendemos ofrecer ferramentas para abordar as causas da migración forzosa e os factores que afectan as persoas en tránsito, e esixir un maior compromiso cos dereitos humanos e coa seguridade das persoas, co desenvolvemento sustentábel e coa prevención de conflitos violentos, para...
Quiero saber más
Co obxectivo de coñecer a orixe do que compramos, esta actividade propón a elaboración dun mapa en que se poña de manifesto a variedade de países implicados na produción dun artigo tan cotián como uns vaqueiros. Para reflexionar sobre as condicións en que se producen algúns dos artigos que consumimos e descubrir o papel que temos como consumidores dentro do proceso de produción. Esta actividade é proposta a partir da lectura do texto “A volta ao mundo” e da definición dalgunhas palabras chave como deslocalización, transnacional, etc. e está prevista para ser realizada nunha hora.
Quiero saber más
O obxectivo desta edición de Global Express é recoñecer e identificar a gran diversidade de factores que fan que a seca produza unha fame negra. A través da análise de dúas imaxes, a primeira actividade pretende romper cos estereotipos mostrando as diferentes realidades que conviven nun mesmo país. A continuación, proponse ao alumnado buscar os datos principais sobre a Etiopía que permitan coñecer algúns aspectos xeográficos, sociais e económicos do país e contrastar a información obtida e a que nos chega a través dos medios de comunicación. A través da lectura de textos e testemuños, preténdese descubrir que a crise humanitaria que vive o país non é só consecuencia da...
Quiero saber más
O obxectivo deste Global Express é o de recoñecer e identificar a gran variedade de factores e actores que interveñen en calquera conflito armado. Preténdese, deste xeito, superar e deixar en evidencia a simplificación dalgúns medios de comunicación social. A partir da análise de fotografías, a primeira actividade pretende facer aflorar os sentimentos xerados polas imaxes e descubrir que quen máis sofre os conflitos armados é a poboación civil. O estudo do mapa do Irak actual e dos diferentes tratados e pactos mostra que o Irak é un país con fronteiras artificiais xurdido da colonización, cos problemas internos que implica o feito de que as referidas fronteiras non coincidan coas...
Quiero saber más
O obxectivo deste Global Express é coñecer e analizar criticamente algúns dos temas abordados e os resultados obtidos no Cumio da Terra 2002, celebrado en Johannesburgo. A observación da fotografía permite na primeira actividade introducir o tema do Cumio da Terra e investigar coñecementos previos sobre o tema (actores, obxectivos, etc.). A continuación, son abordadas as principais cuestións traballadas neste cumio a partir da identificación de datos concretos, obtidos da prensa, e a súa posterior análise e éntrase a fondo no concepto de desenvolvemento sustentíbel. A seguinte actividade pretende analizar, a partir da lectura duns textos, os acordos obtidos no Cumio da Terra e pon ao descuberto as reaccións que...
Quiero saber más
Esta edición de Global Express convida a analizar a relación entre as consecuencias dunha catástrofe, como o Tsunami, e a pobreza, e permite reflexionar sobre os tipos de axuda que se activan para facer fronte a un desastre. A primeira actividade convida o alumnado a participar nunha chuvia de ideas para compartir a información que teñen sobre o desastre, a partir dalgunhas preguntas. A continuación, e a partir de lecturas sobre catro países imaxinarios, ábrese a reflexión sobre o xeito en que os medios inflúen na nosa imaxe e percepción do outro e dos países do Sur. Para esta actividade, proponse a división da aula en grupos que deberán resolver...
Quiero saber más