Este material ten como obxectivo reflexionar e analizar o uso da auga no caso concreto do turismo na conca mediterránea, mostrando as desigualdades que se xeran. A actividade comeza cun traballo en pequenos grupos que propoñen unha viaxe a Marrocos. A través da procura na Internet, cada grupo deberá deseñar un plano de viaxe. Unha vez realizado o plano, será calculado o consumo de auga que cada modelo turístico xerará. O obxectivo desta actividade é reflexionar sobre os modelos de consumo turístico que poden ser máis xustos e sustentíbeis. A continuación, analizarase a dispoñibilidade de auga doce no mundo e reflexionarase sobre o dereito á auga como requisito previo para...
Quiero saber más
O obxectivo desta actividade é decidir entre todos e todas accións cotiás de aforro e bo uso da auga, e realizar un manifesto cun decálogo de boas prácticas. Está pensada para ser levada a cabo nunha sesión. A actividade pretende favorecer condutas de consumo sustentíbel e fomentar valores de corresponsabilidade, a través dunha metodoloxía participativa. Recoméndase establecer momentos nos días seguintes á realización desta actividade para avaliar os compromisos adquiridos e o seu grao de cumprimento.
Quiero saber más
O obxectivo desta actividade é decidir entre todos e todas accións cotiás de aforro e bo uso da auga, e realizar un mural manifesto coas conclusións. Está pensada para ser levada a cabo nunha sesión. A actividade pretende favorecer condutas de consumo sustentíbel e fomentar valores de corresponsabilidade, a través dunha metodoloxía participativa. Recoméndase establecer momentos nos días seguintes á realización desta actividade para avaliar os compromisos adquiridos e o seu grao de cumprimento.
Quiero saber más
O obxectivo desta actividade é decidir entre todos e todas accións cotiás de aforro e boa utilización da auga, e realizar un mural manifesto coas conclusións. Está pensada para ser levada a cabo nunha sesión, como peche das actividades “Noaga, a auga e nós” e “Xoguemos coa auga”. A actividade pretende favorecer condutas de consumo sustentíbel e fomentar valores de corresponsabilidade, a través dunha metodoloxía participativa.
Quiero saber más
Este material traballa a distribución e a dispoñibilidade de auga no mundo. Para iso, proponse a realización dun experimento na aula que servirá para tomar conciencia da distribución da auga á escala mundial. A continuación, traballarase o consumo da auga, por continentes e por sectores e proporase o cálculo persoal sobre o consumo de auga para favorecer condutas de consumo sustentíbel e fomentar valores de corresponsabilidade.
Quiero saber más
Esta actividade traballa o tema da auga a partir da vida e a acción da Premio Nobel da Paz Wangari Maathai. En primeiro lugar, propón ao alumnado xogar a ser investigadores, a través do uso das novas tecnoloxías, para chegar a descubrir quén foi esta Premio Nobel da Paz e por qué lle foi concedido este galardón. Finalmente, proponse, en pequenos grupos, a realización dun póster informativo e a redacción individual dunha carta explicando todo o aprendido sobre Wangari Maathai e a súa loita por defender o medio ambiente, a democracia, os dereitos humanos, e os dereitos das mulleres en particular.
Quiero saber más
Este material reflexiona sobre cómo é o acceso á auga e a súa calidade nas diferentes partes do mundo. Comeza coa análise dun mapa que mostra a distribución da auga doce no mundo. A continuación, formúlase unha actividade para tomar conciencia sobre o consumo de auga en diferentes países e sobre as consecuencias que o noso consumo ten á escala mundial. Con estas actividades, o material pretende dar a coñecer as causas da escaseza de auga e reflexionar sobre as secas. Igualmente, quérese favorecer a aplicación de accións e condutas para un uso sustentíbel deste recurso e valores de corresponsabilidade.
Quiero saber más
A través das personaxes de Bety do Perú, Hanna da Etiopía e Frank de España, este material pretende reflexionar sobre cómo é o acceso á auga e a súa calidade nas diferentes partes do mundo. Tamén formula as súas consecuencias para a saúde e a calidade de vida das persoas, co obxectivo de dar a coñecer as causas da escaseza de auga. Finalmente, a través destas actividades quérese favorecer a aplicación de accións e condutas para un uso sustentíbel deste recurso e valores de corresponsabilidade.
Quiero saber más
Esta actividade està pensada para realizarse nun espazo aberto como o patio. Trátase na realidade de dous xogos diferentes, “De gota en gota” e “Gotas de auga para África”. Ao final de cada xogo, debe dedicarse un tempo para o debate e a reflexión. Para poder ser realizado, é necesario dispor de materiais como cartolinas, papel de embalar e recipientes diversos como cubos, vasos e barrenos. A súa duración está prevista de hora e media a 2 horas. O obxectivo desta actividade é sensibilizar sobre a importancia da auga e mostrar as diferenzas que existen no mundo con relación a este recurso. Igualmente, preténdese favorecer condutas de consumo sustentíbel e...
Quiero saber más
O obxectivo desta actividade é sensibilizar sobre a importancia da auga e mostrar as diferenzas que existen no mundo con relación a este recurso. A través da historia de Noaga, de Burkina Faso, o alumnado achágase a unha realidade diferente. Desta forma, preténdese favorecer condutas de consumo sustentíbel e fomentar valores de corresponsabilidade. Igualmente, é analizado o noso consumo de auga e son introducidos conceptos como auga potábel e escaseza. Para traballar todos estes conceptos, proponse o uso de debuxos, fotografías, e a explicación dunha historia.
Quiero saber más