Educadores e educadores

Velaquí un verdadeiro regalo, obviamente non consumista e duplo, porque nos pretende instruír nos contidos e deleitarnos nas formas. E non porque sexa un libro compracente; resulta máis ben inquietante, mais escrito con total afecto polas persoas, a sociedade e a natureza. As reflexións críticas parten dunha afirmación básica: a cidade converteuse en mercado, e o cidadán en consumidor. Desde esta perspectiva abundan as propostas para abordar un consumo compartido, fortalecedor das capacidades humanas, responsábel socialmente e sustentábel. A realidade actual transforma o texto, xa por si útil, nun vademecum dos novos camiños que, neste ámbito, deberían ser tomados para que a crise, tamén oportunidade, frutificase nunha transformación da economía...
Quiero saber más
Para construír unha corrente de cidadanía global, responsábel coa humanidade e co planeta, é preciso asentar os fundamentos desde a escola. Quen cultivamos esa convicción no día a día das aulas sabemos que non é fácil. Mais o mundo en que vivimos nos enfronta a desafíos que, como a pobreza ou a mudanza climática, non poden continuar a esperar. O sistema de educación actual ofrece escasas respostas. Necesitamos un novo modelo educativo, humanista, baseado no diálogo e na convivencia, que constrúa a escola-comunidade, preocupada pola xustiza, aberta ao contorno e ao mundo. O gran desafío reside en construír unha educación para “ser” e para transformar. Pistas para mudar a escola recolle...
Quiero saber más
Do 6 ao 8 de xullo de 2012, foi realizado en Los Negrales (Madrid) el V Seminario “Educar para unha cidadanía global”, organizado pola Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global, e que reuniu unha centena de persoas procedentes de varios puntos de España. Ao longo de tres días, os e as participantes trocaron puntos de vista e compartiron experiencias educativas, co obxectivo de fortalecer e consolidar a Rede como un espazo de encontro e de traballo cooperativo. A organización do Seminario foi feita a partir dun proceso participativo, liderado por unha comisión de educadores e educadoras das redes territoriais, e no que participaron de forma directa máis...
Quiero saber más
Esta publicación parte dun proceso de investigación-acción participativa desenvolvido no seo da comisión estratéxica e da Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global. A pregunta que guía este proceso é: que prácticas debe ter un centro educativo para ser xerador de transformación social en chave de cidadanía global? Baseándose no modelo de Educación para unha cidadanía global da Rede e Intermón Oxfam, esta publicación recolle e dialoga criticamente con outros modelos educativos que entroncan parcial ou totalmente con este ideal transformador, e concreta itinerarios transformadores viábeis a partir de prácticas a tres niveis: prácticas docentes (ámbito do ensino-aprendizaxe), organizativas (ámbito de organización e relacións), e políticas (ámbito do...
Quiero saber más
A integración social é un proceso que se realiza desde distintos ámbitos e no que participan moitos axentes. Por “estar integrado” entendemos a participación activa na vida social, económica, cultural e política dunha sociedade, o exercicio dos dereitos e o acceso aos bens e servizos básicos. No ámbito do Máster en Migracións Internacionais da Universidade Pontificia Comillas, Gema Redondo Mazarrón realiza unha investigación sobre os procesos de incorporación e integración de alumnado de orixe inmigrante a centros de ensino da cidade de Madrid. Esta investigación céntrase en analizar as causas de por qué cando os procesos de integración levan o apelido “intercultural” e están asociados ao fenómeno das migracións de...
Quiero saber más
A escola é o primeiro punto de contacto coa nova realidade para moitas crianzas inmigrantes. A chegada dos novos alumnos e alumnas ao centro escolar implica unha serie de desafíos: para as crianzas, xa que teñen que integrarse no menor tempo posíbel, e para o centro escolar, que deberá ser capaz de ofrecer unha resposta ás novas esixencias. A escola é o lugar en que se deben quebrar os estereotipos, para pasar a ver a diversidade como unha fonte de enriquecemento. Esta experiencia presenta o Programa de Interculturalidade do Colexio Gamo Diana, cuxos obxectivos son: integrar o alumnado inmigrante e favorecer a súa adaptación, atinxir a implicación do grupo no...
Quiero saber más
O obxectivo desta experiencia era conseguir a redución das expulsións do alumnado e evitar o abandono escolar, ofrecéndolles unha alternativa que os axudase a mellorar o seu comportamento, realizando diversas aprendizaxes mediante o traballo na horta escolar do I.E.S. Huerta Alta de Alhaurín de la Torre. Esta experiencia desenvolveuse nun instituto de Secundaria en que se levou a cabo un proxecto de horta escolar como alternativa á expulsión do alumnado en que se implicou toda a comunidade educativa. Ao nivel metodolóxico, trátase dun proxecto de investigación-acción, e as tarefas contan cun proceso de planificación, intervención e reflexión. Trátase dunha metodoloxía activa, participativa, cooperativa, lúdica, motivadora e integradora.
Quiero saber más
Os Programas de Aulas Hospitalarias e Atención Educativa en Domicilio son medidas de compensación educativa para dar respostas ás necesidades específicas do alumnado que, por motivo de doenza, debe permanecer hospitalizado ou convalecente no seu domicilio. O obxectivo fundamental destes programas é promover o desenvolvemento integral do alumnado e facilitar a súa reincorporación á escola unha vez recibida a alta médica, así como evitar que o proceso escolar se interrompa por causa da referida doenza. Esta práctica é innovadora porque se desenvolve fóra do ámbito escolar, sendo levada a cabo tanto no hospital como nos domicilios dos/as alumnos/as.
Quiero saber más
Moitas veces, o profesorado pensamos que somos os que temos que resolver todos os conflitos que se dan nas nosas aulas. É moi importante tomar en serio os conflitos que vivimos día a día e non solucionalos de calquera forma co fin de poder continuar a impartir a nosa materia. Esta experiencia presenta unha metodoloxía mediante a cal os alumnos e alumnas aprenden a reflexionar sobre un problema concreto, a entender outros puntos de vista e a mediar ata encontrar unha solución xusta e pactada. Ponse en práctica cando hai algún conflito e pode facerse entre alumnos, entre alumnado e profesorado, entre alumnos e pais ou entre o profesorado.
Quiero saber más