Educadores e educadores

A escola ten que estar aberta a todas as realidades da vida, sen escrúpulos, aínda que si con moito respecto. Morte e vida son dúas faces dunha mesma moeda e non existe unha sen a outra. Convívese con ela a diario, e non querer ollala, non a fai desaparecer. Este é un proxecto de traballo que segue a metodoloxía construtivista cuxo obxectivo é coñecer máis sobre a morte, encontrármonos cos nosos senti­mentos e, sobre todo, ollar de fronte o medo para desmitificalo. Con esta práctica preguntámonos, investigamos, lemos, escoitamos, discutimos, respondémonos, xorden novas preguntas e novas respostas, experimentamos, choramos e rimos, mais sobre todo crecemos moito, cada un ao seu...
Quiero saber más
Encadrado no Proxecto Escola Espazo de Paz, foi creado un Horto Escolar organizando a participación do alumnado do centro, tutelado polo alumnado de 6.º de Educación Primaria e implicando todos os niveis de 1.º a 5.º a través de Equipos de Aprendizaxe Cooperativa “O Noso Horto Cooperativo”. O obxectivo xeral do proxecto é o de favorecer o traballo globalizado e o desenvolvemento integral do alumnado, promovendo o traballo “de campo”, o uso de coñecementos, procedementos e actitudes para o desenvolvemento de competencias básicas para a vida. Esta práctica coexistiu no tempo co desenvolvemento da actividade de Conectando Mundos (Proposta Pedagóxica de Oxfam Intermón), onde abordábamos a temática de xustiza alimentaria e...
Quiero saber más
Proxecto de investigación interdisciplinar, a través do cal o alumnado chegou a coñecer a situación de desigualdade que impera no mundo investigando sobre diferentes países do mundo más desfavorecido. Así chegamos a coñecer algunhas causas destas desigualdades e propuxemos posíbeis solucións. No proceso descubrimos tamén algúns comportamentos da nosa vida cotiá que poden axudar a mellorar estas condicións. No proceso recibimos convidados na aula que nos narraron a súa experiencia directa en países do sur. Elaboramos un libro de contos solidarios e fixemos un mercado solidario en colaboración con varias ONG para recadar fondos para diferentes proxectos de axuda aos países con máis problemas. Todo fica reflectido nun libro final...
Quiero saber más
Coa incorporación da EpDCG pomos de manifesto a necesidade de traballar a Equidade de Xénero como ferramenta básica na análise e na compresión dos problemas sociais actuais, e utilizamos para iso a metodoloxía “Mozos actuando con coidados” encadrada na Campaña de mobilización “Actúa con coidados. Transforma a realidade” de InteRed, cuxa perspectiva de xénero e abordaxe socio-educativa posibilitan un ambiente de traballo adecuado á nosa realidade. Por un lado, é realizado un proceso de formación e sensibilización do profesorado en torno da Ética do Coidado e da Abordaxe de Xénero, e, por outro, un proceso de empoderamento xuvenil e emprendemento social coa conformación de Grupos de Mobilización de Mozos da ESO, Ciclo Formativo e/ou...
Quiero saber más
Organización e realización dun concurso de debates en todo o Centro para fomentar a expresión oral do alumnado. Esta iniciativa naceu ao constatar a necesidade de facer actividades que motiven os alumnos e alumnas a se expresaren oralmente perante o resto dos seus compañeiros e compañeiras, xa que a maioría das actividades que se impulsan na aula son de expresión escrita. En primeiro lugar execútase unha fase de aula, en que os equipos de cada aula debaten entre eles e o equipo que mellor argumenta e defende a súa postura, pasa á segunda fase; a de centro. Nesta fase enfróntanse (no salón de actos) os equipos vencedores de cada nivel...
Quiero saber más
Educar de corazón é tomar consciencia do regalo de sermos mestres da mestría de emocionar corazóns con-viven no centro, no centro da alma. Educar de corazón é antepor a emoción e o sentimento ao programa e ao pensamento, despois segue a aventura de aprender, de ensinar. Os obxectivos esenciais desta experiencia son: Tomar consciencia da vida desde a gratitude e o amor; aprender a crecer como persoas utilizando os medios que se nos presentan; mudar estratexias, metodoloxía e recursos para unha práctica educativa máis humana; Mellorar as relacións coa familia desde o respecto, a disposición e o amor ao outro como ser humano; acoller emocións, escoitar ao outro, estar para...
Quiero saber más
Con esta publicación, o autor achéganos ao traballo cotiá da Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global (ECG) en Málaga. Nela, desenvólvese o proxecto de autoformación e sistematización de experiencias educativas durante o período 2010 – 2012. Este consta de tres partes: 1) Fundamentos da educación para a cidadanía global e o docente como axente de mudanza; 2) Presentación da rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global, o modelo organizativo e a súa concreción no ámbito territorial; 3) Presentación das docentes que forman o grupo de Málaga, a súa organización, forma de traballo e impacto no ámbito educativo. Isto é, tórnase visíbel o quefacer diario das...
Quiero saber más
Con esta publicación, o autor achéganos ao traballo cotiá da Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global (ECG) en Málaga. Nela, desenvólvese o proxecto de autoformación e sistematización de experiencias educativas durante o período 2010 – 2012. Este consta de tres partes: 1) Fundamentos da educación para a cidadanía global e o docente como axente de mudanza; 2) Presentación da rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global, o modelo organizativo e a súa concreción no ámbito territorial; 3) Presentación das docentes que forman o grupo de Málaga, a súa organización, forma de traballo e impacto no ámbito educativo. Isto é, tórnase visíbel o quefacer diario das...
Quiero saber más
Dentro do sistema educativo hai alumnos e alumnas que teñen un baixo rendemento académico e algunhas dificultades para cumprir os obxectivos da súa etapa formativa. En moitos casos, estas dificultades están relacionadas con deficiencias en varias actitudes e habilidades básicas: atención, intelixencia emocional, motivación, perseveranza e técnicas de estudo. Atrévete a aprender! Habilidades e técnicas que te axudarán a gozar do teu paso pola ESO e polo Bacharelato, axudará o alumnado da ESO e Bacharelato a optimizar os seus procesos de aprendizaxe. Para iso, o autor seleccionou unha serie de actitudes, habilidades e técnicas que aborda nos seguintes bloques de contido: 1) Condicións básicas: trátanse a atención plena, a intelixencia emocional, o interese...
Quiero saber más
Nos tempos que corren, o debate político sobre a educación céntrase e se caldea en torno á cidadanía. Mentres abundan os argumentos dun e doutro lado, as persoas que temos a responsabilidade de ensinar continuamos a nos preguntar qué cidadanía estamos a axudar a construír desde a escola. Pretendemos educar para a vida e educar para un mundo en que nada nos sexa alleo. Iso obríganos a repensar o mundo da escola. Partindo da necesidade dun novo modelo educativo humanista e global, este libro ofrécenos unha ollada cosmopolita, emancipadora, crítica, participativa, democrática, construtiva, reflexiva, dialóxica e, sobre todo, transformadora. Dunha maneira rigorosa, didáctica e comprensíbel, este libro formúlanos un diagnóstico,...
Quiero saber más