Este monográfico introduce o alumnado na identificación de elementos e patróns de conduta en función do sexo e pretende potenciar actitudes críticas fronte é desigualdade. A primeira actividade consiste en desenmascarar os estereotipos que transmiten os contos tradicionais. A continuación, proponse reflexionar a partir do máis próximo, como é a distribución de tarefas na casa, as profesións do noso contorno ou as dinámicas de xogo na escola. A través dunha actividade de interpretación de imaxes, o alumnado é introducido nun contexto méis lonxincuo onde tamén aparece a desigualdade de oportunidades por razón de xénero. A modo de síntese, o monográfico suxire ao final escribir colectivamente un manifesto reclamando solucións é desigualdade de...
Quiero saber más
A partir das inxustizas que se producen na aula, este material ofrece abordar o concepto de xustiza. Para iso, proponse un xogo en que dous equipos deberán construír e decorar cantos máis vasos mellor. Mais o punto de partida e o material co que contarán ambos os equipos serán profundamente desiguais. A partir desta experiencia, verifícase un achegamento a diferentes realidades, como a de Juan, un pequeno produtor mexicano de café. A través do seu testemuño, preténdese que o alumnado tome conciencia das desigualdades e inxustizas que se producen no comercio internacional e de cáles son as necesidades básicas para vivir con dignidade. Finalmente, propón fomentar a participación en accións...
Quiero saber más
Este monográfico céntrase no tema dos dereitos humanos relacionados coa alimentación, a saúde e a educación para denunciar que unha gran parte da poboación mundial, especialmente a que vive nos países pobres, non ten cubertas estas necesidades básicas. As súas actividades están pensadas para identificar as desigualdades entre países ricos e países empobrecidos, e ofrecer accións para contribuír a eliminar a desigualdade. El traballo formúlase ao longo de catro sesións de aula.
Quiero saber más
Este monográfico pretende que o alumnado coñeza en que medida son vulnerados os Dereitos Humanos máis elementais a nivel mundial, a falta de aplicación , como son o dereito á alimentación, á saúde e á educación. As actividades propostas pretenden ofrecer pistas sobre as causas que impiden a millóns de persoas teren unha vida digna, debido á imposibilidade de acceder a estesdereitos á vez que ofrece elementos para reflexionar sobre a necesidade de mudar as actuais estruturas económicas que xeran pobreza e exclusión social e ofrece ferramentas para a participación individual e colectiva. Esta proposta formúlase para traballar en catro sesións de aula.
Quiero saber más
Este monográfico céntrase na alimentación, a saúde e a educación como necesidades básicas a que millóns de persoas no mundo non teñen acceso. A actividade propón un achegamento aos artigos da Carta dos Dereitos Humanos que sitúan a alimentación, a saúde e a educación como dereitos básicos, ao mesmo tempo que ofrece unha simulación dunha sesión de chat con diferentes nenos e nenas do mundo que acercan ao alumnado a realidade de países como a India e o Perú, onde estes dereitos son vulnerados constantemente. A proposta tamén achega o traballo dalgúns actores como as Nacións Unidas ou as Organizacións Non Gobernamentais para o Desenvolvemento que loitan para conseguir o...
Quiero saber más
Trátase dun monográfico para traballar os Dereitos Humanos, centrado no dereito á alimentación, a saúde e á educación. A través do testemuño de María, unha nena nicaraguana da mesma idade que o alumnado, este material achéganos á realidade de moitos nenos e nenas que ven como cada día son vulnerados os seus dereitos básicos. Esta proposta é formulada para traballar en catro sesións de aula.
Quiero saber más
Trátase dunha experiencia que pretende desenvolver actitudes de tolerancia e respecto para coas persoas inmigrantes a partir dun traballo sobre a diferenza e a diversidade. O primeiro paso foi tomar conciencia sobre as diferenzas entre o alumnado (gustos, crenzas, afeccións e procedencia) para pasar despois a analizar os tópicos e prexuízos relacionados con países, nacionalidades ou culturas. Despois, realizouse un traballo de análise das noticias aparecidas nos medios de comunicación sobre o tema da inmigración para estudar cales delas se relacionan con aspectos negativos e aprender a ler a información dos medios cunha actitude crítica. O obxectivo último desta experiencia ó que o alumnado aprenda a distinguir entre diferenzas lexítimas...
Quiero saber más
Este monográfico introduce o alumnado na identificación de elementos e patróns de conduta en función do sexo. A través de 8 actividades, proponse traballar a cuestión de xénero desde diferentes perspectivas co obxectivo de potenciar actitudes críticas fronte é desigualdade. Comezando polo máis próximo, como é o contorno familiar, ata o máis afastado, como é o caso de Lorna, unha nena de Kenya que tivo que abandonar a escola. Con este exemplo, o monográfico pon sobre a mesa a existencia dunhas necesidades básicas para poder vivir con dignidade e formula tamén a universalidade dos dereitos como a educación, a alimentación, o lecer, a saúde ou a felicidade. A modo de síntese de...
Quiero saber más
É importante que os cativos e cativas estean conectados coa actualidade e que comprendan os asuntos que ocorren ao seu arredor. Xa desde educación infantil poden ser coñecedores dos acontecementos sociais e medio-ambientais que conforman a realidade na que vivimos. A crise social en torno a migrantes e persoas refuxiadas é quizais o maior acontecemento de vulneración dos dereitos humanos da nosa época. Inclúe cuestións relacionadas cos movementos migratorios, as fronteiras, o respecto ao asilo e à infancia, a perda de vidas humanas por causas puramente políticas, o crecemento de actitudes racistas e xenófobas en Europa. Pero tamén outras como solidariedade, xustiza e igualdade, que consideramos que se poden entender xa...
Quiero saber más