Castelán

Esta proposta ten como obxectivo traballar en torno da equidade de xéneros a través da construción da propia identidade de forma saudábel, quebrando estereotipos e aceptando a diversidade. A través de distintas actividades e metodoloxías, preténdese identificar e recoñecer as desigualdades que, por causas de xénero, ocorren no ambiente próximo, así como noutros contextos máis globais, e promover actitudes e accións que poñan en valor a diferenza e a riqueza de compartir e construír unha vida desde a igualdade. Para esta etapa, a proposta céntrase na expresión de sentimentos e emocións, no fomento da empatía, na identificación de papeis e estereotipos para evidenciar a igualdade de dereitos a través das historias...
Quiero saber más
O VI Seminario “Educar para unha cidadanía global” reuniu, do 3 ao 5 de xullo, 113 educadores e educadoras para reflexionaren, debateren e trocaren puntos de vista sobre o papel do docente como axente de transformación social. A Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global (Rede EyECG) é consciente dos desafíos formulados polo actual contexto político, económico e social, así como da importancia de abrir os debates a outros actores de obxectivos confluentes, tanto para depurar e contrastar visións, como para establecer sinerxías. Por iso, no seminario participaron outros colectivos, como Alboan, Entreculturas e Intered, que, xunto con Oxfam Intermón, impulsan o Movemento pola educación transformadora e pola cidadanía global,...
Quiero saber más
Este artigo dunha profesora de Secundaria do centro IES Faro de Maspalomas de Gran Canaria permítenos aproximarnos da experiencia que representa participar na proposta educativa Conectando mundos de Oxfam Intermón, en que participan desde hai xa trece anos millares de mozas e mozos de 12 a 16 anos de todo o mundo. Detrás dunha planeamento simple, estruturada a través dunha plataforma dixital multilingüe, proponse un proceso de traballo interdisciplinar e aplicacións metodolóxicas que favorecen o traballo autónomo, creativo e significativo para traballar distintas competencias, contidos, valores e actitudes importantes para a construción dunha cidadanía global. Unha viaxe educativa que fortalece vínculos entre alumnado e docentes, reivindica o valor das diferenzas, desenvolve a...
Quiero saber más
Baseado na idea de que a axuda entre iguais é a mellor vía para conseguir a integración escolar e evitar o acoso escolar, proponse un programa en que o alumnado de 3.º da ESO se converte en titor/a dun ou dunha estudante de 1.º da ESO para servir como modelo positivo de referencia e de axuda en casos de conflito. O alumno ou a alumna de 3.º realiza unha formación inicial e unha serie de actividades de seguimento para favorecer esa relación e avaliar o proceso.
Quiero saber más
“Spot the difference”, en inglés, dá lugar a un xogo de palabras. Estudamos a linguaxe publicitaria e xeramos un anuncio transformador en favor dun consumo responsábel e sustentábel. Por un lado, é proposta a investigación sobre as diferenzas entre os hábitos de consumo dos mozos e mozas de diferentes cidades do mundo, o que nos permite analizar en qué medida son respostas a necesidades ou a desexos. Como produto final, que recolle o traballo realizado, proponse a elaboración dun anuncio publicitario transformador en favor dun consumo responsábel e sustentábel. Esta experiencia foi traballada con alumnado de 3.º da ESO –que participou previamente na edición de Conectando mundos– e desde as materias...
Quiero saber más
Este proxecto foi realizado nun grupo de 4.º da ESO na materia de inglés, coincidindo coa campaña electoral previa ás eleccións municipais de maio de 2015. Despois de ter traballado a proposta de Conectando mundos, espértase no alumnado a conciencia crítica sobre a situación social, económica e política actual, e a necesidade de transformala. Por iso, propónselle unha iniciativa para forneceren solucións concretas mediante o deseño dun partido político e a elaboración dun programa electoral con propostas sobre temas específicos. Para poder alcanzar eses obxectivos, é adoptada unha metodoloxía de aprendizaxe significativa, partindo da súa realidade máis concreta, “o centro educativo ideal”, para despois chegar a deseñar unha proposta política máis ampla...
Quiero saber más
Esta experiencia consistiu en dar un curso, en horario extraescolar, para reforzar habilidades psicolóxicas e técnicas de estudo entre os alumnos da ESO. O curso foi proposto como unha experiencia “piloto”, en que a asistencia era totalmente voluntaria. Os alumnos matriculados distribuíronse en dous grupos: un para alumnos do primeiro ciclo da ESO e outro para alumnos do segundo ciclo. A experiencia tivo unha duración de dous meses e decorreu no primeiro trimestre do curso académico 2013/2014. Con cada grupo dábase unha aula semanal, de modo que o curso foi bastante breve e condensado.
Quiero saber más
Conectando mundos é unha proposta educativa telemática que combina a actividade na aula e o traballo en rede entre alumnado de 6 a 17 anos (ESO e Bacharelato) de diferentes realidades xeográficas, culturais e sociais, e en que participan centros de todo o mundo. Está traducida para oito linguas. Esta iniciativa, que neste ano celebra a súa 13.ª edición, é levada a cabo por unha comisión da Rede de educadores e educadoras de Oxfam Intermón que cada curso escolar traballa cinco propostas didácticas para distintos niveis a partir dun tema escollido relacionado coa cidadanía global.
Quiero saber más
Preténdese desenvolver no alumnado estratexias para pór en marcha proxectos cooperativos e de emprendemento, facultándoo para a súa posterior integración social de xeito máis eficaz e satisfactorio, aproveitando as competencias básicas que integran o currículo cunha abordaxe globalizadora e integrada nas distintas áreas. Son promovidas condutas e actitudes de colaboración, coordinación, superación de conflitos e asunción de problemas e responsabilidades a través da adquisición de hábitos de comportamento autónomo, o desenvolvemento da capacidade de negociación, de asumir compromisos, de se involucrar en espazos de participación e do descubrimento do sistema cooperativo como ferramenta para a mellora da economía de mulleres, homes e familias de moitos países.
Quiero saber más
Esta actividade xorde co obxectivo de fomentar a participación activa do alumnado e conseguir un compromiso para a construción da cidadanía global, explorando as posibilidades da modelaxe e da construción en 3D. Os/as alumnos/as seleccionan unha palabra relacionada con cidadanía global con que se sintan identificados (participación, compromiso, xustiza social, etc.). A partir destas palabras e da súa reflexión, os/as alumnos/as crean un poema ou a letra dunha canción, e transforman o poema ou a canción nun deseño impreso en 3D.
Quiero saber más