Esta edición de Global Express analiza a cobertura mediática da guerra de Afganistán, as respostas políticas en torno dos atentados do 11 de setembro e o aumento da xenofobia contra cidadáns e cidadás musulmáns. A partir da análise de imaxes, a primeira actividade pon de manifesto que a poboación civil é quen máis sofre nunha guerra. A continuación, pásase a analizar quén se beneficia da situación, evidenciando algúns dos intereses que se esconden detrás da chamada “guerra contra o terrorismo”. Por último, preséntanse catro temas de debate que pretenden fomentar o espírito crítico do alumnado perante os acontecementos mundiais e potenciar, tamén, actitudes críticas fronte á cultura da violencia e...
Quiero saber más
Esta edición de Global Express reflexiona sobre a transcendencia do Cumio de Copenhague e a nosa responsabilidade a ese respecto. A partir da análise dunha imaxe e duns textos, o material comeza dando unha visión global do que é un cumio internacional, centrándose na realidade concreta do de Copenhague. Despois, reflexiona, a partir da análise de datos estatísticos, acerca dos compromisos adquiridos en Kioto e o grao de incumprimento de cada un dos países na actualidade, e pasa a analizar as consecuencias da mudanza climática para por en evidencia qué son os que máis as padecen. Este traballo é realizado a partir da análise de noticias de prensa. O material...
Quiero saber más
Este monográfico identifica a relación existente entre alimentación, saúde e pobreza. Comeza con unha toma de conciencia sobre os nosos propios hábitos alimentarios para pasar a analizar despois as cifras desiguais entre distintos países do Sur e do Norte e pór en evidencia o impacto de certas doenzas en poboacións do Sur e o acceso desigual que temos uns e outros aos mesmos medicamentos. Con estes exemplos, preténdese avaliar os servizos sanitarios como un ben público global e a repercusión do noso modo de vida na saúde do Sur, así como as carencias en saúde como causa e consecuencia da pobreza. Este material é proposto para traballar en catro sesións...
Quiero saber más
A partir do Día Escolar para a Non Violencia e a Paz (DENIP), o monográfico comeza c unha reflexión en torno da cultura de paz e da necesidade de que esta se traballe cada día. A continuación, e a través da análise de diferentes medios (videoclips, filmes…), repasa os elementos que determinan a cultura da violencia. Igualmente, pretende entender os mecanismos que reforzan a imaxe do inimigo e reflexiona sobre as causas e as consecuencias do uso das armas, pondo ao descuberto que o seu comercio está fora de control. A última actividade anima o alumnado a reescribir algún parágrafo da canción “Fora de control”, cantada por Beth e Kiko...
Quiero saber más
Amnistía Internacional e Oxfam Intermón, ante a grave situación de crise humanitaria que están sufrindo moitas persoas migrantes en todo o mundo, impulsamos un traballo educativo e de denuncia dirixido a nenos, nenas, mozos e mozas de centros educativos de todo o Estado español. Con esta guía didáctica, “Desmontando estereotipos: persoas migrantes e refuxiadas”, Amnistía Internacional e Oxfam Intermón ofrecemos unha proposta para profundar no coñecemento e a análise crítica dos fenómenos migratorios no mundo, dirixida a estudantes e estruturada en tres sesións de traballo. Esta proposta únese ás que as dúas organizacións realizan habitualmente a través das súas campañas:YoAcojo e BuscandoRefugio.
Quiero saber más
Esta proposta ten como obxectivo traballar en torno da equidade de xéneros a través da construción da propia identidade de forma saudábel, quebrando estereotipos e aceptando a diversidade. A través de distintas actividades e metodoloxías, preténdese identificar e recoñecer as desigualdades que, por causas de xénero, ocorren no ambiente próximo, así como noutros contextos máis globais, e promover actitudes e accións que poñan en valor a diferenza e a riqueza de compartir e construír unha vida desde a igualdade. Para esta etapa, a proposta céntrase no traballo pola mudanza para unha sociedade igualitaria, desenmascarando estereotipos a través da visualización e posterior debate de vídeos, xogos de rol e análise da publicidade. Ponse...
Quiero saber más
Este artigo dunha profesora de Secundaria do centro IES Faro de Maspalomas de Gran Canaria permítenos aproximarnos da experiencia que representa participar na proposta educativa Conectando mundos de Oxfam Intermón, en que participan desde hai xa trece anos millares de mozas e mozos de 12 a 16 anos de todo o mundo. Detrás dunha planeamento simple, estruturada a través dunha plataforma dixital multilingüe, proponse un proceso de traballo interdisciplinar e aplicacións metodolóxicas que favorecen o traballo autónomo, creativo e significativo para traballar distintas competencias, contidos, valores e actitudes importantes para a construción dunha cidadanía global. Unha viaxe educativa que fortalece vínculos entre alumnado e docentes, reivindica o valor das diferenzas, desenvolve a...
Quiero saber más
Baseado na idea de que a axuda entre iguais é a mellor vía para conseguir a integración escolar e evitar o acoso escolar, proponse un programa en que o alumnado de 3.º da ESO se converte en titor/a dun ou dunha estudante de 1.º da ESO para servir como modelo positivo de referencia e de axuda en casos de conflito. O alumno ou a alumna de 3.º realiza unha formación inicial e unha serie de actividades de seguimento para favorecer esa relación e avaliar o proceso.
Quiero saber más
“Spot the difference”, en inglés, dá lugar a un xogo de palabras. Estudamos a linguaxe publicitaria e xeramos un anuncio transformador en favor dun consumo responsábel e sustentábel. Por un lado, é proposta a investigación sobre as diferenzas entre os hábitos de consumo dos mozos e mozas de diferentes cidades do mundo, o que nos permite analizar en qué medida son respostas a necesidades ou a desexos. Como produto final, que recolle o traballo realizado, proponse a elaboración dun anuncio publicitario transformador en favor dun consumo responsábel e sustentábel. Esta experiencia foi traballada con alumnado de 3.º da ESO –que participou previamente na edición de Conectando mundos– e desde as materias...
Quiero saber más
Esta experiencia consistiu en dar un curso, en horario extraescolar, para reforzar habilidades psicolóxicas e técnicas de estudo entre os alumnos da ESO. O curso foi proposto como unha experiencia “piloto”, en que a asistencia era totalmente voluntaria. Os alumnos matriculados distribuíronse en dous grupos: un para alumnos do primeiro ciclo da ESO e outro para alumnos do segundo ciclo. A experiencia tivo unha duración de dous meses e decorreu no primeiro trimestre do curso académico 2013/2014. Con cada grupo dábase unha aula semanal, de modo que o curso foi bastante breve e condensado.
Quiero saber más