Euskara

Esta publicación parte dun proceso de investigación-acción participativa desenvolvido no seo da comisión estratéxica e da Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global. A pregunta que guía este proceso é: que prácticas debe ter un centro educativo para ser xerador de transformación social en chave de cidadanía global? Baseándose no modelo de Educación para unha cidadanía global da Rede e Intermón Oxfam, esta publicación recolle e dialoga criticamente con outros modelos educativos que entroncan parcial ou totalmente con este ideal transformador, e concreta itinerarios transformadores viábeis a partir de prácticas a tres niveis: prácticas docentes (ámbito do ensino-aprendizaxe), organizativas (ámbito de organización e relacións), e políticas (ámbito do...
Quiero saber más
A través dun xogo, esta proposta pon en escena as relacións de poder que existen nas relacións laborais propiciadas polo actual sistema de comercio internacional, reflexionando en torno dos conceptos de traballo e folga.  O material dá a coñecer, a través do testemuño de Azulema Allemm, de Tánxer, a realidade do mundo laboral en moitos países do Sur. Proponse ao alumnado investigar sobre os dereitos laborais recollidos pola Organización Internacional do Traballo e co testemuño de Rosalie, das Filipinas, establécese o vínculo entre a realidade laboral de moitos países do Sur e nós como consumidores. Finalmente, danse a coñecer exemplos de mobilización e denuncia e anímase o alumnado a actuar para mudar esta situación.
Quiero saber más
Este monográfico reflexiona sobre o concepto de traballo. Dá a coñecer algúns dos dereitos laborais recoñecidos internacionalmente. E analizar o cumprimento dos dereitos laborais no noso país, a partir do máis prÓximo. Para iso, propÓn ao alumnado realizar enquisas aos membros da sÚa familia. Igualmente, este material pon sobre a mesa que todas as persoas temos unhas necesidades bÁsicas que necesitamos satisfacer para vivir unha vida digna. E fai sentir as vivencias, a travÉs dun xogo, as relaciÓns de poder que existen nas relaciÓns laborais propiciadas polo actual sistema de comercio internacional. As actividades van encamiñadas a sensibilizarse cos traballadores e traballadoras do Sur que padecen situacións de inxustiza. E identificar as...
Quiero saber más
Este monográfico reflexiona sobre o concepto de traballo. A partir do máis próximo, o traballo propio e o dos membros da súa familia, os nenos e nenas toman conciencia do que se pode grazas ao traballo e do que este representa en relación ádignidade humana. A partir do testemuño de Momema, de Bangladesh, aproxímase da realidade das persoas e das familias que non poden cubrir as súas necesidades básicas ao perderen o seu traballo remunerado e pon sobre a mesa como moitas persoas de países do Sur non poden vivir dignamente do seu traballo a pesar das horas e esforzos que dedican. O material introduce tamén o concepto de mobilización, a...
Quiero saber más
Este monográfico reflexiona sobre o concepto de traballo. A partir do máis próximo, o traballo propio e o dos membros da súa familia, os nenos e nenas toman conciencia do que se pode facer grazas ao traballo e do que este representa en relación á dignidade humana. Mais a historia de Asha e Tessa, nai e filla de Bangladesh, porá sobre a mesa como moitas persoas de países do Sur non poden vivir dignamente do seu traballo a pesar das horas e esforzos que dedican. O material introduce tamén o comercio xusto e reflexiona sobre o que son as necesidades básicas dos seres humanos. Esta proposta está proposta para traballar...
Quiero saber más
Baixo o nome “A rebelión das prazas”, este Global express recolle información e axuda a analizar as mobilizacións cidadás que, en diversos puntos del mundo, reclaman xustiza, dereitos civís e unha democracia realmente participativa. A proposta de actividades para a aula comeza cunha actividade inicial en que unhas imaxes convidan o alumnado a reflexionar sobre os eventos, situacións, etc. que provocan que as persoas se mobilicen. Esta actividade sérvenos como punto de partida para traballar os catro bloques en que se estruturan as actividades. O primeiro bloque aborda o concepto de “indignación”, para entender o que significa e compartir aquilo que nos indigna. No seguinte bloque, analízanse as causas que...
Quiero saber más
Esta experiencia que nos chega de Portugal ten como obxectivo principal facilitar a comprensión das relacións que existen entre a vida das persoas nas nosas rexións e noutras partes do mundo. Este proxecto traballouse desde as áreas de Lingua Portuguesa (elaboración de textos) e Educación Cívica (como espazo privilexiado para o desenvolvemento da Educación para a Cidadanía). A través dun conto, e no ámbito da proposta didáctica Conectando mundos, nunha primeira fase foran traballadas as emocións a partir da identificación dos personaxes do conto, para, nunha segunda fase, abordar contidos vinculados ás migracións, como as fronteiras, as características físicas, as tradicións ou as bandeiras. Posteriormente, na terceira fase del proceso, abordouse...
Quiero saber más
Esta experiencia consiste na formación do profesorado por parte do CEP (Centro de Formación de Profesorado) de Castilleja de la Cuesta (Sevilla) e Málaga. Trátase de dous grupos de traballo de seis profesores cada un que, reunidos unha vez por mes, desenvolven o seu proxecto de Educación para a Cidadanía Global. O proxecto ten unha duración anual. O grupo de Sevilla dedícase especialmente á produción de recursos educativos (unidades didácticas), aínda que tivo solicitudes para formar outros docentes. O principal obxectivo do grupo de Málaga é a autoformación e a formación doutros docentes. Entre outras actividades, este último grupo realizou un encontro entre CEPs para intercambiar experiencias e a experiencia foi positiva. A súa metodoloxía...
Quiero saber más
O obxectivo deste Global Express é reflexionar sobre as implicacións que ten facer fronte á crise enerxética con combustíbeis producidos a partir de cultivos. A través da análise de fotografías, o material comeza cunha exploración sobre o que saben os alumnos e alumnas con relación ao noso modelo de transporte e as súas implicacións sociais ambientais. A continuación, a partir dunha dinámica grupal, danse a coñecer os conceptos básicos relaciona­dos cos agrocombustíbeis e analízase tamén o noso modelo de desenvolvemento para ver qué grupos humanos son beneficiados e cáles sofren as consecuencias. Coa lectura de varios testemuños, preténdese espertar a sensibilidade para coas consecuencias que ten a produción de agrocombustíbeis...
Quiero saber más
Baixo o nome de “Castelos de area”, este Global express pretende xerar o debate e a reflexión entre os alumnos e as alumnas ao redor da crise económica global. A proposta de actividades para a aula é formulada desde o concreto para terminar cunha visión global. A primeira actividade proposta pretende abordar o tema desde a vertente socioafectiva, para nas seguintes abordar o traballo sobre o concepto de crise e as súas causas a partir da análise de noticias aparecidas en distintos medios de comunicación. Despois, a través da análise de datos e dun cómic, traballarase sobre as consecuencias desta crise, partindo do contorno máis próximo para terminar abordando as...
Quiero saber más